miércoles, 3 de diciembre de 2008

Trinta anos despois


No 1978 moitos non naceramos, pero outra xeneración viu fraguar algo prácticamente insólito: un acordo de amplo consenso no fundamental para organizalo futuro Estado Español sobre as bases do recoñecemento da soberanía popular e da democracia pluralista. Todo esto nunhas condicións de relativa paz pública. Un éxito dende este punto de vista pois históricamente, os cambios substanciais producíranse en climas de tensión política latente ou manifesta. Ténse falado moito (demasiado) do exemplarizante que foi, como modelo, o periodo transitório que desmontou a estructura da Dictadura, e da participación das masas e das elites no proceso de conquerila Constitución e construíla Democracia.

Trinta anos despois existe tamén un consenso xeneralizado á hora de valoralo beneficioso que foi o que aconteceu a posteriori: o cambio de relacións Igrexa-Estado, a creación do Estado Autonómico (federalizante), o ingreso na UE, a consecución dun Estado de Benestar, a proxección cara o exterior... Pero crecentemente acompaña a sensación de que o que se fixo estivo razonablemente ben naquel momento e para aquela sociedade. Hoxe en día hai un exceso de veneración polo texto e esto impide correxilos seus defectos. Denota encorsetamento, tamén ante a propia dinámica política, que xa non é a mesma que en 1978 nin está suxeita ós mesmos medos e presións. Agora voamos por nós mesmos gozando de cidadanía plena. A sociedade é máis libre, secularizada, multicultural, e con maior información.

Daquel periodo arrástranse rémoras: fundamentalmente o terrorismo da ETA (escindible do conflito político), a non de todo efectiva separación Igrexa-Estado, a incompleta aceptación dos límites constitucionais por parte de sectores das Forzas Armadas, o debate non resolto sobre a Xefactura do Estado (aínda que sexa tabú), e o fracaso no cambio de cultura política referente á aceptación da plurinacionalidade do Estado (reforzamento da cooperación multilateral e abandono do victimismo dende os nacionalismos periféricos). Todas estas rémoras posiblemente formen parte dunha mesma categoría, xa que remiten ó máis fondo e primitivo do “sentimento nacional” de alomenos, a metade de españois. Polo tanto, a identificación e resolución satisfactoria de todas elas é complexa pero desexable para, trinta anos despois superar pantasmas, medos atávicos e adaptalo texto ós nósos días, proxectándose de novo cara o futuro.

6 comentarios:

David Miranda-Torres dijo...

Buen artículo, Millán. Buen artículo!!

Un abrazo,

D ;-)

Unknown dijo...

unha boa entrada estou totalmente da acordo

Millán Fernández dijo...

Moitas gracias por lerme. Alegrome de que haxa xente que pense parecido. Un saudo.

Anónimo dijo...

E digo eu... Por que Jeu de paume?

Millán Fernández dijo...

Boa pregunta, bon amigo. Por simplificar, diría que sempre me chamou a atención o que significou a Revolución Francesa para Europa, Occidente e a Humanidade(na súa amplitude, extensión e recorrido cultural, político, económico..., e quizáis pecando dunha perspectiva bucólica e acrítica dos procesos histórico-políticos), por eso elexin o nome.

O xuramento do Jeu de Paume (xogo da pelota, empregado aquí como metáfora do diálogo)foi aquel compromiso contraido polos asamblearios franceses de reunirse a cal e canto ata pechar un acordo e dotar a Francia dunha Constitución superadora e que extenguise o Antigo Réxime. Simplificando....foi o momento pioneiro, no que a Asamblea Nacional(representantes do terceiro estado, o pobo) se declarou constituínte.

Non é máis que un xogo chamativo, e unha reivindicación polo diálogo libre e transparente, reafirmándome no autoconvencemento de que o pobo ten o poder supremo, nunha etapa onde eso parece que se esquenceu a moitos niveis(o que podería axudar a facer aparecer o risco pendular da dexeneración democrática...).

Quizáis por vontade, connivencia e complacencia dos própios interesados. Quizáis por forzas sutís que provocan estes comportamentos....(chamémoslles X, non se reduce ó consumismo e individualismo só....)

Dende logo parece que unha volta á reivindicación "da luz"="ilustración" pode ser necesaria en tempos onde forzas doutro tipo loitan pacentemente pola influencia, e se poideran, a hexemonía...(pode pecar de ser esta última unha visión maniquea)

O que si que creo e que cabe, casi tanto coma daquela, reivindicar unha etapa que asentou os cimentos do comezo da Modernidade, nun momento onde se entrevé que novamente, a nivel global, hai unha loita cuasi-filosófica a este respecto (véxanse por exemplo conflitos relixiosos que, no fondo e no núcleo, son tamén sangrentas partidas de axedrez entre tradición, resistencia á modernidade, e futuro...)

Ninguén negou que ademáis dunha posición próxima ó maniqueismo, no fondo estea a defender algo eurocéntrico...

Pero tamén penso que, neste momento do que falo(R.Fr.), o Home(europeo) foi por primeira vez conscente de que el podía ser partícipe e dono do seu propio destino (antes reservábase á vontade das divinidades diversas...)

Vamos, que falar esta ben. E ser conscentes de que falando, falando e falando se poden chegar a resolver cousas tampouco está demáis. Pero é que ademáis todos podemos falar, polo dagora.

Espero que sea unha explicación axeitada...Saúdos Fon!!

Anónimo dijo...

Bon artigo, sí señor.

E por certo, o da explicación do nome do blog... tamén da para outro texto máis...