miércoles, 4 de febrero de 2009

Nova fase política


Os cadros dirixentes do Partido Popular atópanse enlodazados, mergullados na suciedade das cloacas madrileñas e na disputa a morte do poder polo poder. Para unha organización que viviu deste, e da súa retroalimentación con intereses particulares e espúreos, a travesía no deserto da Oposición parlamentaria convértese nun pesadelo do que é vital espertar canto antes. Deste xeito optaron por manter no seu día (mediante escuras maniobras ligadas ó sector inmobiliario, o coñecido Tamayazo), a estratexia de bordeala legalidade ad infinitum con tal de non perder posicións. As eleccións repetíronse en Madrid e os magos do engano, a manipulación e a demagoxia fixeron o resto. Ben é certo que a maioría dos cidadáns acudiu á chamada, e cumpriu.

Todo esto é boa mostra de como entenden a política algúns, de como gozan desprestixándoa, e de cales son as súas prioridades: o ben común sabemos que non, e aportar para combatela crise económica tampouco.

Pódese comprender como Esperanza Aguirre, dende posicións ideolóxicas ultraliberais, tan so se teña en conta a si mesma ou á carreira política persoal e que, para elo, empregue as técnicas máis antigas, depuradas e depuradoras que os resortes do poder, case omnímodo (do que disfruta en Madrid), lle acheguen. O que non resulta xa tan dixerible é ver a actitude do serio e rigoroso Mariano Rajoy que, unha vez máis, se demostra manifestamente irresponsable e politicamente cobarde, cerrando en falso a crise interna. O acontecido nestas últimas datas é tan só a punta do iceberg. Si o caso non dá un xiro inesperado cabe pensar que, a consecuencia dos resultados na noite do 1 de Marzo, se vexa moralmente obrigado (ou literalmente forzado) a dimitir, e chamado a favorecer un proceso de sucesión limpo, hixiénico e que sexa diametralmente oposto ó que deu cos seus ósos no liderado do principal partido da Oposición. A ferida no seo deste trasládase constantemente profunda, pero so podería comezar a cicatrizar cun cambio de cultura política interna no marco dunha aposta transparente e decidida pola elección democrática do líder, que terá que poñerse a traballar na dirección de cumplilo papel constitucionalmente establecido. Non como ata agora, que consistiu en dispendiar folgos na oposición contra sí mesmos. Entrariamos así nunha nova fase da política española.

2 comentarios:

Unknown dijo...

Gustame moito o teu artículo. A dereita non ataca á esquerda, desprestixia a política. Porque é a eles a quen lles é mellor que a xente quede na súa casa en vez de votar, porque non son demócratas.

Millán Fernández dijo...

Gracias por participar, Iago. É unha das señas de identidade da Dereita o desprestixala política. Dicir que non son demócratas non é de todo xusto nin obxectivo. Hai amplos sectores da dereita, e sobre todo os votantes que lexítimamente se senten identificados con propostas que a dereita oferta, que sí son demócratas.
Pero o que é certo é que a maioría das veces, as estratexias que os dirixentes siguen están encamiñadas a embarullalo debate, a entorpecer o diálogo, a simplificar as mensaxes e a desprestixar a pluralidade de ideas. Polo menos é eso o que trasladan e históricamente pódese comprobar como esa foi unha liña que quixeron impoñer.
Foron temerosos da liberdade, do avance social, recelaron da posibilidade do progreso en demasiadas ocasións, por eso sempre van por detrás da sociedade....