martes, 27 de enero de 2009

Un ano de blog


Onte fixo un ano dende que se colgou a primeira publicación neste espazo. Era o 26 de Xaneiro de 2008 e levaba un tempo con ganas de comezar a escribir. O que me empuxou definitivamente foi a irrupción en escea dunha figura política que hoxe é mundialmente coñecida. A máis coñecida.

Imaxino que coma min lle sucedeu a moitos e, sobre todo, a moitos xoves que se sentiron atraídos pola novidade nas mensaxes e a frescura transmitida por quen, hoxe en día, é o Presidente dos EUA. Eses xoves que moitas veces son pintados de apáticos e outras moitas, incomprendidos. Eses mismos xoves que cando se entusiasman e mobilizan, son capaces coa súa forza, de cambiar gobernos. Onte e hoxe. En tódolos lugares do planeta.

Facía tempo que seguía a súa traxectoria, pero non estaba convencido de que chegara a suceder a Bush ata eses momentos, onde botaban a andar as eleccións primarias dentro do Partido Demócrata. A aposta era arriscada pero os ilusos, os inocentes, os que empezamos a comprender e descubrilo mundo aquí e alí, e en tódalas partes, pensamos que o actual Presidente dos EUA non vai a traelo paraíso á Terra e algún día defraudará pero de seguro, loitará por mellorala (ou eso queremos creer). As súas primeiras medidas así o deixan entrever.

Os EUA non deixarán de selos EUA pero un ano despois podemos pensar que algo xa mudou, e para ben. Cando menos, é mellor que o anterior. Para o seu país, pero tamén para todo o mundo.

Dende aquela deu tempo a pasar da desconfianza ata chegar á "Obamamanía" irracional, pero hoxe en día, todos se apuntan ó seu carro. Dende Rajoy ata Fidel Castro. Todos?. Non, hai un irreductible de bigote que pulula por aí anunciando o Apocalipse.

Esta entrada excepcional é unha homenaxe, de paso, a tódolos xoves e a tódolos ilusos.

9 comentarios:

Diego P. Luaces dijo...

Moitas felicidades compañeiro!!! Ogallá poidas seguir contándomos moitas máis novas esperanzadoras como as que nos contaches no teu blog, como que Obama é o Presidente dos EEUU. Unha forte aperta.

Millan Fernandez dijo...

Gracias Diego. O teu blog tamén cumpliu anos recentemente!!Felicitote de novo. Outra aperta, e sorte cos exámenes...

Laura dijo...

Vivín preto de ti esta ilusión túa, casi desde o comezo, e fixechela un pouco miña tamén.
Ademáis non podo deixar de dicir que das conversas contigo sempre aprendo cousas novas. É un pracer discutir contigo e escoitarte falar de calquer tema, en especial de Obama.
Como seareira do teu blogue só me queda darche ánimos para seguir así e pedirche que nos sigas deleitando coas túas verbas.

Un bico "juapo"

Millan Fernandez dijo...

Moitas gracias Laura!!para min tamén e sempre un placer falar contigo disto e de todo en xeral. Eu tamén aprendo contigo e con todos os que coñecemos e fomos "madurando" (que mal sona) xuntos.

Adrian Fernandez Pascual dijo...

noraboa

Millan Fernandez dijo...

Grazas Adrián, e grazas por volver por aquí outra vez!!!!

Tino dijo...

Pois xa pasou un ano de Jeu de Paume, e os que che quedan.

Moitas felicidades por ese primeiro ano na rede. Cando nos xuntaremos os blogueiros castroverdeiros na rede, e para comentar posibles ideas?

Saúdos e ata pronto!!!

Millan Fernandez dijo...

Xa sabes que cando queiras, Tino...e xa sabes tamén que temos proxectos por diante: a asociación e montala súa páxina web, chegado o caso.

Grazas!!!vémonos!!!

Tino dijo...

Eso está feito. Xa sabes que en canto estea feita a asociación, terá a súa páxina web, se os socios o consideran a ben!!!