viernes, 22 de mayo de 2009

Feijóo na encrucillada


Cando as augas volven ó seu cauce no seo das forzas da oposición parlamentaria, e aínda que a necesaria viaxe catártica para reconstruír unha alternativa crible non se producise, parece emerxer novamente, entre elas, certo consenso básico nalgunhas cuestións. As mensaxes que saen de boca dos portavoces do PSdeG e do BNG ó respecto do asunto lingüístico teñen un común denominador: denunciar a abxecta campaña de boicot ó idioma galego que se ven defendendo recentemente dende sectores minoritarios, capitaneada por un Feijóo preso das promesas electorais e da connivencia coa deplorable e irracional plataforma Galicia Bilingüe.

Intúese que a oposición “dos Vázquez” vai ser dura e de desgaste toda a lexislatura, moi belixerante cando se trate de defender o ameazado, e consensuado no seu día, modelo recollido no Plano de Normalización Lingüistica. Ámbalas formacións encontraron cedo un punto de unión que as obligará a ser inflexibles coas absurdas tentacións involucionistas, segregadoras e diglósicas que o Presidente puidera ter. O común dos mortais teremos a oportunidade de comprobar as habilidades de Feijóo a medida que a polémica vaia decaendo ou non, e a medida que as palabras muden en feitos.

Ó meu parecer atópase nunha encrucillada maiúscula: facerse eco das mentiras construídas dende eses espazos socias minoritarios e acometer reformas encamiñadas a devaluar a nosa principal seña de identidade como pobo, ou manter unha actitude cautelosa, de entendemento e de respeto, cunha das razóns de ser da nosa autonomía política (aquela que lle deu a posibilidade de ser quen é) a risco de “traizoar” ós ruidosos axitadores que tantas esperanzas depositaran nel para facer de Galicia un país no que o idioma de seu pase a ser considerado algo arcaico e residual, propio “dunha terra aillada, que mantivo a fala por mor do analfabetismo do campesiñado”, como defende un dos impulsores de Galicia Bilingüe. Neste dilema se atopa Alberto Nuñez Feijóo. Faga o que faga será criticado salvaxemente. O que ten que decidir é se quere estar á altura do seu cargo, ou ir da man daqueles que mesmo nin cren na figura dun Presidente da Xunta de Galicia.

12 comentarios:

Efraím Díaz dijo...

Pienso que hay muchos otros asuntos y mucho más importantes que solucionar que el de la lengua. Parece que solo eres gallego si hablas gallego, cuando muchas personas que no son gallego hablantes han movido y defendido más la cultura y nombre de Galicia por el mundo. O no?
El idioma no es la única seña de identidad de un pueblo, por suerte.

Un saúdo.

Millán Fernández dijo...

1-Ninguén dixo que fora o asunto máis importante.

2-Ninguén dixo que os non-galegofalantes non foran galegos.

3-Ninguén dixo que eses mesmos non defenderan a cultura galega tanto como os outros.

4-Ninguén dixo que fora a única seña de identidade. É unha máis, e posiblemente a máis importante.

Millán Fernández dijo...

Ti mesmo non falas galegos e fas cultura galega. Pero eu non me metin para nada con xente coma ti, solo con aqueles que terxiversan a realidade das cousas e queren reducir o galego a un idioma anécdotico en Galicia. Simplemente por descoñecemento, ignorancia ou mala intención.

É completamente incerto que sexa un idioma menor que o castelán. Tódolos idiomas son iguais. O número de falantes non determina a calidade, que un idioma sexa "mellor" ou "peor".

A sorte que temos os galegos (e que os fundadores de Galicia Monolingue non saben apreciar, por ignorancia e mala intención a partes iguais) e ter dous idiomas, porque temos maior facilidade para aprender un terceiro, e un cuarto...E o galego, salvo pequenas diferencias, fálase en Portugal, Brasil, ex-colonias portuguesas, etc..

Creo que protexelo, fomentalo e coñecelo e dominalo non resta, senón que suma. Pero é que ademáis é o de aquí!!

O galego perde falantes, o normal e fomentalo e protexelo se somos responsables con nos mesmos.

Hai miles de rapaces en Galicia que rematan os estudios obrigatorios e non saben falar galego. Non hai ningún que non sepa falar castelán.Eso é o que hai que evitar, sen imposicións. Pero é que é falso o asunto da imposición!!

Non hai imposición, só houbo durante os últimos 25 anos o intento de equiparación entre dous idiomas oficiais que non teñen o mesmo tratamento xurídico nin social. E agora, está en perigo o consenso unánime que había respecto deste asunto.

Tratábase de normalizar esa situación, e non torpedeala con mentiras. As intencións da plataforma Galicia Bilingüe son que Galicia sexa monolingüe (en castelán).

E claro que esto é un asunto importante.

Unknown dijo...

Creo que o problema do noso presidente e facil de ver. Non é o mesmo estar én campaña que gobernar un país. E ainda así hai cousas nas que lle pode votara a culpa ós outros, para exemplo o de cada semana atopa que lle faltan 400 millón e así xa non pode cumplir as promesas. Pero no da lingua é no único que non ten disculpas, el creou o problema e el ten que darlle unha solución, eso si, sen poder contentara a todos.

Anónimo dijo...

Hai liberdade lingüística in Galicia?

En Galicia pódese estudar, digamos dereito en galego?
Non. E castelán? Si.

Pódese estudar mediciña en galego?
Non. E castelán? Si.

Pódese estudar algunha das enxeñerías que se imparten en Galicia en galego?
Non. E castelán? si.

En Vigo hai 35 garderías. Algunha che garantiza que lle falarán galego os cativos? Non. E en castelán? Si. E inglés? Posiblemente varias.

En Galicia tes dereito a que un xuíz che fale gago? Non. Para o castelán si hai ese dereito.

Na vida real, se falas so castelán podes traballar, por exemplo en El Corte Inglés. Se falas so galego nunca te contratarían.

Non sigo por que me deprimo...

Millán Fernández dijo...

Completamente dacordo. En Galicia si unha lingua está imposta é a lingua castelá. Non solo por tantos séculos de prohbición e imposición, e a conseguinte diglosia.

Está imposta porque o 99% da oferta comunicativa(tv, radio, prensa...) é en castelán.

Está imposta dende o momento en que nunha facultade(nunha Universidade, onde en teoría se debera fomentala cultura e apertura de miras...), coma Dereito se falas e fas os exames en galego tes unha porcentaxe altísima de non aprobar a asignatura. O 99,9% das sentenzas xudiciais están redactadas en castelán...

Eu tamén prefiro non seguir....

Efraím Díaz dijo...

No estoy de acuerdo en que la seña de indentidad más importante de un pueblo sea la lengua, una de las más si, pero la más sería mucho decir.

Ahora Millán te lanzo una pregunta, crees que es justo, conociendo como conoces mi vida, que haya personas como yo que tenga que hacer un examen del Celga 4, siendo gallegos, habiendose educado en Galicia?, por no tener bachiller, por obtar por otros caminos académicos?

No creo que eso sea igualdad plena, soy gallego y no me siento con los mismos derechos que el resto de mis compatriotas gallegos, porque?

No hay una verdad absoluta en este mundo, por suerte o por desgracia, hay situaciones personales y cada uno opina de un tema, según su educación y según hayan sido sus vivencias, respetemos también otro tipo de ideas, así respetaremos también otro tipo de personas, otro tipo de educación y otro tipo de vivencias.

Este debate de la lengua se ha exagerado, creo que se debe protejer la lengua, pero no excluyendo a los que no tienen la titulación para atestiguarlo, ni a los que no están afiliados a determinados colores politicos etc etc etc...

Hay otras fórmulas con las que llegar a la igualdad, al final vamos a acabar haciendo lo que tanto hemos odiado de otras épocas y de otros régimenes...

Un apunte Millán o 100% da televisión que se fai en Galicia é en Galego. Penso que ese xa é un avance.

O outro día tiven que presentar un concerto didáctico no conservatorio de Monforte, e dixéronme que o tiña que facer en Galego, pois o que fixen foi presentala mitade en Galego e a outra en Castelán, e tod@ content@s.

Curiosamente atopeime moitas veces diante dun público, en numerosos concertos que dín o longo da miña vida, teño escoitado por presentar en Castelán "fala galego mamón", ou "en galego estaría mellor", ou "en galego tería maís merito" ou " que lastima que sendo galego non fales o noso idioma" etc etc etc. Con este exempro quero dicir que cada un fala dende as súas vivencias, mamalucos ainos en todalas partes, o que non podemos e converternos tod@s niso.

Ou non?.

Un saúdo.

Efraím Díaz dijo...

Segundo comentario...

Estoy de acuerdo contigo Millán en que en Galicia es una gran suerte tener dos idiomas, y en vez de una guerra, podríamos hacer con ellos algo muy grande, porque desde que se saben dos idiomas, hay una parte del cerebro que se desarrolla, con lo que los posteriores idiomas que se quieran añadir se añaden con mayor facilidad. Podeis leer más de esto en: http://www.edscuola.it/archivio/lre/cerebro.html

Podríamos dejar de tirarnos los trastos a la cabeza y construir algo nuevo juntos, saldando la deuda histórica que tenemos con el idioma Gallego y su cultura. Pero ojo tenemos que ilar fino para que ciertos sectores no se crispen y que no se vea como una imposición, ahora del gallego.

1- Nadie ha dicho que el gallego fuera menor que ningún otro idioma.
2- Nadie ha dicho que no hubiera que defenderlo, lo que no hay uqe hacer es no imponerlo, como en ciertos procesos selectivos... etc.
3. Hay muchos chavales que acaban sus estudios en Galicia y no saben hablar gallego, otros no saben hablar castellano y la gran mayoría no sabe hablar inglés y expresarse con un discurso firme en ellos les cuesta a la gran mayoría.
4. En cuanto a Galicia Bilingüe yo no se tan certeramente como tu que persige. Pero creo que debemos defender los derechos de tod@s ciudadan@s hablen lo que hablen y darles las mismas oportunidades.

Un saludo.

Millán Fernández dijo...

Pois eu creo que si é a seña de identidade máis importante, máis diferenciadora, a que nos fai ser un pobo. Por supostísimo que non é a única. Pero eu prefiro que a diferenciación sexa en base á lingua e á cultura que xenera un pobo cnha lingua e unha tradición propia, que sexa en base á etnia, etc...

No teu caso a cuestión non é que sexa xusto ou inxusto que che esixan ter un nivel de galego. A cuestión é que se debe ter e telo acreditado. Por suposto que ti sabes falar galego igual ou mellor ca min, por exemplo, aínda que segundo a túa opción académica non o podes acreditar para unhas oposicións.

Eu estou dacordo en que se esixa competencias nos dous idiomas para exercer en Galicia. Como o estou en que se esixa competencias en cataán para traballar en Catalunya. É lóxico. Podemos discrepar á hora de evaluar o nivel de esixencia, ou como se leva eso a cabo. Por exemplo: poderiase facer unha proba básica, e uns anos despois facer outra para acreditar que tes o mesmo nivel nun e noutro idioma.

En todo caso, ti como optaches por outro camiño, e non podes acreditar esa competencia (aínda que a teñas), deberas poder convalidalo por un curso ou algo así. Despois, a túa opción á hora de falar e escribir é igualmente lexítima. pero o que sí é que se debe acreditar competencias en ambolos dous.

As Leis non se fan para os casos concretos, senon para todos.

Todos eses que puideron increparte por utilizar o castelán só teñen un nome: intolerantes e incultos (pero ó mesmo nivel que os de Galicia Bilingüe)

Que o 100% da TVG sexa en galego non é un avance, é un mínimo democrático. Pero, como comprenderás, representa tan solo un mínimo no total do que se publica, escribe e fala por medios galegos.

Polo tanto, eu non estou dacordo en que se impoña en procesos selectivos. Pero é que non o vexo coma unha imposición, senón como a acreditación necesaria de que tes competencia nese idioma para exercelo teu posto en Galicia. E en Galicia débense dominar dous idiomas. En pé de igualdade. Do contrario, fomentamos a diglosia, ou fomentamos que xente de fora de Galicia veña a traballar aquí sin ter idea dun idioma que ten que dominar (co tempo ou como queiramos, pero se ten que traballar aquí nun cargo público debe dominalo). Outra cousa é a empresa privada.

Pero a Administración ten que garantizar a igualdade e ten que esixir o mesmo nivel coñecemento para un e outro idioma. E iso por agora non se está facendo porque non teñen os dous idiomas o mesmo tratamento xurídico, aínda que sexan cooficiais ambos.

Artigo 5º do Estatuto de Autonomía de Galicia:

1. A lingua propia de Galicia é o galego.

2. Os idiomas galego e castelán son oficiales en Galicia e todos teñen o dereito de coñecelos e usalos.

3. Os poderes públicos garantizarán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán a utilización do galego en tódolos ordes da vida pública, cultural e informativa, e dispoñerán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.

4. Ninguén poderá ser discriminado por razón de lingua.


Eu creo que queda ben claro se se fai unha interpretación correcta, literal.

A ti non se che discrimina por falar castelán, que tes todo o dereito, só se che esixe ter un coñecemento adecuado (que o tes, pero non o podes acreditar).

Pero hai casos nos que se discrimina por falar galego: xente que se despide de empresas coma El Corte Inglés, por exemplo. Eso é grave.

Co que si coincido plenamente é con que se exagerou o asunto da lingua. Pero esaxerouno quen o esaxerou por motivos políticos.

Por certo, GB non defende a liberdade de elección, porque a liberdade de elección xa existe. Defende que cousas coma segregar ós alumnos segundo o seu idioma, porque ó parecer, faiselles moito que os seus fillos reciban o 50% das materias en galego.

Recibir o 50% das materias en galego equivale a decir que se reciben o 50% das materias en castelán. Eso é igualdade.

A partir daí, cada un que emplee o que queira, porque está no seu dereito.

Efraím Díaz dijo...

Millán;

4. Ninguén poderá ser discriminado por razón de lingua.

Convocatoria de las oposiciones 2008 para el cuerpo de profesores de enseñanza secundaria y artes escenicas y musicales: obligatorio hacer los examenes y presentar programaciones y unidades didacticas en gallego.

Si no, excluid@.

Con lo demás estoy casi de acuerdo con todo. Un saludo.

Millán Fernández dijo...

Todos os exames?? E presentar as unidades didácticas exclusiva e obrigatoriamente en galego??

Comprendo que os poderes publicos o fomenten e teñan como lingua vehicular o galego (especialmente na educación), pero que a UNICA opción sexa esa, parece esaxerado.

En todo caso, é un asunto sensible.

Na miña experiencia atopei con máis casos de discriminación polo caso contrario que por ese.

De todolos xeitos tampouco parece un grande inconveniente ter que presentar o traballo en galego. É máis unha cuestión de vontade. Do mesmo xeito eu tamén podería ver un inconveniente telo que facer en castelán, e non o vexo.

Aquí a situación, repito, é que moita xente (non me refiro a ti) ten desinterés, desprezo e falla de vontade por fomentar o uso dun idioma, cando hai xente extranxeira que o fai sen ningún tipo de problema (na miña clase hai un ucraniano que fala o galego mellor ca min e, evidentemente, domina tamén o castelán...)

Estou dacordo en que a imposición non leva a nada bo, pero tendo conta a traxectoria e os séculos de imposición do castelán hacia os galegofalantes, hacia as publicacións en galego...., tamén comprendo que exista certa discriminación positiva hacia unha lingua que perde falantes por un tubo e é tan válida coma calquer outra. É unha lingua europea que debemos protexer, e eu non quero (e imaxino que a grande maioría tampouco) unha Galicia na que o galego sexa falado-lido por un 2% da poboación, como pode pasar co gaélico ou outros idiomas esmorecentes, abocados a figurar como anécdota museística. Estamos a tempo de protexelo e potencialo.

Haberá que facelo con especial sensibilidade, e atendendo convenientemente os puntuais casos de discriminación que poidan aparecer.

A idea que todos deberamos apoiar é un nivel de esixencia igual (50-50) para ambos idiomas e ademáis, que un rapaz, cando remate o bacharelato, teña un nivel de inglés alto ou moi alto, e garantizalo.

Pero non podemos aprender inglés a conta de non aprender galego, non podemos aprender castelán a conta de non aprender inglés, etc...Todo suma. Pero se non nos concienciamos de que o galego ten valor e potencial, estamos abocados a desaparecer como pobo e estamos enviando unha señal moi moi negativa ás futuras xeracións.

Pola mesma maneira, podería chegar o día no que en España alguén se sentirá discriminado por non poder estudiar e poder aprobar oposicións íntegramente en inglés. Podería chegar o día no que só o inglés, ou o chinés, sexan idioma válidos.

Eso empobrecerianos como especie.

Un saludo

Efraím Díaz dijo...

Segun dices: Na miña experiencia atopei con máis casos de discriminación polo caso contrario que por ese.

Cada uno ha vivido sus experiencias y sus pensamientos son fruto de estas.

No es falta de voluntad, es una oposición Millán, donde compites, si te puedes expresar en la lengua que mejor manejas tendrás más oportunidades de conseguir una plaza o un destino...

No pienso que sea buena una discriminación positiva ya que eso deriva en una situación desfavorecedora para algun@s.

El gallego no debe desaparecer pero curiosamente parece que los datos son alarmantes, despues de tanta regulación, de tanta "imposición", parece que much@s dejan de hablar gallego precisamente por sentirse presionad@s, parece que l@s que gobernaron olvidan que lo impuesto no es atractivo.

Un saludo y estoy contigo de acuerdo en muchos más puntos de los que piensas.