jueves, 22 de noviembre de 2012

#20N





#20N é data sinalada pois no 1975 falecía -na cama- un dos mais patéticos ditadores de Europa. O bo -e tamén o malo- do paso do tempo é que, pouco a pouco, esquécese esa pasaxe negra da Historia e xa non se conmemora o día como ata non fai tanto. Case nin se recorda. Neste #20N de 2012 cumpría un ano a vitoria do Partido Popular. Pero nas redes sociais houbo unha explosión expontánea de lembraza da data de falacemento, en 1936, dun dos revolucionarios e antifastistas mais recoñecidos e internacionais: o líder anarquista Buenaventura Durruti, a quen unha bala perdida lle quitou vida no Madrid da Guerra Civil española. Mellor, entón, recordalo a el nuns tempos tan revoltos.



jueves, 15 de noviembre de 2012

"España no es Grecia"


O que veño en chamar "mantra das cacatúas" (é dicir: o sistema, o réxime e os seus altofalantes en cúpulas partidarias, mediáticas e económicas, repiten e repiten constantemente aquelo de que "España no es Grecia", e de que non hai alternativa ás políticas da Troika). A foto é de hoxe á 1:00 en Atocha, Madrid. Se non corrixen o rumbo en toda Europa, toda Europa acabará así, e o de Grecia tan só será o entremés. O ciclo vital do relato perverso da Austeridade chega ao seu fin, si ou si. Os pobos adoitan ter moita paciencia, pero toda paciencia ten un límite. Imaxes semellantes poden verse en Milán, Pisa, Tesalónica, Atenas, Barcelona...E seguirán a falar de déficit, de "rescates", de primas ou nesa xerga tecnocrática de Bruselas que ata ao mais avezado experto económico lle costa entender.