Acábanse de producir, nas últimas datas, declaracións desacomplexadas dende distintos sectores da Dereita máis reaccionária e máis afastada do que debe ser o espazo central da vida pública en Democracia. Unhas proceden da cúpula xerontocrática da Igrexa Católica e as outras proveñen da reelexida presidencia da organización xuvenil do Partido Popular de Madrid. Escuso decir que no noso sistema garantista e de liberdades está permitido case todo neste senso e ademáis, así debe ser. O que semella preocupante é que case ninguén se escandalice, nin a polémica chegue a ser tal. Constátase pois, que a grande maioría social está embuída e ensimismada nos asuntos económicos, deixando así paso a manifestacións cunha forte intencionalidade política e cunha carga ideolóxica perniciosa.
Dende a Esquerda, uns adícanse á autocomplacencia e outros dispendian folgos en loitas por reflotala nave, que está tocada, e ben tocada. Todo un filón para que, soterradamente, comece a xerminar unha revolución conservadora á española.
Acéptase, de maneira tácita (por omisión), que monseñor Rouco Varela se erixa en intérprete da vontade popular cando alerta que o cumprimento da Lei pode levar a “outro enfrontamento civil”. Ou cando se decanta por deixar ós asasinados da Guerra apilados en fosas comúns en favor da “reconciliación que se deu na Transición”. Ese é o mito inquebrantable, a verdade sacrosanta. Namentras, eles canonizan ós seus mártires.
“Naceu unha estrela. Un novo adalid do Liberalismo en España”: así presentan ó líder das NN.XX. madrileñas: Pablo Casado. As súas palabras, o día da reelección, son unha mostra de intencións: renega do "asasino" e "mercenario" Che Guevara. Non é o substancial. O líder xuvenil impútalle á Internacional máis de cen millóns de mortos, ataca a nostálxia de Maio do 68, aposta pola flexibilidade do mercado laboral, arremete contra do salario mínimo interprofesional, e promete dala batalla ideolóxica. Innegablemente, o aguirrismo está arraigando... É a maneira de buscar un chivo-expiatório: inculpar ó resto do momento que estamos a padecer por mor das políticas fracasadas que defenden. O preocupante é que hai certa base social propensa a caer na trampa do reduccionismo, e hai unha cantidade importante que acabará renegando da participación cando todo se envelene. Algúns búscano, pero ante o intento de envelenamento, firmeza democrática.
2 comentarios:
Fai xa tempo que a Igrexa e os seus representantes (afortunadamente) non teñen voz na dirección política deste país.
Non sei por qué, cada certo tempo, seguen a facer declaracións de tipo marcadamente político, escudándose na defensa das súas crenzas.É estar fora do sitio.
Nin Zapatero, nin De la Vega, nin Rajoy, teñen saído ós medios a debater sobre a divinidade de Cristo nin da Virxe María, nin sobre se deberíamos reformular os Dez Mandamentos. A que se armaría.
Que opinen logo onde teñen que opinar, que bastantes fieis están perdendo xa, e que non se metan onde, mal que lles pese, xa nin pinchan nin cortan.
www.socialistasnavangarda.blogspot.com
Publicar un comentario