viernes, 4 de diciembre de 2009

Solución federal


Estariamos na irrealidade si non foramos quen de recoñecer e suliñar os logros en termos de progreso e benestar colectivo derivados da entrada en vigor do actual marco constitucional, tamén no que atinxe á descentralización política do Estado. Tampouco seriamos honestos con nós mesmos si non recoñeceramos os déficits, imprevisións e conflitos abertos dende ese momento por falla (deliberada) de concrecións como, por exemplo, no aspecto financieiro. Todo é perfectible. Pero para que unha sociedade avance en consoancia coas súas normas fundamentais e o seu tempo debemos estar predispostos e preparados para afrontar debates substanciais de xeito maduro evitando, no posible, calquer intento de tensión que sobrepase os límites aceptables en democracia.

Pode parecer inevitable un cercano futuro de palabras grandilocuentes e demagoxia barata servida no almorzo, no xantar e coa cea nas tertulias de radio, nas declaracións partidarias, nos editoriais de prensa ou telexornais, Salsa Rosa ou foros de internet onde o menosprezo ós “cataláns”, “vascos”, “galegos” e ós “españois”, de calquera das dúas xeladoras Españas, sexa a tónica habitual en cadanseu espazo e onde o menor atisbo de racionalidade entre o fogo cruzado de nacionalismos radicalizados, excluíntes e antagónicos coloque na sospeita permanente a quen ouse abrila boca. Debates decimonónicos, rancios...O de sempre, cos de sempre como anunciadores da catástrofe disgregadora.

Esta é a situación que se presenta si o TC resolve como se filtrou: manifesto encorsetamento normativo ante a dinámica de bloqueo político e fracaso, tamén manifesto, no noble intento “pedagóxico” de mudar a cultura política para ir conquerindo a aceptación dunha pluralidade e plurinacionalidade reforzadora e potenciadora dos mecanismos de cooperación multilateral que fose capaz de ir desactivando e invertindo a tendencia ó vitimismo duns nacionalismos que se retroalimentan visceralmente entre sí. En definitiva: síntomas claros de esgotamento no modelo do Estado das Autonomías, tal e como o coñecemos.

Ante o que para min é unha evidencia non hai unha receta única nin unha solución incontestada, pero si desdramatizadora: outros lugares do mundo souberon resolver este tipo de problemática adoptando a solución federal. Decididamente federal. A Historia mostranos como os proxectos maximalistas dos nacionalistas españois, sexa o unificador ou os periféricos, fracasaron. Pero a solución autonomista tampouco parece satisfacer...

O federalismo non é o punto de chegada que resolva o eterno problema do encaixe territorial no seo dunha realidade histórica e xeográfica, pero tremendamente plural como é España, senón un proceso e, ante todo, unha conducta baseada na reordenación e revisión constante dos pactos e dos acordos entre iguais. Tamén na corresponsabilidade. Maior e mellor democracia unindo na aceptación dunha diversidade recoñecida e defendida por todos, aínda sendo asimétrica, e fomentando a efectiva participación cidadá. Difuminando as tradicionais estructuras sustentadas nas vellas xerarquías piramidais para entender as relacións de maneira horizontal, como xa as entende a sociedade cosmopolita do noso tempo: en rede. Desbotando e difuminando conceptos obsoletos, como o de soberanía. Outorgando confianza e mutuo recoñecemento entre poderes locais e central. Sendo máis eficaz, flexible e económicamente sustentable, ou viable...

En resumo: resulta, para min, a fórmula axeitada para articular o funcionamento cotiá nos estados occidentais do SXXI. Na miña opinión é a reforma pendente e necesaria. Non é novidosa, pero ante a tentación recentralizadora e as veleidades independentistas presentarase cedo o momento oportuno para acometela.

7 comentarios:

Mar Barcón dijo...

Hola Millán, acabo de ver o artigo. Moi bó. Paréceme un tema apaixoante, conmáis importancia para a vida cotiá dos cidadáns do que parece e que afecta máis ó noso futuro do que pensamos a simple vista.Coincido en que é unha boa fórmula pero hai que evitar desaxustes, como todo o que ten que ver có Estatut, que fixo moito ruído e porvocou incertezas e desconfianza na política como ferramenta para resolver problemas e na xustiza como última instancia

Lex FTW dijo...

Estou contigo totalmente na causa "federalizante", incluso "confederalizante". Queda xa demostrado diante da cara dos centralistas españois, franceses -ou incluso británicos- que o modelo federal, o modelo de pequenas unidades políticas administrativas resulta extremadamente eficaz.

A cuestión e combinar esa "independencia", esa reducción de tamaño dos estados, cunha progresiva integracón nun marco organizativo internacional, como o é a UE, para culminar un modelo que aínda que afastado da realiade actualmente, resulta o máis efectivo e sensato.

Apertas

Millán Fernández dijo...

Estou dacordo Mar, o tema é apaixoante porque segundo a miña opinión resolvería, ou mais ben, sobrelevaría mellor o problema nacional. É a fórmula mais axeitada á nosa realidade e aínda que ten connotacións negativas por mor de vellos fracasos (Viva Cartagena!)avanzar nesa liña parece a solución óptima aínda que claro, debera levarse con tacto e namentras unha parte importante da opinión pública e sobre todo, da dereita política e mediática non acepte a posibilidade, todo será mais complicado...

Lex, eu coido que o confederalismo é un paso ulterior, pero non necesario porque, si te das conta, alí onde este sistema esta vixente aparece a tendencia a equilibrar na liña do federalismo...

Para min esta claro que é a formula para este século. Incluso Francia ou Italia están dispostas a dar timidos pasos nesta liña...pero tendo en conta que o futuro de Europa vai por aí, aquí deberase abordar con sinceridade e sen dramatismos.

Moitas gracias ós dous.

Carneiro dijo...

E ti cres que iso acabaria coas desigualdades entre as distintas rexions, nacións, tribus ou como lles queiras chamar?, a verdade e que tes cidadáns de primeira e de segunda segun donde habites, e os que mais teñen sempre son os que mais choran. Ademais en certos sectores a palabra Europa encheos de solidariedade pero a palabra España dalles arrepios, claro como a inventou Franco, antes non había tal, non sei pero vexo moito egoismo entre os que non respectan as regras de xogo actuais e creo que tampouco respectarian as federais, e pensa que hai estados federais que non teñen a metade de descentralización que ten o noso.
O dito, que me sinto mais cercano a un extremeño un leones ou un asturiano, que teñen parecido nivel de servicios que nos, as outras nacionalidades históricas.
Son bastante pesimista, oxala me equivoque, perdón polas molestias.

Millán Fernández dijo...

Grazas por achegarte, "Carneiro".

1-Desigualdades: o asunto das desigualdades aquí ten relevancia, pero limitada. É decir: unha reforma xurídica na liña que eu digo non ten porque resolver unha problemática socioeconómica histórica, aínda que poida axudar a facelo.

A resposta a esa cuestión, coa que se pode discrepar ou non, é que un verdadeiro estado federal non resolvería os problemas da desigualdade por completo como non o fixo unha estructura unitaria no seu día (de feito acrecentounos), nin tampouco o vixente sistema autonómico (aínda con resultados aceptables), pero posiblemente o sistema federal sería capaz de dar unha mellor resposta, por distintos motivos, dos que algún esquencerei seguro, así, a bote pronto: Federalismo non é igual a desunión nin a falla de solidariedade: ao contrario, é precisamente maior unión partindo da aceptación das diferenzas pero ademáis, mellores sistemas de solidariedade, de reparto e, á fin, equilibrio interterritorial.
Implica mecanismos máis xustos e equitativos que os que temos hoxe, con un sistema sen pechar.

2-Os que mais teñen son os que mais choran.
Discrepo profundamente. Imaxino que con esa afirmación estáste referindo a Catalunya. Obviando o problema identitario e de sentimentos ou lealdades nacionais, nas que non entro, si vamos ó tema económico, ás balanzas fiscais, etc...Catalunya é unha comunidade que aporta moitísimo mais do que recibe. O asunto non está en que pretenda deixar de ser solidaria. Eso asúmeo, acéptao. É solidaria de bon grao. O que non acepta Catalunya, como non aceptaría Galicia ou calquer outra comunidade, é que sendo unha das rexións que máis tira da productividade e da economía en termos xenéricos, máis aporta ó PIB, etc...ten que estar aportando diñeiro cando ela sofre déficits en infraestructuras evidentes, ou recibe unha porcentaxe altísima de inmigración e non pode dar servizos de calidade porque se desvía diñeiro a outros lugares. É decir, está subvencionando rexións de España e ela perdendo o tren do desenvolvemento. Se gripamos un dos principais motores, non facemos ningún favor ó conxunto.

O asunto é borrar as desigualdades sí, pero por arriba, non por abaixo. É decir: dis que te sintes mais preto dun extremeño ou dun asturiano porque padece un nivel semellante ó noso. Pero entón ti queres que unha comunidade dinámica e traballadora, como poida selo Catalunya, se iguale a nós, ou prefires que nóss cheguemos algún día ao seu nivel?? Eu teñoo claro, prefiro a segunda opción.

Carneiro dijo...

Pois claro que eu tamen prefiro a segunda home, pero eu faloche de realidades, ainda que non gusten eche o que hai, e molesta que traten o resto de España coma vampiros, porque España non e so Madrid (refirome a certo Madrid) e a Faes. Non e que señan un dos principales motores, e que son o principal motor que leva moitos anos tirando do carro (non coma outros mais choróns e que non reparten) , eu non lles nego ese recoñecimento, agora ben eles tampouco poden negar que son o que son gracias a recursos de outros lados, mira o que anda a facer Gas Natural por aqui, e non so materiais e economicos tamen humanos (O propio President e un exemplo) deberiano decir abertamente e todo adquiriria outra dimensión, e non me refiro os teus correlixionarios, refirome os seus socios de goberno e aoposición nacionalista, que non fan mais que tratarnos coma un lastre.
Ata logo e gracias polo teu tempo.

Millán Fernández dijo...

Pois si aceptas a segunda xa é un bo avance para que prefiras avanzar na liña do federalismo. Ben é certo que estados federais, como poida selo Alemaña, aínda non deron chegado ó punto de resolver desigualdades (vexase o caso dos Landers da antiga RDA...).

Outro dos países federais por autonomasia (EEUU) tamén padecen desequilibrios territoriais. Como dixen esa reforma non resolvería por sí mesma ese problema, pero é que o motivo desa reforma non é unicamente ese...

Ben sei que España non é só unha parte de Madrid, nin a FAES. Menos mal, por outra parte...

Catalunya, ou Euskadi, non negan o que son nin deixan de agradecer a aportación de man de obra foránea que, como ben sabemos, veu en "oleadas" diferentes xa dende o SXIX. Primeiro de dentro do estado español e hoxe en día e sobre todo, doutros lugares do mundo...

Hai unha especie de falacia que recorre unha boa parte da opinión pública e que ten que ver con que se primase a esas zonas por iba doutras. É certo en certa meneira, primouse o desenvolvemento industrial pero coa fin de desactivar as reivindicacións políticas, que son doutra índole. É unha vella estratexia dos estados que pretenden homoxeneizar culturalmente e construír a única nación sobre a base de desactivar o movemento social e civil nacionalista. Pero soe fracasar e producir efectos adversos a longo prazo. Véxase, como exemplo, o caso británico (con respecto a ex-colonias, etc...)

Abriríase aquí un tema apaixoante e que daría moito de sí, porque abre a porta a estudar conceptos coma o de Estructura de Oportunidade Política, cultura política, inclusión-exclusión, represión, e moitísimos outros...pero non hai tempo nin espazo para entrar ahora.

Tamén recordo que cando falas de supostas acusacións de "vampirismo" por parte do vitimismo nacionalista pois podo estar dacordo. pero hai que comprender que esas acusacións son recíprocas; é decir: ós cataláns acúsaselles de levar o diñeiro, e os cataláns acusan ó resto de levar o diñeiro, de que non os comprenden, etc...

Pero por eso mesmo cabe aquí a oportunidade para un desenvolvemento sincero e real do federalismo. Non chega con decir que moitos estados federados noutros lugares teñen menos autonomía política que as comunidades autónomas daquí, que é certo, o asunto radica fundamentalmente nos anclaxes, nas blindaxes competencias e no desenvolvemento dunha verdadeira cultura política federal que impregne todolos resortes do sistema....

Moitas gracias a ti por achegarte.