O mércores 15 foi a Asamblea Nacional Constituínte do Movemento Estudantil Universitario na aula 2 da Facultade de Medicina ante mais de 100 persoas. Organización plural, aberta e de vocación integradora e maioritaria. Pulará pola defensa dunha universidade pública, única, galega, internacional, cogobernada e corresponsable. Algunhas destas propostas son certamente revolucionarias e innovadoras dentro do estudantado organizado.
Pode supor tamén o nacemento dunha experiencia organizativa verdadeiramente transversal e independente das consignas partidarias.
Foi elexido Anxo Teixeiro como Voceiro Nacional. No acto de peche interviron Sergio Folgueira, novo responsable de Organización, o propio Anxo Teixeiro, Xoán Bascuas (membro da Executiva Nacional do BNG), a concelleira de educación de Santiago de Compostela Mercedes Rosón (PSdeG), diversos colectivos e eu mesmo como novo Responsable Nacional de Ideas. A Executiva Nacional estará formada por 7 membros (na foto saen 6)
Páxina web: movemento.eu (con informacións, documentos, etc...)
(repaso histórico)-http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-aulas/gh/caf-gran-escola-politicos-esquerda/idEdicion-2010-10-13/idNoticia-599642/
A miña intervención na clausura: http://www.scribd.com/doc/45296719/Intervencion-Asamblea-Nacional-Constituinte-MEU
2 comentarios:
Hay muchas asociaciones de estudiantes nuevas en la Universidad, ¿qué está pasando?
Imaxino que é reflexo de que a Universidade, como a sociedade en xeral (e a galega coas súas especificidades), está vivindo momentos de reposicionamentos ideolóxicos, de novas formas de organizarse, etc...
Publicar un comentario