O mércores puidemos ver como o PSdeG, por boca do seu Secretario Xeral, tratou de reintroducir na prioridade da axenda e do debate político a necesidade de reformar o Estatuto de Autonomía para adaptalo ós novos tempos. Esta declaración de intencións faise coincidir coa tradicional celebración do Día Nacional de Galicia a rebufo da controvertida e opaca negociación do novo sistema de financiación autonómica, xunto coa plena actualidade destes asuntos ó respecto dos acordos en materia de infraestructura ferroviaria.
Ata o momento producíronse dúas reaccións a este chamamento, por parte de PPdeG e BNG. Ámbalas dúas eran previsibles debido á coxuntura interna dos partidos, e debuxan a posición que tomarán sobor deste tema nun principio, co inicio do curso político e da actividade parlamentaria, o que fará demasiado improbable un acordo no curto prazo. Falta altura de miras.
Por parte do goberno de Feijóo trasládase o que ven sendo unha constante dende que chegou ó poder: omisión e inhibición absoluta. Nin unha soa palabra. Probablemente porque non cren na necesidade de que Galicia se dote dunha ferramenta actualizada nin puxe por aumentar a súa cota de autogoberno no contexto da reordenación global do sistema autonómico iniciado coa reforma do Estatut catalán, e porque a súa vocación autonomista é máis ben escasa, aínda que se alardee de galeguismo antigalego e harmónico. Na maioría da dereita española existe un crecente convencimento de que o Estado foi demasiado lonxe no proceso descentralizador e se fai apremiante unha volta atrás, deixando ás autonomías o mero papel de xestores administrativos. Para eles, o pecado orixinal reside na etapa da Transición, e conságrase coa aprobación da Constitución, dende o momento en que a descentralización se plantexa en parámetros políticos. Entrarán no debate cando vexan a posibilidade de presentarse como aqueles que capitanean, posibilitan e garanten o acordo.
Dende o BNG vazquista apóstase decididamente por deixar de lado a imaxe de opción construtiva e recupérase o discurso do non e a desconfianza vitimista. Para eles, o Estatutiño xa está pactado entre os centralistas-españolistas. Estes rebaixarán a condición de nacionalidade e o peso específico de Galiza, nun salto adiante da ofensiva homoxeneizadora e imperialista. Segundo Guillerme Vázquez Galicia non debera corresponsabilizarse co Estado, así como tampouco cre que o AVE chegue ata 2050.
Dá a impresión de que, aínda que sería moi desexable acordar pronto, e entre todos, un texto á altura do resultante da sentenza constitucional no caso catalán faise prematuro traballar aquí con estes mimbres, e este panorama. Ata que escampe.
4 comentarios:
Está claro que Pachi colleu por sopresa a BNG e PP, pero estes non lle van dar osíxeno por querer facelo só.
O problema é que Feijoo non vai permitir que se lle marque a axenda.
O PPdeG non vai entrar ó trapo ata que lle conveña. Hoxe saíu unha encuesta onde dí que o PP aumenta o seu porcentaxe de voto directo. A onda vaille favorable. A oposición non está atopando a maneira de desgastar un mínimo ó goberno, porque ten máis problemas internos, e menos credibilidade, a tal momento, que o PPdeG.
A estratexia de Feijóo é clara: recuperar a de Fraga, polarizar á sociedade entorno a apelación ós sentimentos para que o BNG poida rendabilizar a política de agresión ó galego, resituando ó BNG como a "verdadeira oposición". Como sabe do trasvase de votos entre esas dúas forzas consigue debilitar a "unidade" de acción que deberían ter. Xoga a eso, a ver como sale, e a ver como actúa o PSdeG.
A Rede é máis necesaria que nunca.
Normal Feijoo no quiera que le marquen la agenda, pero para mi no hay duda que hay qeu reformar la mayoría de los textos legales por los que nos regimos. Adaptándolos a las situaciíon y realidad actual. Empezando por el estatuto gallego y siguiendo por la constitución española...
o no?
Ao PP non lle interesa negociar un estatuto no que non creen e non teñen interese ningún en que saia adiante. Ademáis, como van explicarlle a Rajoy que queren que máis autonomía para Galicia cando levan criticando o Estatut catalán dende que se empezara a negociar.
E por outra banda o BNG, coas súas posicións negatorias, de todo está mal, etc... Deberían adoptar unha posición máis cordial e tratar de que a negociación vaia adiante en vez de criticar a proposta do PSdeG xa de primeiras, calificando ao Estatuto, como "Estatutiño pactado", eu creo que ese non é o camiño a seguir.
Tal e como estan as cousas que se chegue a un consenso neste tema parece bastante díficil.
Publicar un comentario