sábado, 3 de octubre de 2009

Lula e Brasil


A organización dun evento como é, nos nosos días, uns Xogos Olímpicos representa algo de enorme relevancia para a proxección global dunha cidade e dun país. É o escaparate perfecto.

Está moi documentada a relación inevitable entre a política internacional e o olimpismo moderno, e hai anécdotas épicas na historia do deporte olímpico que son tamén Historia, sinxelamente. Ocorre coma co xadrez. Moitos reximenes, e países con maior ou menor grado de poder específico, tiveron a oportunidade de mostrarlle ó mundo a mellor das súas caras co gallo da súa celebración. A Alemaña nazi fíxoo, non sin polémicas, en 1936. En 1980 foi a capital dunha decandente URSS a que tratou de trasladar unha imaxe de fortaleza e vixencia comunista. Barcelona 1992, unha década despois do Mundial de fútbol de Naranjito, supuxo unha aposta segura para decirlle ó mundo, dende Catalunya e España, que xa a democracia estaba asentada e comenzabamos a ser unha sociedade moderna e, posiblemente, teñan algo que ver con aquelo os éxitos deportivos que vemos nesta xeración de españois. Foi o noso salto adiante. Tamén serviu, como sempre serve, para inflinxir un lavado de cara á cidade, remodelala dende o plano urbanístico e arquitectónico. Permitiu darlle unha maior proxección exterior atraendo turismo e, en certa maneira, mudou a estrutura do tecido productivo. Os recentes xogos de Pekín tan só foron o preludio da recente manifestación de poderío político e militar dunha China cada vez máis e máis influínte na orde internacional.

Así pois estes magníficos eventos deportivos, e a súa repercusión, indubidablemente se relacionan coa xeopolítica, dando conta tamén da realidade económica na que nos movemos. Por eso, que fose Rio de Janeiro a candidatura escollida para 2016 ten tamén unha lectura neste sentido: significa a extensión efectiva do “dereito” á súa organización por unha emerxente potencia dun continente que cada vez ten máis que decir e aportar. O ideal do olimpismo comeza a ser posible, e tan só quedaría un país do continente negro para que os cinco aneis tiveran a súa oportunidade. Grandes empresas multinacionais están desexando invertir no Brasil, un país cunha chea de potencialidades no SXXI. Ordem e progresso.

Dixen nalgún outro momento que Lula, xunto con Sarkozy e Obama, sería un dos líderes mundiais a ter moi en conta nos vindeiros anos. Penso que a súa verdadeira proxección, a aceptación real da súa influenza, comenzou este venres en Copenhaghen, pero aínda lle queda un longo percorrido. É un líder con empaque, con credibilidade e suficiente sensibilidade social. Foi quen de conseguir, coa súa determinación, un fito histórico: colaborar, de xeito crucial, para que o seu país sexa tido en conta no futuro.

2 comentarios:

Efraím Díaz dijo...

Si que parece un gran hombre,
ahora eso sí,

deberían de ser los criterios de evaluación del COI algo más claros?????

Yo creo que sí, así ahorrarían a muchas ciudades del mundo esos enormes gastos.

Un saludo.

Millán Fernández dijo...

Si, parece que hai demasiada opacidade á hora de evaluar as candidaturas. Por eso a veces nos levamos sorpresas...

Eu penso que, a largo plazo, esas inversións rentabilízanse (aínda que nunca se organicen os xogos).

Todos esos edificios, recalificacións, etc...a parte de ser caldo de cultivo para a especulación e que catro listos se enriquezcan, tamén soe repercutir beneficiosamente nas cidades, e as instalacións reoriéntanse a outros fins, ou acaban por reorientarse....