miércoles, 15 de abril de 2009

Subestimar a Feijóo


De ser así, estariamos ante o maior e máis grave dos erros estratéxicos cometidos pola esquerda galega en tempos. Levando a cabo un exercicio de ensimismamento, autoconvencéndose de que a derrota foi inxusta e culpa do socio, de que Albertiño non posúe dotes de liderado tendo un perfil gris ou de que, cunha maioría tan exigua é relativamente doado recuperala Xunta, só se facilitaría a situación a un PPdeG que é perfectamente capaz de asentarse definitivamente no noso país sendo, desta maneira, colaboradores necesarios. Alguén que foi quen de dárlle a volta a uns comicios en tan só un mes de campaña depredadora, pero efectiva, non debera minusvalorarse. Incluso algúns crerán que o Bruxo de Palas, por sí mesmo, pode salvarnos desta antes ou despois.

O Martes escoitamos o discurso de envestidura do Presidente no Parlamento, e tamén as reaccións. O que queda claro é que avanza unha tibia renovación no seo da dereita (a ver cando concrete) e iso, pódeo facer relativamente atraínte para parte das novas xeracións, cada vez máis desideoloxizadas e afastadas dun compromiso estreito cos ideais. Facendo unha lectura desapaixoada del pode intuírse como avoga, sen ambaxes, por unha nova liña política e como nalgunha parte, incorpora retazos de inspiración poético-obamaniana adaptados á realidade galega. No asunto da lingua patina, pero colará. Non é o Feijóo da campaña. Móstrase conciliador. Non lle caen os aneis por facer loubanzas a insignes intelectuais galeguistas, coma Vicente Risco, Ramón Piñeiro, ou outros. Non dubida un segundo en calificala etapa franquista coma unha longa noite de pedra. Non lle treme o pulso á hora de apropiarse de conceptos e reivindicacións tradicionalmente defendidas dende o outro lado, coma a igualdade de xénero, ou o desenvolvemento sostible.

En principio, a situación de crise xoga no seu favor e xa bota a bola enriba do tellado do Goberno de Madrid, parapetándose sen pudor, e gañando tempo. Anuncia que a condición sine quao non para aprobar un novo Estatuto é que respete a futura sentenza do Tribunal Constitucional sobor do Estatut catalá, o que significa que non temos porque aspirar a dotarnos dalgo menor...Ven para quedarse. Non caian na tentación de subestimalo!.

4 comentarios:

Paco Piniella dijo...

Has dado en el clavo Millán.

Millán Fernández dijo...

Gracias Paco!!

Quizás haya quién no lo vea así, pero me alegra que estés de acuerdo. Normalmente lo estamos.

Salud!!

Anónimo dijo...

Como sempre, dende o meu entender, amosas unha análise e visión moi acertada da situación política da Nosa Terra.¡Oxala! os que moven os fíos do PS de G te leran de maneira cotía, xa que isto, evitaría que cometesen algúns dos erros de frecuentemente cometen.
Os meus parabens por todos os teus comentarios.Son un seguidor asíduo.

Unknown dijo...

Pode que teñas razón e parece outro Feijoo distinto que o da campaña. Pero para min iso non é bon para nada, é hipocresía.
Por outro lado hoxe pola mañan estiven escoitando as reaccións dos outros grupos e gustoume a resposta do PSOE, non coñecía a ese home pero gustoume o que dixo, non asía a forma. Con isto non quero dicir que os metodos de buscar unhos novos dirixentes neste partigo me pareza ben pero nunca antes o escoitara falar.