jueves, 5 de noviembre de 2009

Barack, ano I


Doce meses despois da entusiasta e masiva mostra de execución da democracia que significou a elección de Obama como o 44º presidente dos EUA poucos dubidan, sexan escépticos ou non coa súa figura, da transcendencia e envergadura do mito. Do fenómeno. Alén do conseguido ata o momento, como revolucionar a tradicional percepción que as masas e a opinión pública global tiñan sobre o liderado e a política nun contexto de formidable expansión das novas ferramentas de comunicación social, implicando a millóns de cidadáns do planeta e facéndoos copartícipes dun fito histórico que se proxecta nun futuro que ten como obxectivo cambialo mundo, aparece con maior empuxe a incógnita de si o home será capaz de estar á altura do propio mito.

Unha afamada columnista do New York Times (Maureen Dowd) resume o que vai de mandato, dende unha visión cortoplacista e un tanto pesimista, así: “quen prometeu a revolución ténse que conformar con xestionala adversidade”, ou o que os norteamericanos denominan “unha perfecta tormenta de calamidades”. Con todo, algo de realidade hai detrás desta afirmación pois son tan magníficos os asuntos que a súa Administración ten que abordar que, inevitablemente, seguirán emerxendo sombras, erros e frustracións. Recibiu en herdanza o paso polo poder do peor presidente que se recorda: dúas guerras abocadas a eternizarse, caras e cruentas, coas políticas do medo e de restrición das liberdades que levan aparelladas, a maior crise económica dende os anos trinta, un mundo desconfiado e en galopante tensión e renovada carreira de armamento, e uns EUA manifestamente deprimidos e desorientados: fracturados socialmente e irreconciliablemente divididos no plano ideolóxico. Sen grandes logros tanxibles, foi quen de ir dando forma ó novo paradigma (dialogante e multilateral, soft power) e xerar, mediante esforzos diplomáticos e influíntes discursos, como o de O Cairo (dunha retórica impensable fai un tempo) confianza no seo da comunidade internacional á par que deseñou o que deberá ser unha saída responsable, sensible e sostible do pozo económico. Europa seducida e entregada, Latinoamérica respira logo de séculos de opresión e inxerencia, o eixo do mal desaparece como concepto, Rusia móstrase colaboradora, relacións constructivas en Asia, propósitos de arranxalo enrevesado conflito de Oriente Medio, etc...Cambios substanciais respecto do antecesor, e da forma de facer política nas últimas décadas.

O recentemente falecido antropólogo Levi-Strauss afirmara: “a humanidade está constantemente ó servizo de dous procesos contradictorios: un tende á unificación, o outro á diversificación”. O mundo que lle tocou a Obama estaba representando, no seu punto álxido e como sanguinaria traxedia, esa constante pero por vez primeira semella que ós mandos está alguén que o comprende e afrontará, para mitigalos seus efectos destructores. Que dure!

3 comentarios:

Efraím Díaz dijo...

Lo que creo que pasa, o yo veo en Obama, son una serie de contradicciones, sus palabras no coinciden con sus actos en muchas ocasiones y eso desorienta a la población y a la opinión mundial.

Si quieres de verdad dar un giro, pues haz lo que hizo Zapatero cuando llegó al gobierno, quitar las tropas de esa guerra que no interesaba (aunque las hayas mantenido en otras con el mismo interes económico).

Con Obama tengo esa sensación agridulce y cada vez se torna más agria al ver que sus palabras van mucho más allá de sus actos y al observar que él también está al servicio de ciertos Lobbies, en este caso no son Lobbies armamentísticos como hacía Bush, sino más bien creo que son Lobbies farmaceuticos.

Es curioso ver como hay unos turnos de estos Lobbies que rotan con una cierta frecuencia, Parece que ellos piensa "ahora me hago de oro yo, luego tu, luego el otro y luego... vuelta a empezar". En resumen, sin ellos no se podría llegar al poder.

Creo que se empieza a ver y a demostrar gracias a qué, o a quienes, Obama pudo llegar a Presidente.

Ahora, eso sí, no hay color a la hora de elegir o Bush o Obama, para mi no, desde luego.

Millán Fernández dijo...

Gracias por participar outra vez Efraim.

É certo que pode haber algunha contradicción, pero eso é o normal e é propio da tarefa de gobernar.

Sempre se dixo que Obama representaba un cambio si, pero non unha revolución ou que o mundo fora cambiar radicalmente da noite á maña.

É unha persoa, non un superhome.

Comparar EEUU e España pareceme erróneo, porque EEUU é un transatlántico e España, si acaso, un catamarán...polo tanto, virar a dirección nun ou outro caso é moi diferente, pola dificultade e resistencias que te podes atopar.

Con respecto ás guerras, eu penso que non deixan de estar dirixidas polo Exército e, aínda que el é o xefe do Exército, a súa influencia ou a súa capacidade de persuasión neses altos centros de poder é importante, moi importante, pero non determinante.

É decir: as decisións de levar a cabo as guerras foron tomadas por presións insalvables dun exército que se sentiu humillado co ataque ás Torres Gemelas (fose quen fose, incluso o propio exército), lobbys de todo tipo (petroleo, armas, etc..) e uns políticos receptivos e proclives e interesados en libralas.

Actualemente os mesmos halcóns do exército presionan para saír "airosamente" de Irak e presionan tamén para que a extratexia militar en Afganistan mude, nun intento desesperado por atallar a situación, que empeora cada mes. Pero eu figúrome que non é mais que unha pose para acabar por saír de ambos lugares no medio prazo (en Irak está anunciado, 2010-2011). Non olvidemos que a guerra de Afganistan está prolongandose no tempo mais que a IIGuerra Mundial, co que eso supón....

No referente ós lobbys: en EEUU vese como normal esa influencia e esa presión, son grupos de interese que entran no xogo político. Pero o mesmo pasa aqui en España e tamén e sobre todo en Europa como, por exemplo, no Parlamento europeo.

Eu non creo que Obama estea demasiado influído precisamente polo lobby farmacéutico (recordemos que cando chega á Casa Blanca o asunto da Gripe A, que creo que vas por aí, xa estaba vixente...). É mais, penso que se está enfrontando valentemente ó lobby farmacéutico e sanitario (aseguradoras, etc...)pola súa posición na reforma no sistema de saúde.

Se hai lobbys influíntes no seu mandato, penso que poderían ser o xudío (que inflúe moitísimo sempre en calquer goberno norteamericano dende o final da IIGM), o das enerxías renovables (tamén petroleiras que se queren reconverter e-ou adaptar) e o NASDAQ, as empresas de tecnoloxías e novas tecnoloxías...

O que é certo é que en EEUU sin a connivencia e o impulso, ou directamente axuda económica ou mediática de calquer tipo, sería imposible chegar a selo Presidente.

O mecenas de Obama é unha muller de Chicago multimillonaria, ela axudoulle a proxectar a súa imaxe na súa etapa de Senador e financioulle campañas locais. Pero durante a campaña presidencial e tamén as primarias internas a principal fonte de financiación foi a propia xente con donacións que recibía de todalas partes do mundo superando a Hillary, e despois a McCain, nun porcentaxe definitivo.

Efraím Díaz dijo...

Sabes Millán, lo que me parece bochornoso, es que todas las personas que salieron a la calle cuando la guerra de Irak, sigan ahora en su casa metidas... y justificando esta guerra de Afganistan. Una guerra en la que los intereses económicos estan por encima de todo.

Sin duda el lobby más importante que hay es el pueblo, pero el pueblo esta parado. Pero ojo, está parado hasta que haya algo que lo despierte de repente, entonces igual el mundo da un gran giro.

Pero el Lobbie farmaceutico está presente, para mí sin duda, solo hay que remitirse a lo sucedido y para ilustrar esto te remito a:

http://rillotinspanish.com/2009/08/24/obama-yerra-dos-veces-la-industria-farmacutica-y-los-acuerdos-secretos-otro-mito-sobre-la-sanidad-en-estados-unidos/

Ahora, siempre dudé de si es bueno un sistema totalmente público de sanidad, que se haga en Europa no quiere decir que es bueno.

Estoy de acuerdo que para llegar a ser presidente hay que ser financiado, pero hasta que punto se debe vender al pueblo?, como es que el pueblo debe estar siempre pagando los favores de esos que llegan al poder a terceros?

Esto sin duda me parece triste, de los más triste que puede pasarle a un gobernante, si bien, cuando un@ no cede, lo matan...