viernes, 22 de agosto de 2008

Como ser Pío Moa e non morrer no intento

Ás veces un pregúntase como persoas tan esaxeradamente sobrecargadas de rencor e instaladas permanentemente no odio permanente poden chegar a ter certa relevancia pública, influír, e incluso contar con certo número de lectores, aduladores máis ou menos petulantes e seguidores á morte. Ás veces un pregúntase se todo o que che contaron e liches dende neno é certo ou non. Posiblemente a liña divisoria entre o que é certo e non é, sexa difusa. Ás veces tamén te preguntas que clase de retorta mente está detrás dalguén que foi integrante activo e confeso do grupo terrorista de inspiración maoísta GRAPO, no tardofranquismo, e agora forma parte do máis conservador e reaccionário da praza pública. Quizáis a viaxe, a peripecia, non sexa tan dificultosa porque simplemente é un perturbado que vai de historiador. Ou un simple desvergonzado polemista que gana ben cartos disfrazado de paiaso pseudo-intelectual. Quén sabe??. Quizáis quen o mercou tivo que afloxar ben a carteira ou sinxelamente, non tiña onde caerse morto ata que descubriu que con certa locuacidade se pode saír na tele aínda que digas cinco parvadas en cada frase. Cómo se pode vivir tranquilo contigo mesmo cando polas túas veas só corre unha mistura de mentira, odio e todo tipo de complexos??

Para algúns leva a razón. Cren nel. É o bon de vivir nunha sociedade libre na que el confesa atoparse incómodo, detestándose así mesmo e ós seus conxéneres. Un home que se fai chamar....LIBERAL!!!!. Como manipulan as palabras ó fío dunha pretendida xustificación histórica sen paralelismo posible!!!. Está claro que forma parte dunha estratexia de fondo dende certos sectores do conservadurismo españolista máis arcaizante ante o que consideran unha ofensiva por parte da esquerda. Puxéronse, dende que o PSOE en 2004 gañase as Eleccións Xeráis, á defensiva nunha ofensiva por terra, mar e aire fronte a todo o que soe distinto da música que ouvían os Reis Católicos. Pero chirría de maneira tal no século XXI que ningún científico serio ou historiador de prestixio lles adica un só minuto a rebatir falacias dese tamaño.

Pasados os anos, chegas á conclusión de que a verdade non existe, que as cousas non son nin brancas de todo, nin negras de todo. Polo medio sempre hai lugar para os matices, sempre hai medias verdades, e onde todo parecía aclarado comeza a escurecer. O dogmatismo é ineficaz, como tamén pode selo o relativismo levado á máxima expresión. Eu coido que este home non acadou a adolescencia no seu desenvolvemento mental.

Non chego a comprender como se pode pretender revisalo pasado sen un mínimo de obxectividade e desapaixoamento e pretender que cole, só facendo énfase no que lle interesa e ocultando de maneira deliberada e sistemática o que non lle interesa. Supoño que en certos sectores sociais poderán callar as súas proclamas agoreiras e o seu apocalíptico análise da realidade actual e pasada. Penso máis ben, que só cre neles quen quere crer. É cuestión de fe.

Entendo que a Zapatero lle chame "chekista", ou que a ETA, o PNV (os nacionalismos en xeral) e o PSOE (máis o resto da esquerda) os meta no mesmo saco como unha broma de cara á galería. Como a búsqueda permanente da alcachofa, o blog, a cámara ou o recadriño diario no que comentar para agrandalo seu propio ego e vender máis libriños infumables por fantasiosos. O que non entendo é que un home que naceu en Vigo odie tanto ós galegos e a todo o que cheire a galego, a vasco ou a catalán, menosprezando a súa cultura ou as súas lexítimas aspiracións políticas. Tampouco entendo que a estas alturas poida vomitar proclamas públicamente, e sen consecuencias xudiciais, na liña de que a homosexualidade é unha enfermidade evidente e sen cura...., ou que o exército sublevado de Franco non asasinou a naide nin na Guerra Civil Española nin durante 40 anos de férrea e oscurísima dictadura. Sempre minimizándo e xustificando. Sempre botándolle a culpa ó pobo, ós partidos, á República, ó separatismo, á masonería, a Moscú....o vello discurso de sempre. Dí que a Lei para a Recuperación da Memoria Histórica é unha "exaltación da violencia", cando o que pretende é dignificala aldraxada memoria de tantos e tantos inocentes que foron enterrados en fosas comúns despois de ser torturados en campos de concentración, ou carrilleiras, e axustizados sumarísimamente, coma cans. Maldita e diabólica guerra, coma todas, e tódolos miserables que as alentan(Anguita estivo fino, coma case sempre).

Ou meu máis absoluto desprezo ós Federicos, Moas, Luises del Pino e demáis axitadores, nostálxicos do anterior Réxime e rebeldes sen causa que se gañan a vida tratando de facerlle fervelo ánimo á xente dende a maña cedo. Eles, que se din amantes da liberdade e da patria deberían pois saber que esta remata cando te cruzas na dos demáis. A liberdade de expresión é un valor e un dereito irrenunciable e inalienable nas nósas sociedades, pero non por elo debemos desprestixalo abusando del almorzo, comida, cea e sobrecea.

E se te sintes patriota Moa(ías para Mao??), ama á túa patria non odiando a máis da metade dos que viven nela, bastante enfermidade tes sendo patrioteiro, que non patriota. Dudo que chegues a vello, porque ós teus anos estas na pubertade. Alá tí e as túas obscenidades Pío Moa, segue remoendo para seguer cobrando.


6 comentarios:

Marta Rodríguez Álvarez dijo...

Coma ben dis, o bo de vivir nunha sociedade libre é que todo o mundo, e tódalas opinións, teñen cabida,mesmo as este tipo.

Creo que o único que merece é que o ignoremos.
¿Que credibilidade (periodística,política, moral, ou de calquera tipo)pode ter un home que dí frases coma " “Franco no liquidó a los rojos, los escarmentó” ou, referíndose á represión franquista: “se encauzó por vías legales, no como en Europa. [...]A nadie se le reprimió por cómo pensaba, sino por lo que hacía. Companys no era inocente. Ni tampoco las Trece Rosas, unas jóvenes estalinistas”.?

Non cabe dúbida de que quedou estancado na etapa do pensamento concreto,dende logo non acadou a madurez,nin de pensamento, nin de moral, que debería ter unha persoa adulta.
Peor para él, que é quen terá que vivir con ese odio e esa frustración o resto da súa vida.

Millán Fernández dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Millán Fernández dijo...

Suprimin a miña resposta porque estaba chea de erros de escritura...as veces esto vai lento e fai que me coma letras...
Muitas gracias por participar Marta!!Espero que vos guste o que escribo tanto como me gusta o que escribides Efra e ti.
A verdad e que dudaba de subir algo sobre este tio precisamente porque non merece máis que a ignoracia e non facerlle o xogo, pero resulta que o vin o dia anterior na tele e non puiden evitalo...
Bueno, saludos e gracias por comentar. Xa sabedes que aki podedes facelo con total liberdade, esteades ou non dacordo no que vaya escribindo.
Saúdos!!

Anónimo dijo...

Pero a ti pareceche que esta xente é de dereitas? Que va tio.
Quén sale beneficiado cas animaladas que di esa panda de amigos? O PP non. O PSOE si.
Conclusión, eu creo que son socialistas

Millán Fernández dijo...

Bueno, óa nacionalistas arréalles de carallo tamén...mete a todos os que non sean coma el no saco dos apestados!!
Oe, muchas gracias por su visita!!saude e terra, e republica.

Anónimo dijo...

Certo é que non merece nin unha sola liña.