miércoles, 9 de junio de 2010

Democracia esnaquizada


“Debemos restaurar el verdadero sentido de la democracia y sus límites”. A sentenza, ademáis de arrepiante pola súa frialdade sincera, ten pai: pertence ao gran estadista José María Aznar. Aquel dirixente filorepublicano (norteamericano, por suposto) ecuánime e moderado (aínda hoxe o máis influínte no seo dos conservadores españois) que foi da man de Bush na brutal e ruinosa tarefa de asasinar miles de seres humanos en Afganistán e Irak coa consecuencia de condenar a millóns deles, en todo o planeta, a padecer a maior crise económica dende 1929 e o retorno desvergonzado do metarrelato fascista, ultranacionalista e ultracatólico. Fixéronnos esquencer todo esto. A responsabilidade do que está acontecendo no mundo enteiro, como é ben sabido, recae en Zapatero exclusivamente (sen absolvelo das súas propias).

Recordo estar presente nunha conferencia do profesor Xosé Manuel Beiras nos infaustos días nos que se anunciou a invasión do Iraq, na Facultade de Ciencias Económicas da USC, onde sostiña que a decisión, ademáis de perseguir outros obxectivos, tamén formaba parte dunha estratexia para debilitar ao Euro e a Europa como ente político, no medio prazo...Sóavos de algo?

Das palabras do ex-presidente Aznar despréndese algo máis que desconfianza no sistema democrático: un tufillo amargo, perigoso, obsceno. E Rajoy xa lle mercou a directriz: entre outras lindezas, inmediatamente anunciou a iniciativa de impedir por Lei as precampañas electorais. O seguinte será recortar nas eleccións, directamente, pois representan un gasto innecesario que non nos podemos permitir. E, ademáis, para que serven? Algo de razón teñen...

Como dí a economista romana Loretta Napoleoni: “a guerra de Iraq é o noso Vietnam financieiro. Bush e Alan Greenspan fixeron o que Bin Laden quería: despois do 11-S recórtanse os tipos de interese do 6 ao 1,5%. Algo que nunca acontecera. Clima de terror a un lado, foi o que motivou á xente a endeudarse e aos Estados a comprar crédito de xeito desmesurado, sen poder afrontalo”. O goberno despótico da banca xogando coas democracias coma quen xoga ao tute, coa connivencia de políticos-títeres.

Teño falado nestas liñas da revolución conservadora e da desocialización e precarización en camiño pero recoñezo que, infelizmente, pode que me quedara curto ante a magnitude do que se aveciña. Aínda que o pesimismo nunca construiu nin resolveu nada. Pero dáse o paradoxo de que os gobernos de esquerda vense forzados a implementar medidas drásticas, impopulares e antipopulares para que, cando a dereita regrese, teña o traballo feito. Que parvos! E non aprendemos! Cantos gobernos socialistas quedan en Europa?

O filósofo brasileiro Michael Löwy mostrábase mais confiado nas liñas do Xornal fai uns meses: “Temos tempo. Entre a crise de 1929 e a Fronte Popular pasaron sete anos”. Xa choveu. Daquela había ilusións e críase nelas. Pero acabou como acabou. Parece telo claro o economista e científico social marxista, brasileiro tamén (atentos aos pensadores curmáns do Brasil), Theodonio Dos Santos: “Desta crise China vai saír reforzada como potencia mundial. Nestes momentos ofrece liquidez e solvencia, e estáse aproveitando da situación para fortalecerse no sistema financieiro internacional, e a nivel xeopolítico de xeito determinante”.

Os europeos xa cumprimos boa parte da nosa función histórica, nesta fase de incontrolada acumulación capitalista, para os centros do verdadeiro poder. Custará asumilo pero como as clases populares non se organicen e loiten parece inevitable ter que rebaixar as lexítimas expectativas de crecemento e benestar, ou os dereitos acadados (e que parecían consolidados) ao longo do século pasado. Porque o mundo está virando hacia Oriente. Pero non preocupa que vire. Preocupa que a democracia acabe sendo a gran damnificada. E preocupa que haxa forzas moi poderosas, que actúan ao marxe do control dos cidadáns, ás que non lles importa evitalo porque xa teñen os ollos postos noutros lugares. Forzas e cómplices, con nomes e apelidos, que practican a violencia sistémica de xeito sistemático e que poñen en risco a liberdade e a democracia. Co noso asentimento.

E para acompañar, Bob Marley-Redemption song: http://www.youtube.com/watch?v=MJHgMD1S0bg

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Hola Millán! Entrei por primeira vez no teu blog. É moi interesante para os que nos gusta a política con maisculas. Os teus artigos son moi bos e pedagóxicos.
Adiante.

Millán Fernández dijo...

Moitas grazas.

Anónimo dijo...

Seguro que te va muy bien con tanto cuento chaval.

Pero no te acostumbres, que pronto se os va a acabar el agosto.

Millán Fernández dijo...

Gracias amigo. Deséxoche que a ti che vaia igual de ben e, a poder ser, mellor. Seguro que che vai mellor ca min, que eu ando á esmola.

Ao mellor tedes que esperar aínda 6 aniños para que comece o voso Agosto, nunca se sabe.

Anónimo dijo...

Millán, non fagas caso aos iñorantes do PP. Chámanlle conto a todo o que non entenden ou non lles convén entender. Eles tan só entenden as consignas e eslogáns de FAES.
Con respecto ao "agosto" que "pensa o ladrón que todos son da súa condición". Repito, nin caso.