miércoles, 26 de diciembre de 2012

BBC: O gran colapso español



Documental -subtitulado ao castelán- de bastante interese producido pola BBC británica e que xerou unha gran polémica debido a que o Goberno español do PP presionou diplomaticamente para evitar que vise a luz. Dura unha hora e ten bastante interese. Seguramente sexa mellorable, pero sempre está ben ver como ven fóra o que aconteceu e acontece aquí. Nel faise un percorrido dnsde a saída da ditadura franquista e a "transición democrática", a entrada na UE, os anos de crecemento e burbulla, a caída de Lehman Bro e as súas consecuencias no sistema bancario e de caixas, as respostas dos gobernos até hoxe, etc..

Interveñen personalidades coma Paul Preston, Jose Luis Sampedro, Schwartz, Felipe González, Solana e Almunia, etc...poñendo o foco na corrupción e o desbaldimento de fondos públicos en proxectos faraónicos e inservibles, collendo o exemplo paradigmático da Comunitat Valenciana. Recomendado.

No hay comentarios: