miércoles, 9 de septiembre de 2009

Respectar o puño


Pode parecer un debate insubstancial e o máis cómodo é abstraerse del pero, unha vez aberto, pasa de ser estéril a transcendente. Cando se ofende, se minte conscentemente e se atacan símbolos alguén debería defendelos e centrar as cousas.

O fin de semana pasado os socialistas celebraron a tradicional festa mineira na localidade de Rodiezmo (León), onde se congregaron miles de militantes e simpatizantes das organizacións UGT e PSOE. Como é habitual, ó rematar o acto entónase A Internacional e algún dirixente, e demáis asistentes, levantan o puño esquerdo. É un xesto propio das organizacións vencelladas ó movemento obreiro. O puño e a rosa son símbolos que representan máis de dous séculos de loita polos dereitos dos traballadores, pola liberdade, a solidaridade, a igualdade e a democracia. Hai que dicir pois, que as declaracións de Rajoy e Esperanza Aguirre sobre este feito ademáis de desafortunadas e desproporcionadas, son unha clara provocación xa que é incerto que sexa un xesto anquilosado, nin exclusivamente empregado na perversión totalitaria das ideoloxías.

Tampouco é comparable co saúdo romano, fascista. Un representa a opresión e o outro a resistencia fronte a opresión, e quen alí se atopaba facíao en calidade de militante do Partido Socialista Obrero Español, non na de Ministro dun Goberno. Era xa que logo, un acto privado e de partido. Por qué tanto interese en inmiscuírse nun acto que lles é alleo? É simplemente unha provocación, unha maniobra de distracción, ou unha estratexia premeditada de deslexitimación?

Mentras centos de miles de españois combatían, tan só co puño erguido nas manifestacións, o réxime de Franco, Rajoy nin se pronunciaba nin se comprometía coa democracia.

Este PP desacomplexado actúa de maneira irresponsable e comete un erro grave porque, por un lado, acusa ó Goberno de guerracivilismo e automáticamente introduce no debate mediático asuntos sensibles. Ademáis: quén lle prohibe instaurar nos actos populares a convención de extender o brazo? Entón porque equipara ambos saúdos? A dereita española leva tempo removendo nestes asuntos con especial vehemencia. Non só atacan símbolos senón que tratan de apropiarse de conceptos que sempre rexeitaron para a continuación, obrar na liña inversa.

Galicia esta sendo unha boa mesa experimental para a FAES e este neofranquismo ultraliberal no económico, e ultraconservador no social e no respecto pola pluralidade. Non hai máis que escoitar expresións, e logo contrastar cos feitos en materias como: gratuidade solidaria, bilingüismo harmónico ou galeguismo cordial.

6 comentarios:

Angus dijo...

Xa sabemos como e a dereita.
Está claro que a sua estratexia e contrarrestar os recordos que a Lei da Memoria Histórica está traendo a actualidade.
E tamén son maniobras de distracción para ocultar a meirande corrupción que ha habido nun partido politico nesta democracia.
Hoxe o estado de dereito permitelles o que seus antecesores prohibiron, pero a xenerosidade da esquerda non implica que sexamos parvos, no 36 había moito analfabeto e moitos señoritos, hoxe en día somos mais cultos e a diferencia de clases ainda que sigue existindo non e como a de entón,e dende a razón e a xustiza combatiremos os atropelos que nos fagan.

FORZA E HONRA.

ATE A VITORIA SEMPRE.

Adrian fernandez pascual dijo...

en mi opinion lo del pp no tiene nombre ni apellidos la oposicion que esta haciendo a nivel estatal y luego lo de galicia cada vez me parece que vamos de guatemala a guatepeor, y decirte que el pp se pasa la ley de la memoria historica por el forro ya que este partido fue fundado por ex ministros franquistas

Millán Fernández dijo...

Os FAEScistas recorren a estas maniobras porque o que se pasan polo forro e polo arco do trunfo son os séculos de loita pola dignidade dos traballadores, pola dignidade cívica, polos dereitos das mulleres, pola igualdade de raza....pola liberdade fronte a opresión.

O puño en alto non representa máis ca eso. Non é máis que un xesto de unión e rebeldía fronte a inxustiza ala onde se atope.

Levantárono no seu día os deportistas olimpicos afroamericanos namentras o racismo era un feito tan perverso coma cruel e inxusto, levantárono as mulleres na procura do dereito ó voto, levantouno o pobo de Madrid no ano 39 ante o avance das tropas franquistas, as Brigadas Internacionais, tamén millóns de persoas en moitos lugares do planeta....

E levántano e seguiráno levantando todos aqueles que cren nun mundo mellor e máis xusto.

Anónimo dijo...

Pois a min sorprendeme que esta xente faga esto. Se, como dis, e un xesto propio das organizacions vencelladas o movemento obreiro. Na dicotomia obreiro-empresario, non se caracterizou o PSOE na lexislatura e pico que leva gobernando por defender os traballadores. Mais ben polo seguidismo da politica neoliberal de Aznar. As que sairon claramente beneficiadas son as rendas do capital en decrimento das rendas o traballo.
“Bajar los impuestos es de izquierdas”[sic]
(sera por eso que el non levanta o puño)

Millán Fernández dijo...

Bueno, é curiso: Para o PP pouco menos que a política de Zapatero foi radical e de ultraesquerda (cantas veces oímos eso?), para outros agora foi seguidista de Aznar. Aí hai algo que non cadra, e eu penso que cambian bastante as políticas.

Agora Zapatero tivo que afrontar unha gravísima crise internacional sumada ó rebente da burbulla inmobiliaria aquí, pero esto son outros temas... (aínda que a coxuntura poida explicar as decisións actuais neste eido)

Si subir as pensións, as becas, o SMI, etc...da maneira na que se fixo nestes últimos 5-6 anos é neoliberalismo, entonces vemos realidades distintas. Non sei que concepto hai hoxe en día dos traballadores pero dende logo, á maioría deles, ás clases baixas e medias, benefícialles máis un goberno de esquerdas ca de dereitas (outra cousa é que voten en contra deses intereses, e voten por razón de identificación, ou por outros motivos...)

Actualmente falar de traballadores non é o mesmo que falalo fai 60 anos. O PSOE e demáis partidos e formacións da esquerda (UGT, PCE, CCOO...) pelexaron dende o seu nacemento pola dignidade dos traballadores e dos máis débiles e grazas a esa loita hoxe en día hai dereitos consolidados, e mesmo consagrados, etc...habendo moito aínda polo que pelexar...

O papel destas formacións hoxe é tanto estar vixilantes ante os posibles retrocesos, como pelexar por avanzar.

Baixar ou subir impostos non é de dereitas nin de esquerdas. Hai moito matiz de por medio.

O que é obvio é que o PSOE é un partido institucionalizado, e integrado no sistema. Hai tempo que abandonou os plantexamentos revolucionarios e marxistas e, polo tanto, tampouco se pretende desmontar o sistema, senón correxilo e melloralo, para construír o Socialismo do SXXI.

Esto xenera inevitablemente contradiccións.

Anónimo dijo...

Escribinche un comentario antes todo contento porque xa podo entrar no teu blog, xa sei como escapar da censura para acceder a blogspot, agora so me falta poder entrar en facebook e youtube. Podo darche algo de guerra aquí, pero polo que se ve non dou escapado de todo da da censura (a conexión e moi limitada) por que as veces escribo e non recibes as mensaxes. (o anterior, de todas formas e meu, as veces si me vai).

Eu non sei o que di o PP, a min agora interesame mais o que fai e non fai o meu goberno. E algunhas desas cousas non me gustan.
Se ben e certo que Zapatero se atopou cunha crise internacional, tamen o e que os 3 primeiros anos se atopou coa etapa de bonanza do ciclo economico, na que non tivo nada que ver, para o bo e para o malo. O que si puido facer, tendo en conta que foi unha das etapas da Historia de España onde os beneficios empresariais creceron de forma mais considerable foi repartir ese crecemento de forma mais equitativa xa que as rendas do traballo non seguiron a mesma direccion, provocando, de facto un modelo regresivo mais que progresivo.
Potenciaronse figuras fiscais como as SICAV que permiten a algunhos dos mais ricos tributar coma se estiveran en Monaco e non se puxeron as medidas oportunas para que a burbulla seguise subindo.

Podes estar seguro que ningun traballador vota en contra dos seus intereses (se cadra estan pensando, mamainha, que me quede como estou), do mesmo xeito que os parados votan a quen lle parece (menos mal para o PSOE!).