miércoles, 16 de mayo de 2012
Catastroika
CATASTROIKA - Subtitulos en Español por infowar
Excelente documental sobre a deriva neoliberal e as políticas de shock da Troika, que xa chegaron a España, pero acaban de empezar. Imprescindible. Con intervencións de Naomi Klein, Zizek, etc...Subtítulos en castelán.
lunes, 14 de mayo de 2012
Mecánica del muro
Na semana onde volve a visualizarse o Movemento 15-M, pero tamén na semana onde o Nobel de Economía Paul Krugman prognostica a defunción do euro e o colapso bancario en España, onde o Goberno italiano prevé comezar a empregar ao Exército para reprimir as manifestacións contra a Austeridade e onde o Goberno de Esperanza Aguirre ordena pechar canles de televisión críticas (se o fixera Hugo Chávez vaia lío!!) podemos ir abrindo boca con un vídeo ben interesante do sociólogo Felipe L. Aranguren. Temática: manipulación mediatica e a Gran Estafa Austera (que non deixa de ser unha transferencia masiva de renda das clases populares hacia os petos das clases altas).
viernes, 11 de mayo de 2012
Terra da Fraternidade
Vídeo completo do Festival Terra da Fraternidade celebrado no Auditorio de Galicia de Compostela en cumprimento do 40 aniversario da estrea, neste mesmo lugar, do Grándola Vila Morena de Zeca Afonso.
Deixo tamén o pequeno artigo que me pediron para un Xornal que se venderá nas cidades galegas e que costará tan só 1 euro. Colaboran da inicitaiva unha chea de artistas de distintos ámbitos, e mais xente, ademais dos medios dixitais Praza Pública, Dioivo e Sermos Galiza. Tamén sairá publicado en Praza.
A prometida terra da fraternidade está en descomposición e urxe tecer a súa recomposición polo ben común aínda que vaia gañando, de lonxe, a implacable e predominante anti-utopía. Aquela que Pierre Bordieu resumira así: “A utopía neoliberal de un mercado puro e perfecto supón a destrucción de todas as resistencias colectivas. Conducirá a un mundo darwiniano onde todos loiten contra todos. E, sen embargo, a transición a ese mundo prodúcese de forma imperceptible, como a deriva dos continentes”. Pois nesas andamos. E non xa de xeito silandeiro senón, mais ben, evidente. Camiñando a paso firme cara un pasado que considerabamos soterrado. Cara a suspensión das democracias, o desmantelamento do estado social, o endurecemento da represión e a posta en cuestión de dereitos e liberdades básicas.
Un non pode deixar de facer paralelismos con outras figuras do mundo das artes que influíron ao seu nivel. Sempre penso que foi, salvando as distancias que puidera haber, unha sorte de Woody Guthrie ibérico que, sen necesidade de levar inscrito na guitarra un “this machine kills fascits!”, despertou e desperta as consciencias adormentadas. Aínda hoxe o seu legado é un antídoto contra esa pandemia rexurdida que ameaza con botar raíces. Por iso que non hai que deixar de escoitalas, de lelas ou de cavilar arredor do seu significado último. Mais, ao contrario, os tempos chegados obrigan a que soen a todo volume e nin que dicir ten que mais forte que nunca nesta terra tan querida por el e tan desprezada por outros que padece, ao igual que os irmáns do sur, a humillación da Gran Estafa Austera e do neoliberalismo descarnado e enxebre que “...nos leva a aniquilación física e espiritual, material e inmaterial... Ou estamos á altura do desafío ou podemos ser a derradeira xeración que sabe o que foi Galiza”, segundo o Académico da Lingua, Henrique Monteagudo. Concordo totalmente. Fagamos que non sexa. Tamén nas rúas e nas prazas.
miércoles, 9 de mayo de 2012
Intervencións en TV
Intervencións en Vía V e Foro Aberto da TVG a conto da suba de taxas e os recurtes do Goberno en Educación.
domingo, 15 de abril de 2012
domingo, 8 de abril de 2012
miércoles, 21 de marzo de 2012
O nacionalismo continúa a andaina

“La Historia es nuestra, y la hacen los pueblos" Salvador Allende Gossens, 11 de Setembro de 1973.
En Praza Pública
lunes, 19 de marzo de 2012
Achégase a Primavera
Convocatoria Greve Geral 22 de Março, Portugal.
Despois do "Maio indignado" de 2011 achégase de novo a primavera e a situación en Europa non mellora. Pola contra, empeora. De Grecia a Portugal ou a España (tamén haberá Folga Xeral o 29 de Marzo), pasando por Italia, a situación comeza a dar síntomas de verdadeiro cansanzo no corazón da UE. Francia incluída. Parece que se reconduce a indignación a través das canles convencionais, pero non hai que descartar a reaparición do Movemento 15-M, aquí e noutras zonas de Europa e do mundo, na procura dunha converxencia das loitas. Iremos vendo.
NOTA: dende o punto de vista do marketing politico e da eficacia propagandistica dos videos é moi importante ver como nos dous casos (o francés é brillante) remiten a un sentimento fondo e a un recordo popular na alma dos dous pobos. No caso francés á recurrente Revolución Francesa e á Comuna de Paris, no caso do video portugués coa música de Jose Afonso, remitindo, dalgún xeito, ao 25 de Abril. O video da Front de Gauche francés é boísimo dende ese punto de vista: nun minuto dío todo.
martes, 13 de marzo de 2012
viernes, 17 de febrero de 2012
Monarquía ou República? Documental TV3
lunes, 13 de febrero de 2012
12-02-2012, día 0 da Galiza do futuro.
Para entender a transcendencia do feito deixo unha ligazón a un artigo de Anxo Lugilde, imprescindible, dende a perspectiva da figura histórica que representa Xose Manuel Beiras.
"El señorito de A Reboraina se escinde"
martes, 7 de febrero de 2012
PSOE e BNG ante Mateo e Pigmalión

Praza Pública naceu coa vontade de osixenar informando e enriquecer valorizando voces e xeitos de contar que non se atopan noutros espazos. Potenciando a rede comunicativa e colaborativa nun tempo aberto neste eido pero onde a sensación de claustrofobia envólveo todo. Onde boa parte da sociedade-rede xa conversa, infórmase ou traballa incardinada nunha realidade que deixou de ser emerxente para cristalizar, removendo radicalmente estruturas sociais e de poder a distintos niveis. Sexa benvida a súa achega ás nosas vidas pois unha interpretación crítica, galega e en galego do incerto mundo ao que nos encamiñamos é mais que precisa cando vogamos sobre 2012, o ano de “tódolos perigos”, como di Ignacio Ramonet.
Nace na esfera dixital para ollar o mundo coas lentes dun país ao que lle afecta a formidable marea de mudanzas coma calquera outro. Na era pos-Fraga e, posiblemente, na era pos-BNG. Nace tamén na democracia post-ETA que supera a etapa de pos-transición, onde comeza a cuestionarse abertamente o papel dunha institución coma a Monarquía. E ata nunha pos-democracia tecnocrática resultante da instauración da pax germánica en plena II Gran Recesión, que o que mellor democratiza é o efecto Mateo; aquel polo cal os que mais teñen acumulan máis e máis e os que menos son desposuídos do pouco ao que tiñan acceso e fican desprazados do sistema, asentando unha relación inxusta de submisión e vasalaxe propia das vellas sociedades piramidais do Ancien Règime feudal, anterior a 1789.
Ao desbocado efecto Mateo engádeselle a irrupción do efecto Pigmalión. Este atenaza e confunde ás esquerdas que se limitaron a xestionar o realmente existente renunciando a combatela anti-utopía imperante no terreo dos valores, e redobrando a democracia do ladrillo e as súas consecuencias. Xogando a ser o que non saben ser. Neste caso o efecto Pigmalión na súa versión negativa, e pola cal o principio de actuación que rexe as decisións internas vai na liña do que, negativamente, a maioría social espera que fagan. Outros, directamente, xa non esperan ren.
Os partidos, sendo organizacións e ferramentas pechadas e de intereses, ante a necesidade de cambio, recúan. A desconfianza e a desafección aumentarán mais e ámbalas dúas, á espera do Congreso Nacional Galego do PSdeG, atópanse nunha encrucillada maior que antes do 20-N. Apostaron polo inmobilismo e por agardar impasibles a que a crise lles devolva o que a crise lles quitara, coa salvidade de que a dereita ten gañada a batalla dos marcos interpretativos. Tamén a de presentarse como forza dinámica e adaptable, atrevéndose con reformas que o social-liberalismo dos últimos tempos non soubo, non puido ou non quixo concretar (coma o recorte en subvencións públicas a partidos, organizacións empresariais e sindicatos, ou o recorte dos impúdicos salarios a banqueiros, nunha mistura de populismo e sentido da oportunidade política que compaxinan coas medidas de axuste duro e suba de impostos).
1. O BNG e a “paciencia revolucionaria”:
No BNG isto verbalizase xogándoo todo á carta máis alta da “paciencia revolucionaria”, coma se un escenario de deterioro económico tan fondo que provoque un estalido social (posible) vaia empurrar ás masas traballadoras nos brazos dos seus líderes para construír unha sociedade sen clases e unha Galiza liberada da noite á mañá ou, simplemente, levalos a Monte Pío (imposible). Advírtase que no hipotético caso, a revolta, coma sempre e en todo lugar, produce os seus propios liderados e as estruturas xa constituídas percíbense sistémicas e, polo tanto, un obstáculo máis.
O xenuíno instrumento de emancipación social e nacional do que se dotara o pobo galego alá por 1982 está chamado a reinventarse ou a esmorecer logo do acontecido nunha 13ª Asemblea que significaría o epicentro dun terremoto político e un fito histórico: a Gran Clarificación e o recoñecemento das diferentes sensibilidades ideolóxicas do galeguismo e o nacionalismo reflectidas na oferta electoral, nun exercicio de normalidade pluralista, a imaxe e semellanza doutras realidades nacionais do estado español.
Fálase abertamente da posibilidade de superar o modelo frontista que dera bos froitos nos 90´s baixo o liderado transversal e aglutinador do gran referente histórico que foi (e segue sendo) Xosé Manuel Beiras, pero que se atopou no albor do novo século coa insalvable contradición que supón gobernar no día a día para todos. Esas contradicións abrollaron en Amio dividindo ao BNG en dúas metades irreconciliables. Hai moitas e vareadas lecturas para o que está acontecendo mais é probable que o nacionalismo non estea enleado noutra batalla mais, concibida unicamente en parámetros de loita pola hexemonía no seo da organización maioritaria e referencial, senón que experimenta algo que, tarde ou cedo, e coincidindo cos seus 30 anos de existencia, afectará a outras organizacións: unha revolución horizontal con compoñente xeracional que, neste caso, procura un nacionalismo vigoroso, aberto e integrador e, por riba de todo, útil e realista. Cando un novo paradigma emerxe, outro tarda en caer, e esa transición chámaselle crise.
Hai unha xeración de galegos que aínda estando vinculados no emocional coa loita anti-franquista xa non o están polo feito biolóxico, nin tampouco coa construción dun bloque histórico de liberación nacional concibido en clave terceiromundista e afeito, no último decenio, a convivir non só nun equilibrio de suma cero resistente senón experimentando un proceso de descomposición interna. Se non lles deixan construír dentro as súas arelas, farano á marxe e trocarán a histórica (e hoxe sufrida) alianza entre “upegallos, pexegos e peixes” por unha nova relación. Son os que xa non conciben a política dos pasquíns e as multicopistas, a pegada de carteis ou as reunións clandestinas. Os que estudan Erasmus e se criaron vendo o Xabarín, viaxan en low cost ou establecen un dialogo permanente a través das redes sociais. Os que albiscan na distancia o exemplo do Che pero senten próxima a loita de Camila Vallejo en Chile e a doutros indignados aquí ou acolá. Os que xa non respectan a man de ferro de calquera nomenklatura nin apparatchik, nin tampouco padecen a Síndrome de Estocolmo política que para outros representa rachar cos que publicamente denuncias de manterte secuestrado. É a Galiza ceibe das ataduras de Maio do 68 pois viviron o seu Maio en 2011 e queren facer o seu propio camiño porque o camiño está feito para andar.
A maioría deles fai súas as verbas d´O Beiras (quen seguramente teña a chave mestra da resolución da encrucillada), consolidado no papel do druída moderno que fala para todos á marxe de sensibilidades: “lealdade ao pobo galego e ao cidadán do común por riba da lealdade a calquera aparato”. Mais o paradigma da Unión do Povo Galego non caerá doadamente, xa que foi a organización nuclear e fundamental do nacionalismo moderno. A mais comprometida, activista e perseverante. A produtora incansable de cadros e dunha cosmovisión revestida de formación ideolóxica, mais ben simple, pero de claro espírito rebelde e combatente. O seu rol, coma o doutras ramas do nacionalismo, está en mans dos seus militantes mais, sobre todo, nas duns cidadáns galegos que xa non agardan mais e que nas urnas veñen marcando un vieiro definido e claramente minguante.
Pode que a Gran Clarificación, de producirse, supoña unha nova fronteira do galeguismo e unha competición de efecto multiplicador que fomentaría a unidade dende a complementariedade, a colaboración táctica e estratéxica, pero dende a asunción definitiva dunhas diferenzas que fan perder o 90% dos folgos en cuitas internas como, por outra banda, vén de ensaiarse a nivel estudantil (universitario). A recuperación da credibilidade e o pulo social.
2. O PSOE, derrota do zapaterismo e trunfo da vella garda:
A situación do PSOE é diferente pero o que aconteza co futuro do BNG repercutirá inevitablemente aquí porque os vasos comunicantes (xa máis sociais ca electorais) entre ámbolos dous están contrastados e afectan ao progresismo e o galeguismo no seu conxunto. Aínda así, o socialismo hispano ten 133 anos de historia e, a priori, non corre risco de escisión porque, no fondo, non hai diverxencias ideolóxicas insalvables. Pero si houbo no último Congreso dúas concepcións enfrontadas: entre o socialismo chamado renovador, clásico e felipista, que trunfara e fora protagonista da construción da España saída do réxime franquista e unha concepción pos-moderna representada no que supuxo o zapaterismo, coas súas luces (ampliación de dereitos civís, políticas de contido social, aceptación da España Plural ou a pacificación de Euskadi) e as súas sombras (a última lexislatura e o fracaso no eido económico). Trunfaron os primeiros e, polo tanto, trunfou a volta ás esencias nominalmente mais obreiristas e unitarias, xacobinas. Iso pode levar por diante as expectativas de reforma federalizante mais tamén pode acompañar un intento de reconstrución e rearme ideolóxico na liña dunha maior pureza socialdemócrata, nunha conxuntura onde o papel da socialdemocracia europea do século XXI está sendo cuestionado: coa propia democracia e o papel de harmonizador social do estado en grave crise.
Se as tensións internas se van sublimando en aras da unidade (os chaconistas, ante a nula integración, anuncian oposición interna) puidera supoñer o rearme a medio prazo dun proxecto onde Rubalcaba tería pouca acollida coma futuro presidenciable, e onde as miradas puideran poñerse en figuras emerxentes coma o vasco Eduardo Madina, o navarro Juan Moscoso ou a propia Carme Chacón. Sen descontar o predilecto do propio Rubalcaba: Patxi López, ou alguén de perfil mais descoñecido/a, ao estilo Zapatero.
Tamén corre o risco de que as tensións internas se prorroguen sine die e non logre recuperar o apoio maioritario dos cidadáns por unha longa temporada. Isto abriría as portas a diferentes escenarios. Aínda así semella que perdeu a oportunidade de re-conectar no curto prazo coa base social natural representada no Movemento 15-M e que busca novos símbolos e referentes, esixe unha redistribución equitativa e real dos recursos e das cargas, unha separación efectiva entre a Igrexa Católica e o Estado e o empoderamento dunha cidadanía que desconfía das externalidades producidas por un bipartidismo hipertrofiado. O PSOE celebrou 13 Congresos ata a Guerra Civil, 13 dende aquela ata o de refundación de Suresness e o de Sevilla foi o 12º dende Suresness. Pode que supuxera un paso atrás para, no seguinte, retomar outravolta posicións cara unha nova hexemonía social. Sempre que a revolución neocon, ou a súa vertente neofascista, non bote raíces.
Praza Pública
martes, 17 de enero de 2012
domingo, 15 de enero de 2012
4 anos de blog
jueves, 5 de enero de 2012
Morre Isaac, pero non a Memoria

Sabiamos que estaba maior e enfermo. Na homenaxe a Beiras leuse unha carta del dicindo que tamén quería estar, pero non podia...
Eses, os continuadores ideolóxicos dos que o empurraron a saír de Galicia cara a América logo de matarlle ao pai, coma tantos outros, están desexando que pase hoxe e mañá pra que non se afonde moito na súa figura nin na súa obra. Deixémolos estar e deixemos que aparenten, cinicamente, o que non son.
domingo, 18 de diciembre de 2011
Á beira de Beiras
Tiven a sorte de estar na Homenaxe Popular a Xosé Manuel Beiras polo cumprimento dos 40 anos da publicación de "O atraso económico de Galicia", que coincide coa súa idade de 75 anos, no Auditorio de Galicia. Foi un acto revitalizante.
Que dicir d´O Beiras que non se teña dito xa a estas alturas? Pouco podo engadir.
Estando na homenaxe, escoitando música, poesía e escoitándoo a el un reflexiona sobre o paradoxal que resulta que namentras as elites das organizacións maioritarias da esquerda galega estaban nos seus respectivos Consellos Nacionais navallándose de tódolos xeitos posibles neste momento tan duro para elas, un só home, conciencia viva e xenuina dun pobo, que entronca co galeguismo histórico de preguerra e que liderou ao BNG ata levalo ás máximas cotas de poder e influenza neste país, reúne a mais persoas arredor de si e do que representa a súa xeración de combatentes antifranquistas (e tamén combatentes antifascistas, anti-oligárquicos e anti-opresión en plena "Democracia") que os partidos mesmos. E reflexiona tamén sobre o importante que é transmitir principios e valores na Política, nesta época de zozobra e confusión xeralizada. Ten isto mais de simbólico ca outra cousa, pero aqueles que son ou pretenden ser "políticos profesionais" deben tomar nota.
Beiras é irrepetible. Mentras el exista existirá a conciencia crítica, a lucidez no análise e a Memoria viva deste pobo. Mais alá de matices ideolóxicos ninguén pode negar a grandeza intelectual e moral de Xosé Manuel, o que fora príncipe e esperanza do galeguismo. Hoxe case un druida moderno que interpreta como moi poucos a realidade que nos tocou vivir. Ábrenos os ollos.
Podería escribir mais e mellor sobre algo disto, pero chega con ver e escoitar o vídeo que adxunto. A proba de que non tódolos políticos son iguais.
"Vivimos a fin dun ciclo histórico e é a hora dos cidadáns, máis alá da obediencia ás organizacións, aínda que sexan as nósas"
Deixo unha descripción de Eduardo Galeano sobre el:
"A primera vista parece un león. Y es. Pero tiene la delicadeza del ciervo, la paciencia del gato, la lealtad del perro, la solidaridad de las aves, que se ayudan en el vuelo, el sentido del honor del toro de lidia, que se crece en el castigo, y la inteligencia de los raros hombres que dan prestigio a la condición humana. Gallego tenía que ser."
Este comentario foi publicado no blog A Revolta entre a Mocidade, das Mocidade Irmandiña http://revoltairmandinha.blogspot.com.es/2011/12/millan-fernandez.html
martes, 15 de noviembre de 2011
Normativa de Permanencia: movemento estudantil reactivado

Algunhas novas relacionadas:
sábado, 12 de noviembre de 2011
A Doctrina do Shock (Naomi Klein)
Fai aproximadamente un ano que subin un esbozo de documental sobre a Doctrina do Shock (teoría consagrada pola intelectual Naomi Klein). Hoxe colgo o documental completo. Non pode ser mais interesante e oportuno para os tempos que corren.








