Morgan foi unha das primeiras persoas que coñecín ó chegar a Compostela. Penso que o primeiro. Coñecino por medio dos meus amigos Pibe e Rubén. Xa me caeu ben naquel mesmo día. E xa me sorprendeu coa súa voz, e a súa retranca. E xa me alcumou "O Picapleitos"...
Temos compartido grandes momentos de música e bo xantar todos xuntos (Alfonso, Susana, Isa, María, Nano, Reixa e outros amigos del e nosos tamén, descoñecidos que comparten...) na súa taberna da Algalia de Abaixo, "O Xa Chegou", o "Morgan". El e a xente do seu entorno conseguiron que me afeccionase máis aínda á música popular galega, e aprendín a escoitalos con admiración. A música era a súa vida e estaba cheo de orgullo polo que facía con tanta dignidade. Alí e noutros lugares da cidade (da aldea!!) tivemos a sorte de escoitalo e aprender xunto con outros moitos grandes artistas interpretando música ao vivo. Mellor que no mais caro e concorrido dos concertos. Entre cervexa e cervexa, entre caramuxos e conversas...
Pero debido á enfermidade que padecía deixounos recentemente, e deixou orfa á zona vella compostelana. Unha gran persoa. Miren senón como el e os seus compañeiros do Orfeón Treixadura saben transmitir os sons do noso país.
O meu agradecemento por ter a oportunidade de coñecerte. Moitos lembraremoste sempre. Sempre dicías: gracias por marchar! Pois eu non digo o mesmo.
4 comentarios:
Dios milli que peniña... un gran texto que ainda me fai sentir mais a pena polo ocorrido
Acordaremonos sempre del
Es encomiable recordar a aquellos que dejaron huella.
Seguro que allá donde esté se alegrará de que alguien le haya rendido un pequeño homenaje.
Este es un detalle de buena persona, lo digo con sinceridad.
Saudos.
Gracias Angus. El si era boa xente, por eso merece todolos homenaxes que lle fixeron e se lle farán...
Susana, seguro que nos acordamos todos del, e mais o farán os seus compañeiros artistas. temos todos con el unha "butelada" pendiente ;)
Con estas cousas un dase conta porque Compostela e a súa xente enganchan tanto. Cidade de paso, onde todos antes ou despois se van ou nos vamos, pero a onde sempre hai que volver...El foise, e xa non será igual.
Publicar un comentario