martes, 30 de diciembre de 2008

Lento exterminio


Son dos que pensa que cómpre chamar ás cousas polo seu nome e non caer nas trampas semánticas daqueles que, con sinistra intencionalidade, rebautizan os termos para facer ver que a maior das brutalidades é algo necesario, ou salvable. Ocorre así cos “ataques selectivos”, coas “operacións quirúrxicas”, co “imposto revolucionario”, ou con similares. É a linguaxe dos poderosos e fanáticos. Dos que necesitan, tal criptonita, autoconvencerse de que están no certo e cumprindo co deber ou ca patria, co seu destino ou con Deus.

A risco de ser acusado inxustamente de antisemita, propoño que os medios de comunicación informen sen medo, e que o tratamento da traxedia palestina se faga de maneira obxectiva e contundente, para remover conciencias e presionar respecto do que está a acontecer en Terra Santa dende antes do comezo da enésima intervención terrorista do estado de Israel: un vello, lento pero seguro, e continuado exterminio. Cando se cerran estas liñas, a criminal operación “Plomo Endurecido” leva por diante máis de 360 vidas palestinas, e 1500 feridos. Do outro lado, finaron catro inocentes cidadáns. ¿Ónde está a proporcionalidade e onde se sustenta a equidistancia neste complexo e endiañado conflito?.

É certo que a responsabilidade última da ruptura da tregua negociada e mediada, á que chegaran, corresponde ó movemento islámico Hamás. Pero non é menos certo que esta facción gañou as últimas eleccións limpa e democráticamente en Gaza, e iso é o que desprezan Israel e os gobernos colaboracionistas occidentais, que empregan dúas varas de medila Democracia. Os dirixentes islamistas mostran cegueira política e exprimen en demasía o sangue do seu pobo, deixándolle en bandexa ós dirixentes hebreos seguir extenuándoos de tódalas maneiras posibles co pretexto da seguridade, e coa carta branca que a Historia e o Holocausto lles brinda. É vergoñenta tamén a actitude atrofiada e de parálise na UE. Especialmente a posición de Alemaña, que non se desembaraza do sentimento de culpabilidade do nazismo, e non condena a actitude desmesurada dun estado expansionista. A creación de dous estados convivindo en paz parece cada día máis utópica. Un estado palestino, agora mesmo, é inviable pola propia división interna e territorial, pola ocupación e porque, concretamente en Gaza, malviven millóns nun pequeño e mísero cárcere permanente, asasinados e afogados económica e humanitariamente. Un lugar semellante ó gueto de Varsovia.

8 comentarios:

Socialistas na Vangarda dijo...

Feliz Aninovo!! agardemos que este xenocidio remate o mais pronto posible!

Marta dijo...

Non me vou posicionar do lado de ninguén, entre outras cousas porque non coñezo profundamente os pormenores do conflicto.
Así que so desexo que deixen de matarse e aterrorizarse uns a outros, e arranxen os conflictos coma seres humanos, co diálogo, o razoamento e a diplomacia.

José María (Chema) Buzarra Cano dijo...

Hola:

Hace tiempo que no dejaba un comentario en este blog "hermano".

Bueno, sobre Israel no quiero ni perder un segundo. Es más, no tenía intención en esta ocasión de escribir nada sobre este viejo problema pero, la indignación es tal que después de escribir algunos comentarios a bitácoras amigas, por fin hice un artículo en miblog. Estoy hasta las narices de la Comunidad Internacional, de la UE y de la mismísima Liga Árabe.

Aplaudo la diplomacia pero esto ya no es eso, es sencillamente y por decirlo suave una "tomadura de pelo" a una importante parte de demócratas del Mundo.

Aún con todo, buen año de 2009

Millan Fernandez dijo...

Gracias por participar.

Amigo Chema: es normal sentir lo que tu sientes. Provocar cansancio y desidia en el resto del mundo son grandes bazas políticas para el estado de Israel. Después de décadas han logrado imponer el hastío en la comunidad internacional respecto del asunto.
Pero las Democracias no deberían caer en esa trampa.

La gravedad del conflicto provoca que se difuminen las tradicionales fronteras entre victimas y verdugos. Casi nadie se posiciona ya. Se ha impuesto un vergonzoso relativismo. La propia evolución de los hechos ha provocado que casi nadie tenga claro que la causa palestina es la que tiene la legitimidad absoluta. También la legalidad está de su lado, pero hace ya tiempo que esta no se respeta, y el gran salto que la guerra de Irak supuso en cuanto al destrozo del derecho internacional no tiene parangón en la construcción histórica de este.

Somos capaces de observar como el ejercito terrorista de Israel bombardea edificios de la ONU y nadie se escandaliza. Somos capaces de contemplar como los hospitales rebosan de gente moribunda sin posibilidades de recuperación por culpa de no permitir ayuda humanitaria. Medicinas, agua, alimentos...lo más básico...Israel no permite que toda esa ayuda entre en territorio palestino porque la verdadera motivación es aniquilar al pueblo, bombardear civiles, arrodillarlos, extenuarlos y regodearse de todo ese dolor ante el mundo, que asiste impasible. No es Hamás el único objetivo. Sólo el pretexto.

El objetivo es mostrarse como lo que creen que son: un pueblo elegido por Dios que es capaz de decidir quien vive y muere en la Tierra. Tienen la bula del Holocausto e inflijen a los palestinos sistematicamente el dolor que sus antepasados padecieron.

Hamás solo le hace el juego a esa maquinaria destructiva bélica e imperialista. Y lo peor es que todo esto es el nudo gordiano de la mayoría de problemas de fanatismo que hay. Todo esto solo hace agravarlos. Han aprovechado el vacio de poder en la Casa Blanca para imponer un nuevo status quo. Solo que unos no han calibrado las fuerzas y los otros se han extralimitado en el asqueroso asesinato, como de costumbre.

Todo esto solo tiene una salida posible: que el fanatismo islamista se extienda por todo el mundo árabe, ya que los gobiernos corruptos y colaboracionistas de occidente solo negocian con el petróleo, pero no se posicionan. Es la salida menos deseada, pero la que parece que buscan los gobiernos occidentales. Es la política del cuanto peor, mejor.

Anónimo dijo...

"jovenes pobres matan a jovenes pobres mientras cuentan su dinero viejos ricos" se alguen recorda como poñerlle musica...

kaly /lu/ veciña/chamame X jeje

Millan Fernandez dijo...

totalmente dacordo Lu...é o de sempre...as guerras págaas o pobo e fanas os miserables. A maioría das veces sen máis motivo que o seu propio engrandecemento persoal, ou do seu peto.

Tino dijo...

Un conflicto demasiado largo e con poucas vistas de solucionarse. E incrible o sometemento de israel a gaza, sen luz, sen axuda humanitaria, sen nada... pero aínda con todo eso entran misiles en gaza, armamento, etc.
E quen está detrás de cada movemento? Cales son os intereses?

P.D. Por certo, a coincidencia da foto, e meramente casual. Non te lera aínda cando escribín.

saúdos

Millan Fernandez dijo...

Grazas por volver por aquí Tino!

A foto é das primeiras que saen na búsqueda de imaxes en Google, é normal a coincidencia. É moi gráfica.

Eu non son ningún experto na materia, pero tamén penso que no fondo, ninguén o é, porque a cousa é demasiado enrevesada e o conflito, secular.

Ten orixes no SXIX, dura todo o século XX (aínda que a etapa "moderna" do mesmo podemos pasar a considerala dende a creación do estado de Israel, logo da IIGM).Ten moitas repercusións, moitos matices, pero podemos consideralo un conflito "autónomo" porque incluso na etapa da Guerra Fría operou desligadamente da dicotomía bipolar, e continuou con toda a súa crudeza despois...

A deriva que foi tomando é desesperanzadora, e os intereses son múltiples: carreira de armamento, confrontación co mundo árabe, estratexias de tensión xeopolítica...Resulta inabarcable comprender tódolos matices porque transcende o relixioso, o territorial, o económico...e estudando a evolución pódese comprender en certa maneira, pero non de todo, a situación actual.

Houbo intentos de chegar á paz, e esta estivo máis cerca que nunca durante o mandato de Bill Clinton e os acordos de Camp David, que Arafat non chegou a asinar. Daquela a Autoridade Nacional Palestina co liderato do malogrado Arafat tiña un respeto internacional que foi perdendo dende a desaparición deste, os escándalos de corrupción de Al Fatah, a guerra civil de facto en Palestina e o conseguinte ascenso ó poder de Hamás (organización integrista financiada por Israel en tempos e que practica o terrorismo, e que non recoñece o propio estado de Israel) na franxa de Gaza.

A situación alí debe ser incrible. Millóns de persoas hacinadas, cerradas polo muro, sen medicinas...e Israel ocupando, masacrando, torturando...As cárceres de Israel teñen a máis de 10.000 palestinos: militantes de milicias armadas, parlamentarios, nenos, mulleres, médicos, xente de todo tipo...Israel continúa colonizando, establecendo asentamentos, actuando militarmente (co exército máis sofisticado do planeta)...é todo case irreal. E pensar que aquela é a "Terra Prometida"!!!

Eu son pesimista neste aspecto, as cousas parecen que sólo poden ir a peor, porque o fanatismo é inmenso de ambos lados, case non ten volta atrás. Os palestinos están sufrindo a vinganza dos xudeus despois de todo o que se lles fixo na Historia, pero eles terán grande rencor xa incrustado no ADN, dende nenos nacen vendo o que pasa, e é inevitable a fanatización, o lavado de cerebro, a inmolación...,é todo moi moi grave.

De todas formas, e como dixen na túa páxina, tamén habería que reparar que aínda que é o nudo gordiano de moitos problemas do mundo, non deixa de ser tamén unha especie de plató de televisión onde se xoga unha batalla mediática. Hai conflictos e situacións tan inxustas e que, en número de víctimas, superan esto ó que nos estamos a referir.

Para min África é outro enorme campo de concentración, onde cada día morre infinidade de xente olvidada.

Haberá que esperar a ver cal é a posición de Obama, non olvidemos que esto estalou xusto antes de tomar el posesión(interesadamente por parte de Hamás e Israel), para que sexa prioridade na axenda. Podería sorprendernos, pero non é doado, o lobby israelí e moi potente alí, e EEUU é o gran valedor, aliado e protector de Israel tradicionalemente. A elección de Rahm Emmanuel (xefe de gabinete moi pro-israelí) e de Hillary Clinton non permite albergar grandes esperanzas aquí.

Volve pronto!!