martes, 10 de febrero de 2009

A árbore e as noces


No contexto da política vasca é recorrente esta frase feita. Quen a promociona refírese a que ETA abala a árbore coas súas accións inútiles namentras o PNV as torna en utilidade, recollendo así o froito do apoio popular. A superprotagonista e promotora do apartheid lingüístico Rosa Díez é unha defensora desta non-teoría. Aprendeu a lección e aplícaa, acudindo a Compostela coa estratexia definida; movendo a árbore do inexistente conflito lingüistico e evidenciando un enfrontamento arrodearíase astutamente na bandeira da defensa dunha suposta liberdade ameazada: o dereito a escollela lingua en Galicia. Podería ofrecerlle algún rédito en Madrid ou noutras comunidades, onde a ignorancia da realidade plural de España (por parte do nacionalismo separador español) é manifesta, e onde a abafante conxura mediática fai estragos entre os pouco viaxados e instruídos.

Nun país coma o noso, sendo o galego secularmente proscrito e aldraxado (e onde tan só a vontade do pobo o mantivo vivo, non sen desgustos), onde o noventa por cen da oferta comunicativa é castelanfalante e onde a vida educativa dun rapaz pasa por recibila inmensa maioría das mensaxes orais e escritas en castelán, algúns arriscanse a falar de imposición sen ruborizarse. Ninguén en Galicia descoñece o castelán e conviven normalizadamente dous idiomas en pé de igualdade xurídica habendo un consenso amplo respeto da normativa a aplicar. ¿Por qué algúns galegófobos (coma Falange, membros do PP e satélites) teñen interese en crispar e elevar á categoría de social un problema que non é tal?. Só se comprende dende a vella táctica ultradereitista de pescar en río revolto. Os que acudiron á manifestación non estaban defendendo o bilingüismo nin a liberdade. Estaban en calidade de peóns da inxustificable imposición monolíngüe do castelán e esto non se sustenta, aínda tendo todo o dereito a manifestarse. A reivindicación é pois, enganosa. Como equivocados estaban os marxinais que a foron rebentar. Dárlles publicidade é un regalo enveleado. Violenta e desproporcionada foi tamén a actuación policial e a obriga ós viandantes galegofalantes de identificarse. A maioría social galega é xa madura e sabe identificar ben a quen quere recollelo froito á súa conta.

6 comentarios:

Blog de Paco Piniella dijo...

Viva Galiza xeibe! ¿se dice así no? Rosa callate y vete con Bono al convento, jajajaja... Salud desde el Sur y a ganar PSOE+BNG, me gusta el cocktail...

Millan Fernandez dijo...

Bueno, se dice Galiza ceive.

Pero Galicia ya es libre y elige libremente a sus representantes, en repetidas ocasiones.... Si algún día tuviese la suficiente fuerza y peso específico para decidir que clase de relación quiere mantener con el resto de los pueblos de España (esto estuvo recogido, en su día, en los objetivos programáticos del PSOE aunque son notorias sus dos almas, jacobina y federal...), y una mayoría social amplia que lo reclamase supongo que nadie podría estar en contra de esa posibilidad (y ni siquiera la Constitucion y su actual redacción sería un obstáculo insalvable), al ser esta una tierra con tanta personalidad.

Eso en los mundos que corren, no significaría irse de ningún sitio ni romper ninguna unidad, pues esta sería más fuerte, al ser voluntaria.

Aunque yo personalmente no apuesto por la independencia (me parece un sinsentido, pues hoy ya nadie es independiente...ni España mismo)y lo que tradicionalmente se entendía por soberanía se ha difuminado, estamos pues en una etapa poshobbesiana....

Me gustaría pues, una relación federal. Más federal, realmente federal...

A la mayoría de gallegos actitudes como la de Rosa Díez u otros sólo le causan rechazo y despecio por atacar a lo que más nos identifica y une. Nos hiere en el orgullo.

Gracias por la visita, Paco.

Laura dijo...

Estou completamente dacordo coas túas palabras. Cando nos íbamos a escola dábannos todas as clases en castelán e sabemos falar perfectamente o galego. Non entendo como alguén pode pensar que se ao seu fillo se lle dan as clases en galego non vai saber falar en castelán...
A parte que desde a miña pequena experiencia no mundo docente, teño moi claro que en ningún instituto ou colexo galego se fala unicamente este idioma.
Creo que "discriminar positivamente", por chámalo de algunha forma, ao noso idioma, non pode perxudicar a ninguén, e si beneficiarnos a todos os galegos, enriquecéndonos con algo que é noso e que durante moito tempo nos prohibiron ou nos intentaron afastar.

Iago dijo...

Tes toda a razón. Eu diría máis, parece un insulto, que xente sin coñecer a realidede galega utilicen o0 noso idioma como arma política. Pertenzo á xeración que máis galego estudiou na escola, e ainda así nunca foron máis de 3 asignaturas. Falar de bilinüismo en Galicia non é defender o castelán, senon o galego, e o demáis son insultos á nosa intelixencia como pobo.

Millan Fernandez dijo...

Así é. Gracias por volver!!

Hai que seguir subindo post algo polémicos para que a xente se anime....jejje.

Pablo Maza dijo...

No hace mucho la señora defendía el federalismo y la pluralidad de España.

http://www.xornal.com/article.php?sid=200902100031170051

"....ahhhh y como hemos cambiado, que lejos ha quedado...."