jueves, 18 de junio de 2009

Raio xenófobo


A última entrega do mensual Le Monde Diplomatique ven, coma sempre, repleta de artigos esclarecedores feitos por mans de solventes autores de recoñecido prestixo internacional polas súas aportacións. Un deles, asinado polo profesor do Departamento de Estudos sobre a Paz e a Seguridade no Mundo do Hampshire College, titulado baixo o suxerente Xeopolítica da efervescencia, resulta dunha impresionante lucidez para achegarnos a aprehender unha crecente, irreversible e terriblemente crónica inestabilidade que o planeta está abocado a afrontar nas vindeiras décadas por mor da gran crise do século, a cal levará a millóns de persoas a malvivir en condicións de infrahumanidade, coas perigosas consecuencias que se derivarían a modo de fonte inesgotable de conflitos, e as cales non terían precedentes no caso de se producir.

Non é un artigo catastrofista nin alarmista, pero sí de denuncia a respecto da evolución que a tensa calma xeral toma, en distintas rexións do mundo, polo agravamento das desigualdades socio-económicas. Esto aboca ó primeiro mundo a replantexar a súa estratexia se non quere verse arrastrado a niveis de calidade de vida moi inferiores dos que disfrutamos.

Fala dun cóctel explosivo ó que lle debería engadir, ó meu parecer, un crecente problema interno que experimentan as opulentas sociedades occidentais. Este problema tan vello e tan actual, que corre risco de estenderse coma un cancro, non é outro que a xenofobia. Nas últimas semanas, ademáis do ascenso ultra nas eleccións europeas, vimos como os xitanos son intimidados polas rúas de Belfast, e tamén a unha ministra do novo Duce facendo o saluto romano nun acto público.

Berlusconi aprobou unha Lei que permite ós cidadáns patrullar, en colaboración coa policía, as rúas italianas para manter a seguridade e un movemento neofascista amparado polo goberno foi o primeiro en vestirse de caqui para ofrecer os servizos e saír á caza de estranxeiros, putas e criminais. Deberiamos mirar, no espello da Historia, o que esta deriva conleva. O crack, a Gran Depresión, as medidas proteccionistas e os brotes de intolerancia tolerada en gobernos desbordados pola crecente fractura social, xunguido á excesiva polarización e aparición de frontes ideolóxicas remata coma un raio: provocando unha desfeita.

4 comentarios:

Efraím Díaz dijo...

Lo de las patrullas ciudadanas ocurrió en Holanda en el barrio rojo, creo que en los años 70, por cierto dió buenos resultados.

Lo siento pero estoy algo antisistema...

Un saludo.

Millán Fernández dijo...

Puidera ser que funcionasen en Holanda naquel momento, pero o obxectivo era algo distinto do que se pode entrever en Italia.

En principio a Lei abre as portas a que a cidadanía colabore coas forzas de seguridade, e eso non ten porque ser malo por si. É un principio moi republicano facer partícipe á cidadanía da súa propia seguridade rachando co clásico monopolio estatal e implicando a toda a sociedade.

O que ocurre é que a Lei anunciouse con bastante pompa, e pronto a Destra Nazionale (neofascistas) se apresurou a colaborar, nunha toma de postura e actos publicos, etc..,que recorda bastante á Schutzstaffel alemana (as tristemente famosas SS), grupo paramilitar do partido NSDAP (Nazi).

Eles mesmos impoñen cales serían os criterios e prioridades, sen someterse á Constitución e ó Estado de Dereito e polo tanto, dende unha concepción privativa da seguridade e a liberdade. Digamos que é algo parecido (non exactamente igual)ó exemplo seguinte:

Imaxina que o Goberno Vasco decreta unha Lei do estilo, que poidamos homologar, e ETA anuncia que na zona de Guipuzkoa colaborará, con toda a súa xente, coas forzas de seguridade establecendo ela os obxectivos na materia....

non me parece moi lóxico...

E o que me preocupa é que unha considerable maioría social italiana o considera normal e tan só a esquerda, dividiva e cobarde coma sempre, alza a voz timidamente...tamén me preocupa, e moito, a crecente tolerancia con estos tics que remiten tanto ó pasado máis negro...

Pero recordemos cal é a situación actual dun país que está perdendo, a pasos axigantados, o prestixo e os niveis de calidade democrática (segundo Freedomhouse) que puido recabar ó longo da Historia...

Efraím Díaz dijo...

Cuando dije Holanda quería decir Amsterdam.

He encontrado un archivo que probablemente te gustará leer; http://www.criminologia.net/pdf/reic/ano3-2005/a32005art2.pdf

Creo que esa medida en Italia es fruto de la falta de mano dura de la justicia (en cuanto a sentencias) y la indefensión que siente much@s ciudadan@s frente a l@s delincuentes y no solo en Italia.

He estado en Italia y el sentimiento que tienen l@s habitantes de ese país unos cuantos con lo que he hablado, es que todos los partidos politicos del país son corruptos por igual... curioso.

Me parece que no debería el gobierno regular esas patrullas, ni que se vinculen a las fuerzas de seguridad del estado.

De todas formas estoy de acuerdo en que las formas no han sido las más adecuadas... y que las penas por delitos, asesinatos, hurto, violación de la propiedad privada, etc, se deberían endurecer.

Creo que por el camino que vamos en Europa, estamos más cerca de una revuelta para reclamar más control y dureza de las autoridades que al reves. Creo que el aumento de las ultraderechas es alarmante.

Millán Fernández dijo...

Non podo abrir ese archivo...a dirección debe estar mal transcrita ou algo así....

Si, o camiño que a situación está tomando nalgúns lugares é pouco alentador...
Pero pode ser normal que en tempos de agravamento das condicións de vida, de crise, con maiores dificultades,co fenómeno da inmigración que provoca desaxustes e fallos evidentes de integración, maior inseguridade, etc...a intolerancia aumente.

O asunto do endurecemento das penas é un vello debate no seo dos lexisladores, e dos estudosos do dereito. Non está demostrado que un maior endurecemento provoque mellores resultados.

A proba está que en países con pena de morte hai de promedio máis asasinatos que onde non. Onde traficar con droga está penado con cadena perpetua, hai máis tráfico, etc...

Moitas veces a solución ós problemas son de fondo, de traballo pedagóxico, educativo, social, ou dunha combinación de ferramentas...

En todo caso, o asunto de Italia é pavoroso. A corrupción e os fíos condutores coas mafias son un mal endémico de proporcións case inimaxinables. Pero é un mal social. Os partidos políticos son reflexo da sociedade que representan.

Moitas veces a sociedade ten uns valores, unha ética, unha forma de relacionarse, unha costumbre...que se reflexa nos partidos. Outras veces os partidos agravan aínda máis a situación co mal exemplo.

Pero eu penso que os italianos non deberan botarlle a culpa só ós políticos. Teñen os políticos que queren ter. Teñen que mirarse a sí mesmos como sociedade, e curarse...(e esto son xeneralidades...., hai moitísima xente "normal", e con valores e actitudes completamente afastadas de toda esa "imaxe berlusconiana"....)