martes, 17 de febrero de 2009

Vai a votar, ou....

10 comentarios:

Anónimo dijo...

bueníísimoooooooooo!!!

Tino dijo...

Bueníísimo!!!!

Millan Fernandez dijo...

jajjaja...si que é bon si....a ver si ten efecto, que é o que conta!!!saudos Tino!!!

Pablo Maza dijo...

jajajajajajajaj me has alegrado la noche... muchas gracias

Anónimo dijo...

Excelente !
Pero o de barbas blancas e pelo negro non necesita de naide pra meter medo os nenos
Ouuuu....
Ten que cambiar de peluquero, que vaya a Bollywood, seguro lle aconsellaran se pinte as barbas ou dexe de pintarse o pelo da cabeza.
jajaja...

Anónimo dijo...

Eres estupendo, ten una inteligencia imprecionante deseo verte presidente de España y con orgullo direi conozco ese chico.

Millan Fernandez dijo...

Buf, q exageración!!jaja...non creo que me vexas nunca Presidente. Hai miles de personas con muita máis capacidade, pero gracias, claro.

O cartel está moi ben, pero non foi idea miña...Os compañeiros de XSG tiveron un gran acerto.

Alfonso dijo...

Posiblemente falar do home do saco non sexa unha boa idea nunha campaña electoral (recoñezo que falar desto a posteriori me resulta máis fácil). Aínda tendo máis ou menos razón no que se di, sempre é mellor falar do proxecto propio que adicarse a ser o menos malo e dicir que os outros si que son malos.
Posiblemente esto non sexa válido para a dereita onde vale case todo e dicir que os outros si que son despilfarradores é un activo fundamental.
Curioso que sendo de esquerdas non poidas ter un despacho chulo, un coche way, ou ir nun iate cun ricachón, pero sendo de dereitas esto nunca xoga en contra.
Saúdos e ánimo,

Efraím Díaz dijo...

Esta imagen animó a muchas personas a votar por el PP. Hasta votantes del PSOE. Personalmente no creo que sea bueno votar siempre del mismo color... Es mi humilde opinión.

Un saludo.

Millan Fernandez dijo...

Bueno, como di Alfonso, falar a toro pasado é doado. Está claro que esta imaxe por sí mesma non foi a causante da derrota, como tampouco sería a da victoria. Os motivos son múltiples e os factores complexos. Estamos en proceso de análise e asimilación, como corresponde neste momento.

Penso que ten que ver, máis ben, cunha carencia de mensaxes claras, cunha campaña contradictoria, e con atoparse en terra de ninguén no plano ideolóxico. Con non ter un bo programa e sabelo trasladar. E con que o PP soubo explotar moi sucia, pero intelixentemente, o asunto do "despilfarro" nunha época de crise económica.

Nas últimas semanas instalouse un estado de opinión que foi medrando coma unha bola de neve, empregando mentiras e medias verdades(villas psoe, sms, e-mails..), etc...tamén: cacerías, dimisións, xudicialización do debate político con presuntos casos de corrupción, fotos en iates..., e isto tivo as consecuencias que tivo.

Esa concatenación de mensaxes reincidentes, xunto coa visibilidade pública da falta de coordinación no Goberno e o feble liderato foron as causas principais. Ademáis as promesas de cambio quedaron neso, e explotando que había dous gobernos e non un só para un momento de dificultade, o PP conseguiu dala volta ás súas propias estimacións, crecendo moi por encima do previsto segundo tódalas análises previas.

O PP gañou por incomparecencia e incompetencia do/s adversario/s. Está claro que é un fracaso maiúsculo e unha oportunidade histórica perdida.

Aínda sendo así, parece certo que hai un cambio profundo de tendencia na sociedade galega (especialmente nas áreas urbanas) e isto debera ser motivo de alerta para os socialistas porque dentro de sous anos poderían perdela grande maioría das cidades.

Hai moitos erros que o PSdeG (tamén o BNG, pero non me incumbe) terá que correxir, e canto antes o faga, mellor para todos.

Por outra parte, tamén creo que a cidadanía é quen decide quen goberna en cada momento e polo tanto, ten dereito a manifestala súa vontade co voto nun ou noutro sentido. Por isto hai alternancia, o que é síntoma de normalidade democrática. É por eso que corresponde ós derrotados facer autocrítica.

Ó mesmo tempo que digo isto, tamén se debe comprender que haxa xente fiel a un partido ou a outro, por conviccións ou porque simplemente, pensa que é o mellor para os seus concidadáns. Recordo que o PP o 14 de Marzo de 2004 acadou 10 millóns de votos logo da Guerra de Irak, o Prestige ou as comprobadas mentiras entorno ó ataque terrorista do 11-M.

Tamén decir que parece lóxico que quen está comprometido cunha formación, e fai política nela, confíe en sí mesmo (como copartícipe dun proxecto no que cree) antes que no dos adversarios.

En todo caso, os resultados foron os que foron e son incuestionables, claros, rotundos e acátanse actuando en consecuencia, como así debe ser.

Outros, noutros momentos, non soberon dixerir derrotas e esos mesmos responsables aínda seguen hoxe en día expostos ó público e con aspiracións de gobernar. Isto (e outras moitas cousas) é o que diferencia a uns doutros, aínda que se instale a idea de que todos son iguais.

Gracias por participar.