viernes, 20 de marzo de 2009

Pachi non é Patxi


Hai responsables políticos que parecen non querer entendelas mensaxes da cidadanía activa e, ás veces, dámonos conta de que vivimos nunha Democracia a medio construír, que se atopa na preadolescencia constante, con políticos acomodaticios e instalados nunha sorte de burbulla autista. Falta cultura crítica e sobra apego polo poder. Un pensa que o republicanismo é algo que vai máis aló do mero simbolismo: carecemos pois, de suficientes activos que alcen a voz e se rebelen, e sobra sumisión, cálculo e acatamento irreflexivo. A pouca xente que puidera asomalo fuciño logo é apartada ou dada por non-ouvida pois supón un perigo desleal para as forzas do stablishment.

En política os tempos son moi importantes, e os pasos a seguir soen estar marcados pola inercia exercida dende quen dispón da potestas que, como ben souberon discernir os romanos, non leva necesariamente apararellada a auctoritas. Unha cousa é a sabia prudencia, e outra o apodrecemento, a desilusión de antemán e a xordeira xeneralizada. Os medios de comunicación, en ocasións, fan o xogo a estes intereses opacos, e resulta incuestionable a súa influencia no colectivo.

Dende o día seguinte ás eleccións galegas, aquel no que Touriño deu boa mostra de honradez política dimitindo de maneira irrevocable, parece que o PSdeG ten xa un candidato oficioso e prefixado ás vindeiras eleccións, que sairá do Congreso do 25-A. Dise que na Revolución dos Cravos ninguén recibiu un disparo. Non é cuestión de nomes, ou só de caras novas. A experiencia é un grado, e ninguén cabal o nega. Por eso mesmo, a experiencia democrática nos mostra que a maquillaxe, a renovación ficticia, o anquilosamento de ideas, o aillamento e o non ser permeables socialmente é preludio de fracaso electoral inefable.

O liderado dun partido político que aspira a recuperalo poder para cambiala sociedade, e incluso ser maioritario, non pode construírse artificialmente. Ten que emerxer dun debate aberto e sosegado de fondo, e da confrontación de proxectos e visións para o futuro. Semella que, así como se impón a razón de Estado, na nosa partitocracia é tan recorrente a razón de Partido. Temos moito que aprender das vellas Democracias occidentais. Brown non é Blair, Kerry non é Obama, Almunia non é Zapatero. E Pachi non é Patxi.

9 comentarios:

MGL dijo...

Sabes, la politica siempre me había aburrido (bueno, de hecho me sigue aburriendo) pero algo tiene tu blog que me llama la atención...no lo se.... en fin lo leeré completo.


ByE


MGL.

Millán Fernández dijo...

Muchas gracias. Si, puedes leerlo y mejor: participar.

Gracias por tu visita.

Unknown dijo...

Tes moita razón. Parece que non aprendemos, o cambio non se fai dende arriba. Cando Zapatero gañou a Secretaría xeral a Bono comezou a súa victoria. O cambio comeza por non ter todos os días diante de ti á xente de antes, porque así en vez de falarse dos problema do día a día vaise falar soamente das cousas do pasado.

Millán Fernández dijo...

Estou dacordo. Non se pode desbotar a experiencia, pero a cabeza visible para unha nova etapa que ilusione ós militantes e á cidadanía debe saír dun debate de ideas e da aparición de xente que non se identifique coa etapa que nos levou á derrota. Ten que aportar frescura e transmitir que se pode gañar...que chegue coas credenciales dun apoio máis ou menos amplo, pero sobre todo que ilusione...a día de hoxe Pachi Vázquez non pode ilusionar a moitos militantes. Outra cousa é que conveña neste momento, que non haxa outro no Parlamento con posibilidades, etc...Pero el non pode selo futuro, porque é pasado. E non estou en contra del por nada en concreto nin nada persoal, solo porque non o vexo capaz (pura intuición, pódome equivocar) de ilusionar á cidadanía galega dentro de 4 anos.

Angus dijo...

Muy bien dicho, pero por desgracia no todos están a la altura de Emilio, ello me recuerda una canción de Joaquín Sabina "El Muro de Berlín".
Pero el tiempo y la historia ponen a cada uno en su lugar.
Animo y a seguir adelante.

Anónimo dijo...

Dede que te leo (dede o primeiro día), este é o mellor post de todos

Pablo L. Rodríguez dijo...

Noraboa Millan. Moi bon o post. Ahh, son Pablo de XSG. Saúdos.

Millán Fernández dijo...

Gracias compañeiro!!!A ver se nos vemos pronto.

Anónimo dijo...

Depuradas verbas, ignara profecía.