Nos últimos tempos asistimos a un clima social e político cada vez mais enrarecido e que se proxecta directamente nun estado de opinión instalado na depresión e o descontento. Se a esto lle engadimos o interese dunha maioría de medios de comunicación servís e obsesionados coa hipérbole permanente e o amarillismo mais rancio, irresponsable e afastado do racional e o pedagóxico resulta un cóctel ben interesante. Quizáis a berlusconización e a belenestebanización sexan algo máis que un arrefriado que chegou para trocar en crónico.
Hai que comenzar a chamar ás cousas polo seu nome e fuxir da influenza do politicamente correcto e do mantra pernicioso que repite, no nome dunha concordia amnésica, inercias que nos están empurrando a situacións kafkianas e vergoñentas. Facendo un símil futbolístico: necesítase un revulsivo. Un novo lustre e unha nova ilusión que deixe atrás os claros síntomas de esgotamento.
Por mor da nai de tódalas crises, e das súas consecuencias (unhas coñecidas e outras agochadas que emerxen) o cidadán medio desconfía das institucións democráticas a paso de xigante. Percibe, dando mostra dun olfato canino, unha crise redobrada: a económica, a institucional, a de valores, a privatización duns partidos tradicionais que dan acubillo a toda clase de seres (carrachas) que se sirven do Estado (de todos) para lograr os seus obxectivos mais inmediatos e inconfesables, as ansias incontroladas de poder do partido da oposición, etc...
Aclarando que, ao meu entender, a grande maioría dos profesionais da política son honrados e honestos penso que a dexeneración democrática faise evidente, e parece non ter fin. Pero a culpa non é so desa minoría de aprobeitados sen escrúpulos. É tamén dos incomparecentes e dos que, por omisión, deixan/amos facer. Non é cuestión de que baixe do poder un partido para que suba outro. É algo estrutural e sistémico. Tamén de cultura política. Semella o paso dunha cuasi-democracia partitocrática a unha cleptocracia declarada. Xa non é só a democracia incompleta da que fala o meu admirado Vicenç Navarro. Pero na orixe está o pecado.
Sexamos claros: a finais do 2006 vinte grandes familias eran propietarias do 20,14% do capital das empresas do Ibex-35 e unha pequena elite de 1400 persoas, o 0,0035% da poboación española, controlaba recursos equivalentes ó 80,5% do PIB. Estas familias, na súa maioría, non son outras que grandes magnates da ditadura que son agora admirables monstruos das finanzas na democracia. O que se deriva desta situación de control de recursos, información, etc...parece claro. E pregúntome: nisto consistiu tamén a ruptura pactada!?
Nas manifestacións en apoio ó xuíz Garzón da semana pasada proliferaban as bandeiras tricolor, a lexítima e constitucional bandeira republicana. E claro, non faltou quen vira niso unha provocación e un risco para o putrefacto status quo, equiparándoa á bandeira do aguilucho.
Pois non, non son equiparables. Unha representa valores democráticos e de igualdade e fraternidade, de xustiza verdadeira, de laicismo, de corresponsabilidade, control e separación de poderes efectiva, de respecto pola pluralidade enriquecedora das nacións españolas, de memoria non-vingativa, de transparencia e participación, de compromiso cívico e polo colectivo...e a outra todo o contrario. Xa que logo, non é cuestión de farrapos ou cores: é cuestión de calidade democrática. Da nosa liberdade.
4 comentarios:
Más que de un mero cambio de forma de Estado que suponga practicamente quitar a un Rey y poner un Presidente, una hipotética tercera República cobraría todo el sentido planteada como una verdadera regeneración democrática, tocando entonces varios aspectos del sistema político.
Querido Millán, quedome sobor de todo co símil futbolístico.
De tódalas entradas que levo visto sempre teño na memoria unha do 20 de Marzal de 2009, cicais foi a primeira que leín neste blogue.
Se segues a pensar o mesmo, gustaríame cambiar impresións de forma maís persoal, se he correcto o correo do teu perfil confirmao e pondreime en contacto contigo.
Saudos.
Miguel:
Estou totalmente dacordo. o problema é poñerse dacordo neses temas que habería que tocar. Namentras a dereita española non se homologue á europea será moi difícil. Pero non lle interesa homologarse porque dá rédito electoral. Graciñas.
Angus:
O meu correo é ese si. de tódolos xeitos ando polo Facebook tamén. pódeste poñer en contacto conmigo por esa vía. Un saúdo e gracias.
la monarquia es una "cosa" del siglo 18 y estamos en el 2010.
salud y republica
Publicar un comentario