As primeiras semanas do goberno da Xunta de Galicia non deixan de sorprender a propios e a estranos. Si analizamos as intervencións de quen, a día de hoxe, detenta responsabilidades no novo organigrama pódese chegar á conclusión de que é o peor comezo dun executivo autonómico dende a restauración democrática. Penso que a maioría dos votantes do PPdeG están moi desconcertados ante a parálise e o desaxuste continuo, ante as rectificacións e a grande sombra de dúbidas que se extende por riba dalgún membro do Consello. A polémica crece de maneira constante e afecta a temas diferentes.
A contemporaniedade demostra que aquelo dos cen días de rigor xa non é válido, e que o escrutinio público para examinar a acción dun goberno comeza a mesma mañá da toma de posesión. Esto é válido en tódalas latitudes. É a maduración democrática. Si o Lehendakari López foi recibido cunha folga namáis puxo un pe en Ajuria Enea, a temeraria irresponsabilidade de Feijóo provocou que vinte mil persoas se mollasen un Domingo polas rúas de Compostela. As críticas que está recibindo proveñen dende múltiples sectores, e non serve escudarse no “resentimento dos derrotados”.
A falla de compromiso coa igualdade de xénero, as superdelegacións, a afrenta contra a lingua propia dos galegos, o caso Hernández, a denuncia dun suposto “burato financieiro” que infla en proporción ó nivel de crítica recibida, etc...Son varios xa os globos sonda, e as rectificacións.
A inconcrección parece ser unha constante, e a confusión xeralizada corre risco de instalarse no corpo do goberno e chegar a converterse na patoloxía crónica da “era Feijóo”. Nin cara adiante, nin cara atrás. Nin sube, nin baixa. Eso non é galeguismo: é indefinición, temor ou falla de preparación. Anunciounos que viña a liderar e sacarnos da crise. Pode que sexa coas recetas ocultas, e ocultadas, de Aznar. Os cidadáns comprenden que necesite un tempo de adaptación, pero non toleran igual que o Luns se lle anuncie unha cousa, e o Martes a contraria.
É posible que esto sexa sintomático e reflexe un grande salto colectivo herdado da etapa do bipartito. Se Feijóo continua na liña mostrada ata o de agora pode chegar a comprobar que agora hai cidadanía esixente. Por eso mesmo caeu o bipartito.
1 comentario:
Por pura supervivencia do galego é imprescindible darlle nistas eleccións europeas un toque a Feijoo para que cese na persecución da nosa lingua…
Polo galego, na Galicia hai que votar contra iste PP que representa Feijoo, a fin de contas istas eleccións non son determinantes para configurar gobernos, pero si sirven para pulsar a opinión dos votantes…
Eu penso que o mais eficiente e votar BNG, pero se isa opción parecelles demasiado extrema aos votantes tradicionais do PP, tamén lles propoño que voten a papeleta do seu partido, (o PP), pero escribindo algo a prol do galego para que o voto sexa nulo…
Tratase de facerlle comprender a Feijoo que con isa política linguística galegofoba que está a encetar, pode perder mais votos de galegofalantes conservadores que os que vai gañar dos radicais antigalegos de Galicia Bilingue…
Xa que isa parece ser a única linguaxe que entende, a linguaxe electoral, cecais unha baixada do PP na Galicia xunto cun incremento do voto o BNG e de votos nulos sobre papeletas do PP pode ser unha mensaxe intelexible para el...
Publicar un comentario