jueves, 11 de diciembre de 2008

Renuncio


Acábase de producir un feito surrealista. É moi indicativo do papel que algúns medios xogan neste país, e o manipuladores que poden chegar a ser. Por vez primeira, os amigos de toda a vida dun asasinado pola ETA tiveron que emitir un comunicado coa fin de limpala súa imaxe pública logo das acusacións do diario El Mundo (e o resto da caverna), respeto da fotografía que protagonizaban, publicada en portada ó día seguinte do último atentado. Resulta que Ignacio Uría xogaba no mesmo bar e cos mesmos compañeiros, tódolos días, a partida de tute. O día que lle dispararon, a cuadrilla decidiu homenaxealo xogando, e os fotógrafos apilábanse a cobadazos para retratala escea ignominiosa .

Pois ben, resulta que esa imaxe foi escollida como “metáfora” do discurso que dí : “a sociedade basca está enferma”. A retaíla de horas de insultantes tertulias radiofónicas, televisivas e os ríos de tinta que suscitou é digna de estudo (chamáronlles desalmados, malnacidos, asasinos encubertos, cobardes...) e coido que serviría para sustentalo seguinte: parte da sociedade española, xunto cos medios que a axitan constantemente, está enferma. Ademáis, desta volta, foi collida nun renuncio.

Carlos Iturgáiz (o eurodiputado popular basco) escribiu ó día seguinte un artigo de opinión titulado: Las cuarenta en bastos. Viña a soster, punto por punto, a estratexia mediática orientada a difamar ós seus concidadáns, logo de non aparecer na capela ardente do falecido (quizáis porque era nacionalista). Independentemente do importante desta triste historia, que é a morte dunha persoa, subxace algo en paralelo, digno de análise: o papel que os medios de comunicación sensacionalista xogan en toda esta traxedia colectiva e a imperiosa necesidade de poñerlle freo dalgunha forma, se algún día hai vontade de levar a cabo unha reconciliación, en parámetros racionais. Non só unha reconciliación entre vítimas e verdugos (humanamente complexa), senón entre espazos sociolóxicos enfrontados visceralmente, representados polos nacionalismos excluíntes español e basco. ¿Será posible algún día chegar a este punto, ou farán falta décadas para desprogramar?. ¿Estamos condenados a padecer uns medios propagandísticos, non informativos?. Estas e outras cuestións deberían de plantexarse, logo do espectáculo ó que poidemos asistir, por parte daqueles que queiran estar ben informados en liberdade, e non terminar coma uns simples consumidores de clichés malintencionados.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Moi ben Millán polos comentarios sobre estes señores da caverna. Deberas profundizar sobre o que amasaron de poder e cartos esta xente cando Franco vivía e o que seguiron profundizando, incluso nos 80 cando neste pais " calquera podía facerse millonario en 2 dias" ( Solchaga dixit)ou " vivimos no mellor dos mundos posibles" ( Gonzalez dixit). Toda a caverna vasca ( Iturgaiz, Mayor Oreja...) pero tamén a española ( Espe Aguirre, que acumulou o marquesado coa chantaxe ós veciños e colindantes e con recalificación incluída, ou Aznar ou Fraga ou...) demostra que deixouse moito manexo nas lexislaturas socialistas ós que historicamente tiveron a tixala polo mango. Por este camiño, se no canto de facer xogos de política de salón non se escomeza a facer política de clase, o milieurisnmo social e laboral será subastado á holandesa e acabaremos con cada máis xente fora dos mínimos de integración social.
parabéns polo blog, Millán, e por seguir a liña progresista encetada polas xeracións anteriores!!!

Millan Fernandez dijo...

Moitas grazas pola visita e polo comentario, moi constructivo. As suxerencias son sempre ben recibidas!!

Ademáis podemos estar dacordo en cousas. O que parece claro é que ó fío dalgúns graves problemas sempre hai quen se aproveita descaradamente. Parece incuestionable que unha boa parte do "problema basco" é, ademáis dunha cuestión política de fondas raíces na Historia, un gran caldo de cultivo para que poderes económicos e persoas de cara amable amasen cantidades de diñeiro considerable. Hai unha siniestra converxencia de intereses que alguén con valentía debera sacar á luz. Posiblemente haxa xente interesada en que esto continúe. Por eso se retroalimentan. Uns necesítanse a outros.