Non, non estou a falar da ministra de Fomento nin de compañías aéreas. Afonda na noite dos tempos o intento de xunguir Portugal e España baixo unha mesma estrutura política. Dende o século XVI houbo quen soñou que estos veciños “irmáns” e ó tempo, perfectos descoñecidos, profundizasen na súa unión. Nun primeiro momento responde a ambicións imperiais da Coroa española (que goberna os dous territorios durante algún tempo) e foi no século XVII cando se separan definitivamente. De seguido, as alianzas internacionais de uns e outros (con franceses e ingleses) divórciaos por completo. Houbo algún intento posterior, e mesmo acordos de colaboración, pero os portugueses sempre recelaron de ser “absorbidos” e de que a súa identidade se diluíse, coma estaba sucedendo noutros lugares da España daquel intre.
A idea de construir Iberia rexurde con tímida forza a comezos do século XX: Joan Maragall, Cambó, Prat de la Riba, Castelao e algún máis defenden a unidade basada no respeto á diversidade cultural e personalidade política de tódolos pobos que a conforman, pero nun contexto que logo desaparece debido ó meteórico ascenso en Europa do fenómeno nacionalista.
Foi no ano 2006 cando sae publicado un estudo sociolóxico sobre este tema: o 45% dos españois defendía a integración, por un 30% de cidadáns portugueses. Era un dato a ter en conta.
A pasada semana os primeiros ministros de España e Portugal acordaron celebrar, no sucesivo, periódicos consellos de ministros conxuntos para visualizar un maior acercamento e tratar asuntos comúns, a imaxe e semellanza do que ocorre en Escandinavia con Noruega e Suecia, ou noutras rexións. Isto presenta oportunidades para os dous Estados tamén no xogo da política internacional, da Unión Europea e do mundo globalizado. Adianta a futurible xeopolítica da ibericidade. Integrar na diferencia é unha das máximas do proxecto de construcción europea, dende unha visión máis política ca económica, e máis federalista ca intergubernamentalista. Unha oportunidade para facer valer as potencialidades dun espazo xeográfico con tanto capital de influenza e posibilidades de exercelo soft power, e tan ben situado estratéxicamente nun mundo en reconstrucción. Hai aquí unha responsabilidade galega e botaráse en falla, durante a campaña, que os partidos non propoñan nada relevante neste eido. Teñen máis chicha as liortas localistas.
5 comentarios:
que razon tes millan en lo de localismos y en lo del iberismo por cierto estan a favor gunter grass y saramago ¿lo sabias?
Bueno, sendo da Coruña o do localismo sabelo mellor ca min!!!XD
De Günter Grass non sabía nada, pero de Saramago sí. Ten un libro moi bo que trata sobre isto: A Jangada de Pedra.
Hai un anónimo portugués, que dí o seguinte: A Península Ibérica tem a forma duma jangada (unha balsa)...supoño que Saramago se inspiraría neste dito.
A famosa "piel de toro" ten a súa versión portuguesa...."pel de boi"
É un libro moi interesante e recomendable para acercarse á súa visión respecto deste tema: Resulta que a Península se disgrega do continente e queda varada no Atlántico. O Sur faise Norte e o Norte Sur...é un alegato pola unidade cultural e política de dous espazos que, a maior parte das veces están de costas, cando o racional, e positivo para todos, sería estar xuntos.
bueno agora en coruña sigue habendo localismo pero no tanto como en la epoca de sir paco vazquez era tremendo, y todo el rollo viene de la capitalidad de galicia, en cuanto lo que me dices de saramago no lo sabia
Posiblemente sexa algo natural que eso suceda, pero na miña opinión, supón desperdiciar folgos...pero bueno, somos así, e hai que convivir con elo tamén, non??
Pois recomendoche ese libro. E bastante ameno tamén.
Saúdos Adrián!!
sip hai que convivir con todo e grazas por a tua recomendacion
un saudo millan¡¡¡
Publicar un comentario