martes, 3 de marzo de 2009

NOVO SOCIALISMO GALEGO


Será improbable que a experiencia bipartita se repita en anos logo do batacazo electoral recibido polos partidos que o integraban. O pobo galego falou alto e claro, e fixo caer un mito que considerabamos inamovible dende o comezo da autonomía, e que tamén se asumía como regra xeral: a mobilización non favorece necesariamente á esquerda. Houbo maior participación que nunca e polo tanto, a victoria popular é incontestable. Os galegos quixeron, novamente, un cambio de rumbo e os derrotados non deberan facer análises equivocadas. Demostrouse, como algúns alertaban, que a campaña estivo mal plantexada e peor desenvolvida dende as forzas de goberno, e foi sucia (pero intelixente) a do PPdeG.

As mensaxes repetidas, en forma de mentiras e medias verdades, calaron fondo nunha opinión pública receptiva e sensibilizada co momento económico. Así emerxe o cambio profundo nas sociedades, e a “revolución conservadora”. Paseniño, pero con todo de cara para asentarse no medio prazo.

O socialismo galego queda tocado porque defraudou, pero ten a capacidade para reinventarse se traballa arreo, e posibilidades de recuperala Xunta nun horizonte próximo. Só ten que ser honesto e fiel ós seus ideais, avaliar as deficiencias e disfuncións, e correxilo rumbo actual. Debera mostrarse cercano, comunicarse máis e mellor reverdecendo as súas bases, formalas, trasladala mensaxe incidindo no que é forte, e penso que ser moito máis autónomo respecto do PSOE. Ten que anticiparse ás demandas sociais e ver que o panorama se está reposicionando se non quere levar outro revés nas eleccións municipais, especialmente en áreas urbanas. Recuperar efectivamente o galeguismo como seña de identidade propia, facelo visible, e redobrar o compromiso co país para entendelo mellor en toda a súa extensión e pluralidade é unha tarefa crucial para a súa supervivencia, e unha oportunidade para medrar en apoios.

Se a esto se lle suma ser o referente da esquerda sociolóxica, dos traballadores, e de amplas capas de poboación en situación desfavorable, o mesmo estado da economía global pode ser a táboa na que apoiarse para volver. O BNG da viaxe ó centro podería estar tentado de camiñar ás orixes, e aí abriríase unha porta para que o socialismo galego consolidase un novo caladoiro.

11 comentarios:

Anónimo dijo...

Millán,fas, como sempre, unha análise certeira da situación e das algunhas claves para a rexeneración do partido. Pero para levar estas últimas ao campo do pragmatismo, nos dexo dentro do cadro de dirixentes actuais persoas coa capacidade e autoridade e lexitimidade suficiente para levalas adiante. Porque non debemos esquecer que eles son os principais culpables do fiasco electoral. Touriño non foi o único responsable dos erros, incluso os do expresidente estiveron avalados pola cúpula. Tería que xurdir un movemento interno tipo "Zapatero", pero este de darse, seguramente, se vería entorpecido por la clase dirixente actual que non van querer perder os privilexios do seu status. Na súa grande maioría son tan só profesionais (funcionarios) da política, pero non son políticos con maiúsculas.
Esperemos que as bases, esquecidas polos dirixente, reaccionen, e coa súa participación activa eviten o proceso de desgaste vivido fai anos no PSOE a nivel estatal ata a chegada de Zapatero.
Por outra banda, faría falta que as Xuventudes xogaran un papel potente para tratar de que o cambio/relevo necesario se realizara a corto prazo.
Ábrese un proceso moi importante e interesante, pero a pasividade de algúns e a loita pola supervivencia dos dirixentes actuais van dificultar moito unha solución axil. E de non darse este proceso de renovación de persoas e da práctica política a travesía no deserto autonomico será longa e pode que propicie futuros fracasos electorais nos concellos e deputación provinciais galegas.
Animo e continúa coa túa teima de galeguizar o partido, de conseguilo estaríamos máis preto do éxito.

Efraím Díaz dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Efraím Díaz dijo...

Creo que es bueno respetar como bien haces, los resultados de la elecciones del pasado domingo.

Creo que las elecciones más que ganarlas el PP por gran campaña, las han perdido el PSOE y el BNG. Bajo mi punto de vista ha sido el BNG el que ha tirado más para atras del PSOE y del gobierno en funciones de la Xunta. Personalmente me parece que la crisis no ha tenido tanto que ver en estas elecciones. También creo que muchos de los gallegos se han movilizado e incluso cambiado su voto del PSOE al PP para castigar al gobierno de la Xunta con tantas acciones controvertidas en estos ultimos 4 años.

No soy analista político, es más me parece muy dificil analizar unos resultados electorales y más en la forma simple que hacen estos dias todos los medios de comunicación. No creo tampoco que una sola cosa haya dado lugar a este resultado, pero lo que ha quedado claro es que el pueblo gallego ha querido un cambio...

Se debe respetar también al votante que vota una vez PSOE y otra PP ya que por ser fiel siempre a un partido el voto no tiene más honor, credibilidad y respeto.

Un saludo.

Millan Fernandez dijo...

A Efraim: gracias por participar. Estamos bastante dacordo. Borrei o primeiro comentario porque era practicamente igual que o publicado.

Non é doado analizar uns resultados porque hai moitos factores que interveñen e hai que estudiar moi ben as porcentaxes, os trasvases, interpretar o apoio a outras formacións, o voto en branco, etc...O que sí se pode decir é que o PP subiu 2 puntos porcentuais en apoio popular e o PSdeG e o BNG baixaron máis cada un deles.

Eso ben a dicir, simplificando e xa que a participacion aumentou, que perdeu o bipartito, máis que gañar o PP.

A campaña, por parte do PP, foi sucia, empregando malas artes (pero esto funciona en política). Empregaron medias verdades e mentiras, e empregaron a publicidade negativa, emulando a Karl Rove en EEUU (o estratega de campaña que aupou a Bush á Casa Branca, e se serviu do 11-S para poñer ó 90% da pobación en favor de intervir en Afganistan e Irak). Pero a victoria é lexítima e o fallo é dos contrincantes por non contrarrestar convenientemente esa desinformación e intoxicación. Supoño que se acordarían tarde, e imaxino que dudarían en facelo, porque á esquerda non lle vale con vencer, senon que quere convencer, e presupónselle ética...

Por eso mesmo mercar un coche blindado está peor visto nun político de esquerdas ca de dereitas, e se nos damos conta eso non é tan grave, nin supón ningunha catástrofe para a economía galega...Pero soltaron que costaba máis que o de Obama e a xente quixo crelo...(cando non se sabe o que costa o de Obama...).

Independientemente desto, non hai excusas para perder, e os problemas son de máis fondo calado. A percepción de que o bipartito non funcionaba coordinadamente tamén callou, e os desmáns do BNG tiveron efecto. Como proxecto para o país eu defendo o bipartito, pero na súa aplicación demostrouse un fracaso.

Unha parte non tiña experiencia de goberno e desconcertaron ata os seus propios votantes facendo política propia do fraguismo. Como di un profesor meu: os do PP son caciques de verdade, os do BNG uns aprendices...

A campaña do PSdeG baseabase na imaxe dun lider que non é lider, aínda que tiña moitas outras cualidades e demostrounas dimitindo (honradez...) e apostaba por comunicarlle ó votante que era O PRESIDENTE cando se poñía a disposición deles para decidir si o tiña que ser ou non.

Foi un erro, aínda que si saira ben, non estariamos falando nestes términos...(recoñezo que agora resulta fácil e oportunista falar)

E por outra parte, claro que está ben que a xente decida. Nunca se equivoca, aínda que dende outras formacións soeselle botar a culpa á xente de elexir mal, non elexindoos a eles...

A Anónimo: gracias, e dacordo ó 110%

Millan Fernandez dijo...

...con algún matiz... Dentro dos actuais dirixentes hai xente que pode levar ó partido a unha victoria mesmo en 2013. Perfectamente. As etapas téñen que ir rematando pouco a pouco.

Millan Fernandez dijo...

...e outra cousa, a "teima" de galeguizalo partido non é cousa miña só. Hai moita xente (votantes sobre todo)que pensa nelo, outros serán reticentes...Dende logo, formalmente é un partido galeguista, pero eso non se visibiliza, e en moitos sectores d aclase dirixente non hai esa "conciencia de país", como pode haber no socialismo vasquista (antes de Patxi había vida, pero el soubo armonizar...), ou no catalanismo do PSC.

Penso que hai marxe suficiente para incidir aí, e ser a referencia de Galicia. Ahora mesmo (salvo os 3 anos e medio do bipartito) a referencia, incluso do galeguismo, foina o PP e córrese o risco de que así siga sendo...En Catalunya, o PSC ten tanta base social e é referencia do catalanismo tanto como poida selo CIU(que é nacionalista).

Aquí, cun BNG que non aspira polo momento a ser un nacionalismo integrador, moderado, pragmático senón que cae na endogamia (vaia nación de 12 escanos...)ábreselle a porta a un PSdeG que podería incorporar elementos dunha posible escisión no seo do BNG (non debemos confundir tampouco BNG con nacionalismo..).

E de non producirse esta, seducir a amplas capas de votantes para que se incorporen ó proxecto socialista. Eu vexoo como unha oportunidade, sen caer no nacionalismo. Por suposto, non somos nacionalistas...(de ningún tipo)

Anónimo dijo...

Hola Millán! Con respecto a túa afirmación de que entre os dirixentes actuais do PSdeG existen persoas capaces de liberar o proxecto rexenerador que nestes intres se precisa, permíteme dicirche que non dúbido da súa existencia, pero o que eu penso é que até o de agora estiveron moi calados e o que non poden negar e que este feito os fai complice do actual estado de cousas. Moi ben teñen que explicar as bases do partido e, o que é máis importante aínda, a sociedade galega, este feito. Isto non o teñen doado. Por iso eu me referia ao período da marcha de Felipe González.
Por outra banda, no tocante a "teima" túa en galeguizar o Partido, este termo empregueino nun sentido nada pexorativo, todo o contrario, eu tamén penso igual ca ti. A potenciación,cando menos, dunha corrente galeguista daría moi bos réditos ao PSdeG, aumentaría a súa base social e deixaria a BNG cos sectores máis retrogados dos nacionalisto intransixente e o que busca constantemente a contradición entre Estado e Galicia. Agora ábrese unha nova oportunidade, esperemos que a saiban aproveitar.
Por todo isto, repito a túa posición é, ademais de moi respectable, especialmente importante neste momento. Espero que os que pensamos coma tí teñamos a forza para pelexar contra os sectores "nacionalista españois" que tamén no PSdeG existen e que neste asunto non se diferencian en nada dos sectores españolistas do PP.

Millan Fernandez dijo...

Estamos dacordo. E non, non mo tomaba coma algo pexorativo...só quería dicir que non era un arrebato meu, senón que aínda que caladiños, algún se atopará aí. E o que conta son eses, os demáis somos militantes de base...se terán en conta ou non este aspecto, saberase nun futuro...

José María (Chema) Buzarra Cano dijo...

Buenos días:

Con todo el respeto poco puedo aportar ya que soy riojano y en todo caso he seguido y por necesidades del PSOE participado en las elecciones de nuestros compañeros los vascos y especialmente de los alaveses. No así en las de Galicia. estais muy lejos geográficamente hablando.

Desde aquí, La Rioja,lo que nos llega es que el candidato no ha sabido estar a la altura, que a lo largo de los cuatro años el programa con el que se presentaron los socialistas gallegos ha sido difuminado...y que es tierra, con todos los respetos el PP tiene un feudo y no de ahora. ¿Qué hacer? Vosotros teneis la palabra. En La Rioja tenemos a un secretario general majete que se ha presentado en dos ocasiones a las elecciones autonómicas y las dos las ha perdido y para el Pepiño en nuestro congreso de el pasado verano no pasaba nada.

La afiliación con independencia de cuestiones "identitarias" y no se si realmente en vuestro caso el denominado "gallegismo" os puede francamente dar el empujón electoral suficiente para obtener las mayorías tiene que ser más activa y exigente con sus líderes. En nuestro caso, La Rioja, pienso que el 30% de la multiforme bolsa abstencionista hay que trabajarla. Pero eso es caro y hay que tener líderes en estos segmentos tan complejos. Y,así por ejemplo, ya me gustaría saber qué votan aquellos jóvenes que se mueven entre el título de bachiller y universitario cuando estos son laboralmente precarios. Colectivo este también muy dificil de politizar.

Como veis dudas, preguntas en un mundo en el que la crísis del sistema CAPITALISTA también nos tiene que hacer recentrarnos y ello no pasa necesariamente por renovaciones generacionales, ni por cuestiones identitarias de boina, sino por creer en el socialismo y no el el "progresismo".

Por cierto, los que se fueron de cacería los señores Bermejo/Garzón han fastidiado más de lo que nos pensamos en vuestras elecccones.

Un abrazo y pido disculpas por meterme en un debate, en principio en el que siente un osado.

Millan Fernandez dijo...

No tienes que pedir disculpas Chema. Gracias por participar en este debate.

En Galicia, como en Catalunya o Euskadi, donde además del eje izquierda-derecha tenemos otro cleavage a mayores, que tiene que ver con la cuestion identitaria y de la que nadie se puede abstraer porque es intrínsica al juego político de la comunidad, a su historia y su desarrollo....los partidos han de posicionarse teniendo encuenta esos dos ejes: el ideológico y el identitario.

Tu apuesta es que en el eje izquierda-derecha (y debido a la coyuntura actual) el PSdeG se sitúe más a la izquierda. Y estamos de acuerdo, yo también lo pienso así.Hasta ahora había estado en tierra de nadie en ambos campos. y si no te diferencias, no te compran...

Pero en el otro eje se debe buscar un posicionamiento para diferenciarse y para llegar a más capas de población. Lo que ocurre es que en Galicia, gran parte del "galleguismo" se encuentra dentro del PPdeG de centro (incluso hay gente que está en el borde de la autodeterminación), pero sin embargo, vista la deriva de sus dirigentes hacia el españolismo (apoyo de Galicia Bilingüe,futura derogación del decreto del gallego, etc...)se abre la posibilidad para que gente que apoya al PP más por esa cuestión que por la ideológica (donde también se ha escorado a la derecha en los últimos años, siguiendo la línea del PP de Madrid)acabe apoyando al PSdeG.

Pero además, tenemos la oportunidad de buscar apoyos dentro de la eventual crisis que podría vivir el nacionalismo organizado...

Se abre una etapa en la que el PSdeG, si aprovecha bien sus bazas y hace las cosas bien, podría volver a la Xunta pronto.

Y cuando digo que se debería plantear la posibilidad de buscar una relación menos dependiente de Ferraz me estoy referiendo a tener más capacidad efectiva para diseñar las campañas, los mensajes, etc...y que no haya conflictos que lleven a contradicciones y a confusión en el electorado....me estoy refiriendo a la posibilidad de tener una relación semejante a la que tiene el PSC con el resto de la federación. Una federación que actual nominalmente como tal, pero efectivamente sólo en el caso catalán.

Gracias.

Millan Fernandez dijo...

intrínseca!!