jueves, 28 de octubre de 2010

Eu non te espero

Rezan así as bandeirolas vermellas que penduran dun bo número de fiestras da zona vella compostelá por mor da visita fugaz que Ratzinger fará a Galicia na fin de semana do vindeiro 6 de novembro. Máis dun turista despistaráse ante tal diseminación. Convertéronse en todo un éxito de marketing e, aínda que empezaron a distribuirse en lugares de afluencia minoritaria, espállanse tal cal cogomelos. Será polo tempo, que lles é propicio. Non é para menos.

Redactar unha opinión ponderada sobre a Igrexa Católica é sempre un exercicio de equilibrismo con riscos e, xa postos, tampouco pretendo manter a equidistancia neste asunto. A organización (non así e, necesariamente, a fe mailo influxo inequívoco que esta tivo na cultura europea e occidental) arrastra unha longa e gris traxectoria (tamén, todo hai que dicilo, repleta de exemplos de solidariedade e compromiso social) e non faría falla botar man das enciclopedias mais completas para lembrar episodios infames como as Cruzadas ou a sempre latente pulsión maniquea, fonte inesgotable de violencia e conflitos, a obsesiva e inquisitorial queima de bruxas, a postura mantida nos momentos previos e ao longo da Guerra Civil española (“Que la ira de Dios caiga sobre España si la República persevera”, segundo o cardenal de Burgos Pedro Segura, en 1931), a bendición do franquismo ou mesmo a relación ambigua co nazismo. Para qué recordar todo iso?

Case é o de menos neste preciso intre. Pura anécdota, xa que o pasado non se pode mudar. O que si debemos é aportar un pouco de cordura, defender a racionalidade constitucional e tratar de superar conxuntamente traumas dunha Transición que, especialmente neste eido, se dilata no tempo mais do asumible. Porque non é xusto nin moral, tendo en conta o momento económico, que os custes da visita do xefe dun estado teocrático e antidemocrático se repartan por igual entre tódolos contribuíntes de xeito obrigatorio. Enténdese ben que a seguridade si, coma a de calquera outra viaxe dun xefe de estado ou de goberno estranxeiro, pero faise máis complicado cando, a maiores diso, o dispendio (3 millóns de euros de fondos públicos, 6.500 euros por minuto) se executa para recibir á cabeza visible dunha confesión relixiosa concreta. Mais aínda cando hai unha pluralidade delas e o fenómeno migratorio mudou por completo a nosa realidade. Onde vai o estado aconfesional? E a austeridade? Faríase o mesmo se o convidado fose o Dalai Lama ou o líder da igrexa maradoniana? Non abonda coa desmesurada financiación que reciben xa? Non deberían contribuír exclusivamente os seus fieis? A veces penso que, no noso nivel, a breve experiencia do goberno de progreso foi claramente insuficiente: Galicia recupera o seu estado natural, e volve a ser un ermo civil onde poucos alzan a voz ante os abusos.

A propaganda da Xunta quere vender que os beneficios serán altísimos e as contrapartidas pouco menos que infinitas: per saecula saeculorum. Todo un choio. Paco Vázquez asegura que a visita “non ten prezo”. Algo así como aquel memorable anuncio dunha coñecida marca de tarxetas de crédito. A ver se hai sorte e non se converte nunha ganga para os de sempre, como aconteceu en Valencia! Prefiro non pensar nos libros de texto que poderían mercarse para os colexios, o número de comedores escolares e liñas de Noitebús que poderían manterse ou as actuacións proveitosas para as maiorías que puideran acometerse.

É curioso e desalentador comprobar como a crise alimenta un discurso que incide na necesidade de erradicar as subvencións para axudar a soster ferramentas indispensables do sistema democrático (como son as televisións públicas, os partidos políticos, sindicatos, etc...) pero non plantexamos nunca deixar de invertir, con cartos de todos, en actos superficiais e para organizacións de cuestionable compromiso con ese mesmo sistema. Feijóo fala ultimamente de “autonomismo extrovertido”. Será todo esto exemplo de “liberalismo introvertido”, de “liberalismo invertido” ou mais ben unha calculada confusión e unha autopromoción mais? Porque non vexo liberalismo por ningures. Non sei vostedes se poden clarexarme algo. Con estes vimbios eu tampouco o espero.


Para acompañar: Sinead O´Connor-War

8 comentarios:

xOsse dorrío dijo...

chuzada!

Anónimo dijo...

Millán é un dos/as poucos/cas que non se "toparon coa Iglesia". Sería moi bo que seguir o seu exemplo

Millán Fernández dijo...

Grazas a Xosse pola chuzada e tamén ao comentario anónimo.

Eu respeto absolutamente todalas confesión pero penso que deberan pertencer exclusivamente ao ámbito do privado. As súas manifestacións publicas tamen me parecen correctas e moi respectables pero nunca se deberan misturar nin coa política nin cos poderes publicos. Ainda que a Igrexa, dende os seus orixes, foi un instrumento de poder e, polo tanto, tamén unha opción política.

Dende o punto de vista histórico e, especialmente en Galicia e o conxunto do Estado, nunca se poderá olvidar a súa posición. Ben é certo que curas, monxas, etc...tamén foron obxecto de accións reprobables e desmesuradas pero como institución cometeu un erro maiúsculo e imperdonable: boicotear o sistema democrático e tomar partido polos traidores e asasinos do bando franquista. Batallóns de curas armados inclusive.
Toda a vida foron o bando vencededor, caídos por Deus e por España. Os outros nin eran españois e representaban o mal absoluto.

Deberían pedir perdón por eso e por moitas cousas mais, pero nunca o farán.

Daría para debates de centos de horas. Africa, preservativos, situación da muller,homofobia, casos de pederastia (non só puntuais, senon nalgúns lugares sistemáticos...) etc...

Jorge dijo...

¿Acaso vas a pagar tú un centavo, currante?. No hay más que ver tu foto para saber que nadie en su sano juicio te daría trabajo y que el internet te lo paga el prójimo.

Fíjense caballeros lo que este tipo llega a rebuznar: "Faríase o mesmo se o convidado fose o Dalai Lama ou o líder da igrexa maradoniana?".....como si el cristianismo hubiese tenido el mismo peso histórico cultural en Santiago de Compostela como el Budismo. ¿Quién te va a tomar en serio, fantoche?.

Si algo No necesita galicia son nacionalistas ni socialistas...con tocar una sóla legislación los gallegos os zapateamos en cuanto pudimos. No queremos un gobierno nacionalsocialista y la prueba lo tuvisteís en vuestra bochornosa salida.

Millán Fernández dijo...

Muchas gracias por tu amabilidad y tus argumentos, Jorge ("El que labra la Tierra").

Ya en tu nombre se pude ver que eres mucho mas trabajador que yo.

Un saludo y que tengas una buena tarde de Domingo. Espero que hayas ido a misa como buena persona que eres. Ah, me olvidaba: Arriba España!

Jorge dijo...

¿"Arriba España"? venga sr. Millán...que el cuento del lobo "que viene la derecha" ya está muy manido. Ya no cuela. Mi voto en las últimas elecciones sirvieron para desalojar DEMOCRÁTICAMENTE al gobierno nacionalsocialista (y con mi voto unos cuantos más).

Lo que es penoso es que tú no desarrolles algo propio en tu proyecto político como joven emprendedor que eres y te limites a ser una lamentable pared que transmite el eco "Coste de la visita del Papa".
¿Qué pasa, como socilaista tienes miedo a salirte del cliché de sociata de postal y precisas soltar la tontería del gasto del viaje?.

¿Por qué no aportas algo nuevo a ese caldo rancio y nos cuentas si acaso el nombre de Santiago de Compostela ha resonado en los medios de comunicación europeos, incluso mundiales, con motivo de la visita?. ¿Crees que este viaje sólo conlleva costes? ¿no hay beneficios a medio largo plazo?.

Iré a Misa esta tarde, apuntaste bien. En lo que pifiaste como buena cotorra que eres es en venirme con el tema de "Arriba España" jajaja no me descojones...PP no es franquismo así como el PSOE no lo identifico con aquel partido responsable de tantas atrocidades cometidas durante (y antes) la guerra civil, ¿te sonarán las checas socialistas,no?

PD: De todos modos, se agradece el haber publicado el comentario y no censurarlo como ha sucedido en otras webs de autores censuradores. Espero que aportes algo nuevo en el socialismo gallego y te lo dgo sin ironías. Uno del PP.

Millán Fernández dijo...

Niego la mayor.
Hay estudios económicos que incluso aseguran que el impacto real de un evento anual como el Xacobeo es mínimo, y circunscrito unicamente al área de Santiago.

La Xunta se ha encargado de hacer buena propagando y asegurar que el PIB gallego subirá por encima de la media del español debido a ello. Y no es cierto, se debe a la estructura económica.

En todo caso no estoy en contra del Xacobeo. Su incidencia en el turismo y en la proyeccion de Santiago y el país es importante.

En cuanto a la visita del Papa, te puedo asegurar que los beneficios no irán más allá de un pequeño repunte el el sector servicios. Pero en un fin de semana no será nada del otro mundo.

El coste es desorbitado, si bien es cierto que hay muchos otros gastos que también lo son. Y son para una parte de los ciudadanos, sólo. A mi no me incumbe su visita, ni me siento representado. Cada ciudadano invertirá de su bolsillo 2,5 euros para un acto de pocas horas.

Si cuando hablas de aportar algo nuevo al socialismo te refieres a renunciar a los principios o abrazar los de los adversarios políticos, me niego.

En todo caso hay asuntos mucho mas importantes. Como la separación efectiva de la Iglesia Católica y el Estado.

A otros asuntos no le voy a responder porque soy bastante mas elegante y educado que usted.

Lo de Arriba España es pura retranca. Es evidente que lo que usted defiende, que es respetable, casa muy bien con el nacionalcatolicismo.

Responder a lo de las checas, al nacionalsocialismo, etc...sería caer en su trampa. Y no estoy dispuesto.

Un saludo y que tenga buena visita papal. Que lo disfrute. Pero no trateis de dar lecciones de moralidad ni imponer vuestros valores a aquellos que no los compartimos.

Anónimo dijo...

Ce post m'a beaucoup aide dans mon positionnement. Merci pour ces informations