jueves, 23 de abril de 2009

FAES en Galicia


A fábrica de ideas, e pantasmas, ultraliberais que dirixe Jose María Aznar publicou recentemente un estudo que fixa a súa mirada aquí. No documento pon ó noso país como exemplo onde as políticas públicas son as causantes últimas e directas do baixo desenvolvemento económico que padecemos, e compara a nosa situación (histórica) coa de Madrid, e coa doutras comunidades onde o Partido Popular goberna dende fai moito. Evidentemente, o estudo fíxose cando Feijóo aínda non accedera á Presidencia da Xunta, pero publícase agora para tratar de marcar un rumbo que lle asegure o éxito. Pasa por alto que antes do estrepitoso fracaso do bipartito había vida, e tamén que as recetas que propón para superala agudeza da crise son as grandes derrotadas no plano ideolóxico.

É moi certo eso de que Spain is different: na maioría dos países occidentais, incluso naqueles onde o liberalismo económico foi a columna vertebral da conformación e auxe da construcción nacional, estánse a dar pasos na dirección contraria a estes postulados os cales, por outra parte, están sendo desarmados pola vía dos feitos. Dalgunha maneira comezan a ser conscentes do papel armonizador e redistributivo do Estado, tamén de que as rendas altas deberan aportar en maior medida que as baixas e de que, á fin, o despotismo do mercado libre incontrolado produce efectos adversos, como puidemos comprobar.

En España non. Aznar quixera, entre outras moitas cousas, flexibilizalo mercado laboral ata o extremo do despido libre e algúns, sobre todo os grandes poderes económicos, aplauden e poñen velas á virxe para que o equipo do 96 pase da foto á acción. Ocurre que o contexto daquel e este momento son incomparables. Aznar foi quen de desprestixar, durante a semana, o modelo de vida europeo e o Estado de Benestar, en precampaña electoral, cando EEUU está dando síntomas de virar nesta dirección, e cando parece moi factible que haxa maioría de esquerdas no Parlamento de Bruxelas.

Na miña opinión, máis que unha fábrica de ideas para a adecuación da dereita española ós novos tempos, Aznar preside unha maquinaria de propaganda inquietante. Esperemos que Feijóo se faga autónomo desta liña, porque o que menos necesita agora Galicia é que a dirixan dende FAES.

2 comentarios:

Adrian Fernandez Pascual dijo...

a mi me da que Faes va darnos el coñazo a todos los gallegos/as con sus manifiestos neocons y que va intentar dirgir a feijoo pero con tu bien dices espero que no sea asi

Angus dijo...

O señor Aznar está falto de protagonismo e ainda ten reminiscencias do feudalismo.
E o único da foto das Azores que non recoñeceu os erros, nin pideu disculpas ao pobo español polas suas mentiras.
E un megalómano, soberbio e arrogante, envidioso de Felipe González, a que non lle chega a sola dos zapatos.
Pero estou tranquilo porque non creo que volva, e mais non creo que a maioria de xente, incluso de dereitas lle permitan tornar.