lunes, 13 de septiembre de 2010

Decreto ilegal



Presentación de Alba Nogueira e Manuel Bermúdez sobre os argumentos xurídicos que cuestionan a legalidade do "Decreto do plurilingüismo"

2 comentarios:

Xavier dijo...

Antes de máis, felicitarte sinceramente polo blogue e polo teu galeguismo real, infelizmente nada habitual nun PSdG que -permíteme analizalo esde fóra e dicir o que observo- pecou sempre de falta de proxecto nacional para Galiza e foi pouco máis que unha suma de municipalismos localistas suicidas, que en moitos casos mesmo fixeron o xogo ao PP (A Coruña, Vigo, Fegamp, ...). Oxalá o galeguismo, o compromiso real con Galiza e os seus problemas e a defensa verdadeira e sincera de Galiza como nación con cultura e lingua de seu se estenda entre a xente nova e formada coma ti, e non fiquedes en anécdotas dentro do aparato. Se non o liches xa, recoméndoche a lectura do manifesto que o PSC editou nos principais diarios cataláns o pasado sábado, na Diada. Chámase "La Catalunya de l´Estatut".

Eu teño claro que en Galiza é necesario reconstruír a alternativa progresista ao PP de Feijoo, e que a opción de que esa alternativa poida ser real e gañar as eleicións pasa por entender dúas cousas:
a) ou será bipartita (PSdG + BNG) e desde o respecto ou non será
b) ou se alicerza nun acordo serio sobre cuestións centrais da cultura política de ambas organizacións (lingua, novo Estatuto, modelo de desenvolvemento territorial, ...) ou estará chamado novamente ao fracaso.
O teu blogue e a claridade coa que te posicionas en moitos temas é un camiño magnífico que oxalá no PSdG non sexa único, nin residual.
Apertas sinceras.

Millán Fernández dijo...

Agradézoche moito as palabras, e concordo nas apreciacións que fas. Eu espero o mesmo ca ti.

Non lin o manifesto, pero fareino agora. O PSC debera ser un exemplo a seguir polo PSdeG, un referente, aínda que tampouco se pode seguir mimeticamente porque Galiza tampouco é Catalunya.

un saúdo.