jueves, 2 de abril de 2009

Cumio esperado


A semana do repentino falecemento de Raúl Alfonsín estaba marcada, dende o cumio de Washington, polos gobernos das maiores potencias mundiais no calendario fixado para a folla de ruta a seguir co inaplazable obxectivo de intentar superala crise e relanzala enferma economía global.

A cita foi Londres, e a magnitude da problemática á que se fai obrigatorio facer fronte é dunha transcendencia singular tendo en conta a situación, nunca vista nos últimos decenios. Supón a posta de largo no plano internacional do esperado Obama e para algúns, córrese o risco de que aconteza como puidera suceder coa súa propia figura: que as altísimas expectativas acumuladas se poidan frustrar e non se chegue a acordos concretos e funcionais, que refloten o desenvolvemento natural e normalizado do sistema.

Economistas e analistas do mundo enteiro manteñen os ollos atentamente suxeitos no que vaia acontecer a partir destas datas xa que hai quen afirma que, así como Alfonsín foi peza esencial para dar carpetazo á ditadura militar arxentina e facela transición, evitando así novos golpes de estado naquel país, os reunidos en Londres teñen ante sí o reto de establecelas medidas adecuadas para asentalas bases dun futuro que non permita outro golpe de man do capitalismo sen freno. Pode supoñela transición dun modelo depredador a outro máis racional, que teña en conta a puxanza e importancia das economías emerxentes do segundo mundo e o seu peso na estabilidade económica e xeopolítica para os próximos anos, entre outras cousas.

A axenda é apretadísima para os líderes, e nela vese como se están a recompoñer e reposicionar alianzas, e como se consolidan eixos que marcarán o xogo de poder no seo dos organismos internacionais. O papel de España, que a priori puidera parecer secundario, adquire relevancia posto que está sendo conciliador, mediador e actúa de ponte entre posturas que defenden arraigadas tradicións (non só xurídicas ou filosóficas) e modalidades de entendela realidade socioeconómica. Aproveitar ou non a oportunidade marcará o rumbo do papel que España poida desempeñar nos procesos de toma de decisións.

miércoles, 25 de marzo de 2009

Maioría natural

George Lakoff é un lingüista e analista político norteamericano, do máis relevante e influínte do panorama global. O seu obxectivo primordial é desmontalos artificios demagóxicos da dereita, ofrecendo ideas coa fin de articular un discurso efectivo para a esquerda moderna, con tantas dificultades para chegar ós cidadáns. No seu último traballo de renome internacional Puntos de reflexión recolle doce grandes propostas co ánimo de que a esquerda triunfe nas batallas electorais, traducidas en trampas nas que non debera caer.

Tamén incorpora categorías novidosas para identificar preferencias ideolóxicas no seo do electorado, como conservadores parciais ou progresistas parciais (ademáis de indecisos) partindo da valoración de que non existe o centro ideolóxico (é un mito), e de que a moderación non debera confundirse co que identifica como biconceptualismo. Segundo esta aportación, moitos somos biconceptuais (pero non de centro) pois podemos vivir conforme a valores progresistas e ter unha visión conservadora do mundo, ou viceversa.

Toda esta teorización, tan resumida aquí, sérvelle para extraer a moralexa de que o grande capital a explotar por parte da esquerda é conseguir manterse fiel ós seus valores de maneira valente, auténtica e honesta, por moitas doses de pragmatismo que se poidan incorporar. Salvando as diferencias entre a política norteamericana e a galega, e constatando as peculiaridades innegables desta última, pódese entender que unha das leccións recibidas co resultado do 1-M foi que a esquerda galega non foi quen de zafarse das trampas nas que a dereita renovada de Feijoo a forzou a tropezar. Tampouco soubo trasladala súa propia mensaxe (confundindo ó electorado e confundíndose a sí mesma) deixando á marxe diferencias de matiz enriquecedoras, pero case nunca insalvables.

O reto para o futuro, e o que debera facer ser optimista á oposición parlamentaria, é a posibilidade de chegar por fin a un acordo de convivencia e entendemento mutuo, xunto cunha decidida posta en común de valores e mínimos compartidos para así, construír unha alternativa crible e fiable para aqueles galegos que, aínda sendo biconceptuais de nacemento, non son conservadores e que, diga Fraga o que diga, non son a maioría natural do país.

viernes, 20 de marzo de 2009

Pachi non é Patxi


Hai responsables políticos que parecen non querer entendelas mensaxes da cidadanía activa e, ás veces, dámonos conta de que vivimos nunha Democracia a medio construír, que se atopa na preadolescencia constante, con políticos acomodaticios e instalados nunha sorte de burbulla autista. Falta cultura crítica e sobra apego polo poder. Un pensa que o republicanismo é algo que vai máis aló do mero simbolismo: carecemos pois, de suficientes activos que alcen a voz e se rebelen, e sobra sumisión, cálculo e acatamento irreflexivo. A pouca xente que puidera asomalo fuciño logo é apartada ou dada por non-ouvida pois supón un perigo desleal para as forzas do stablishment.

En política os tempos son moi importantes, e os pasos a seguir soen estar marcados pola inercia exercida dende quen dispón da potestas que, como ben souberon discernir os romanos, non leva necesariamente apararellada a auctoritas. Unha cousa é a sabia prudencia, e outra o apodrecemento, a desilusión de antemán e a xordeira xeneralizada. Os medios de comunicación, en ocasións, fan o xogo a estes intereses opacos, e resulta incuestionable a súa influencia no colectivo.

Dende o día seguinte ás eleccións galegas, aquel no que Touriño deu boa mostra de honradez política dimitindo de maneira irrevocable, parece que o PSdeG ten xa un candidato oficioso e prefixado ás vindeiras eleccións, que sairá do Congreso do 25-A. Dise que na Revolución dos Cravos ninguén recibiu un disparo. Non é cuestión de nomes, ou só de caras novas. A experiencia é un grado, e ninguén cabal o nega. Por eso mesmo, a experiencia democrática nos mostra que a maquillaxe, a renovación ficticia, o anquilosamento de ideas, o aillamento e o non ser permeables socialmente é preludio de fracaso electoral inefable.

O liderado dun partido político que aspira a recuperalo poder para cambiala sociedade, e incluso ser maioritario, non pode construírse artificialmente. Ten que emerxer dun debate aberto e sosegado de fondo, e da confrontación de proxectos e visións para o futuro. Semella que, así como se impón a razón de Estado, na nosa partitocracia é tan recorrente a razón de Partido. Temos moito que aprender das vellas Democracias occidentais. Brown non é Blair, Kerry non é Obama, Almunia non é Zapatero. E Pachi non é Patxi.

jueves, 12 de marzo de 2009

Zapatero global


Vaian atizando porque xa dispoñemos de probas concluíntes para considerar a Obama dentro da inacabada nómina de herexes con endiañada vontade destructora. Atopámonos na hora do Anticristo. Gañouse por méritos propios ser posible candidato, ou mesmo sucesor, a representar unha versión mellorada da pérfida inmoralidade dun tal Zapatero. Barack, estás condenado.

Entre sectores fanatizados da sociedade americana empeza a cundilo pánico e algúns recóllense xa que, dous meses despois da toma de posesión, e sen tempo a que lle tremera o pulso, as promesas de cambio son agora decisións que están en marcha. Eso doe. Alí, periodistas do International Herald Tribune realizáronlle a primeira entrevista a bordo do Air Force One. Unha das preguntas, sen acritude e moi benintencionada, foi: “É vostede socialista?”, ó que o Presidente, incrédulo, respondeu: “eu diría que non”. Dende o Vaticano tamén se albiscan sinais de impaciencia inquisitorial pois resístense a aceptar convivir cun “Zapatero global” que apoia e financia, con diñeiro público, a investigación científica que teña como fin a posibilidade de curar enfermidades terminais para o común dos mortais. Estaría levantando así o veto imposto por oito anos de réxime evanxelista, promotor de creacionismo medievalizante e escura involución. Intolerable.

Antes propúxose levar a cabo a paulatina retirada das tropas de cruzados que tan boa labor fixeron no corazón da Mesopotamia salvaxe e eso é tamén unha afrenta, e unha traizón, ós principios da mensaxe do Deus único e verdadeiro. Outro expoñente máis do relativismo e da pobreza moral, tamén membro destacado da masonería internacional. Outro perigo para a pureza espiritual dun Occidente en franca e desasosegante decadencia. Sólo lle resta legalizalas unións de parellas dun mesmo sexo para desvirtuar a eterna e inamovible institución familiar, derrubando definitivamente os cimentos da impoluta nación dos pioneiros, das ánimas elexidas que fuxiron dunha Europa irrecuperable para erguer o paraíso na Terra. Ambos, Zapatero e Obama, son producto da dexeneración á que as masas chegan cando non lles deixan aferrarse ó único que conquire a súa salvación.

En definitiva: sin querelo, o apocalíptico Vaticano bótalle unha man ó Presidente do Goberno, no seu momento máis baixo.

martes, 3 de marzo de 2009

NOVO SOCIALISMO GALEGO


Será improbable que a experiencia bipartita se repita en anos logo do batacazo electoral recibido polos partidos que o integraban. O pobo galego falou alto e claro, e fixo caer un mito que considerabamos inamovible dende o comezo da autonomía, e que tamén se asumía como regra xeral: a mobilización non favorece necesariamente á esquerda. Houbo maior participación que nunca e polo tanto, a victoria popular é incontestable. Os galegos quixeron, novamente, un cambio de rumbo e os derrotados non deberan facer análises equivocadas. Demostrouse, como algúns alertaban, que a campaña estivo mal plantexada e peor desenvolvida dende as forzas de goberno, e foi sucia (pero intelixente) a do PPdeG.

As mensaxes repetidas, en forma de mentiras e medias verdades, calaron fondo nunha opinión pública receptiva e sensibilizada co momento económico. Así emerxe o cambio profundo nas sociedades, e a “revolución conservadora”. Paseniño, pero con todo de cara para asentarse no medio prazo.

O socialismo galego queda tocado porque defraudou, pero ten a capacidade para reinventarse se traballa arreo, e posibilidades de recuperala Xunta nun horizonte próximo. Só ten que ser honesto e fiel ós seus ideais, avaliar as deficiencias e disfuncións, e correxilo rumbo actual. Debera mostrarse cercano, comunicarse máis e mellor reverdecendo as súas bases, formalas, trasladala mensaxe incidindo no que é forte, e penso que ser moito máis autónomo respecto do PSOE. Ten que anticiparse ás demandas sociais e ver que o panorama se está reposicionando se non quere levar outro revés nas eleccións municipais, especialmente en áreas urbanas. Recuperar efectivamente o galeguismo como seña de identidade propia, facelo visible, e redobrar o compromiso co país para entendelo mellor en toda a súa extensión e pluralidade é unha tarefa crucial para a súa supervivencia, e unha oportunidade para medrar en apoios.

Se a esto se lle suma ser o referente da esquerda sociolóxica, dos traballadores, e de amplas capas de poboación en situación desfavorable, o mesmo estado da economía global pode ser a táboa na que apoiarse para volver. O BNG da viaxe ó centro podería estar tentado de camiñar ás orixes, e aí abriríase unha porta para que o socialismo galego consolidase un novo caladoiro.

jueves, 26 de febrero de 2009

Doberman popular


Remata a longa, desalentadora e sucia campaña e agora correspóndelle ós cidadáns, que son os soberanos, tomala decisión definitiva: o pobo galego vota. Xa non serven as opinións periodísticas dun ou doutro sesgo, nin as enquisas. Seguramente fose a de maior desgaste e máis baixo perfil político da historia democrática do país e todo porque, desta volta, foi o Partido Popular quen sacou o doberman a paseo e a súa estratexia electoral baseouse, fundamentalmente, en axitar e desacraditar de tódolos xeitos posibles ás forzas gubernamentais. Evidenciouse un alarmante e xeneralizado vacío de ideas novidosas, e unha falla de vontade unitaria e de consenso, traducida en monótona parálise e nun clima de desconcerto que podería potenciala temida abstención. Dende o 11-M a liña da dereita española foi destructiva, nunca constructiva.

O corpus do seu discurso sustentouse, maioritariamente, na calumnia e na permanente incidencia na obsesiva idea de enmarcalos adversarios dentro dos tópicos clásicos, ás veces asumidos polo propio electorado progresista, a saber: o despilfarro, a incapacidade para dirixila economía, o paro, o sentimento antiespañol, a inseguridade cidadá ligada á inmigración... Sempre coas armas da mentira e do simplismo. Esto é algo cíclico, coma as crises do capitalismo, e noutra ocasión avancei que resulta o caldo de cultivo idóneo para que emerxa silenciosamente unha revolución conservadora se non se fai fronte con sólidos argumentos. Ante a desesperación, a humana e defensiva actitude de atopar inimigos comúns é unha balsa á que aferrarse no océano da desconfianza que representa “a clase política” e da que, por suposto, non participan os políticos de dereitas.

Esta foi a tarefa dos estrategas de Feijoo, e tamén a trampa na que puideron caer os seus adversarios os que, aínda tendo dereito de réplica e de defensa, deberan abstraerse desas provocacións para remarcala incapacidade e carencia de proxecto do PP para Galicia. A súa proposta é o fraguismo sen Fraga. Remarcando as fortalezas propias póñense en evidencia as do contrario. O mellor que pode pasar o domingo é que os galegos acudan masivamente a votar, chova ou faga sol, para darlle un toque de atención ós partidos, para rebelarse contra da manipulación e para darlle un pulo modernizador a este país, o cal se terá que producir, sí ou sí, nos vindeiros catro anos.

jueves, 19 de febrero de 2009

Próxima estación, bipartito.


Nunha semana estaremos preto da xornada de reflexión. É probable que o que resta desta enrarecida campaña nos depare algunha sorpresa, e a intensidade da mesma vaia in crecendo a medida que o día 1 se aproxime. Do contrario, a desmobilización parece garantida e coido que, no fondo, non lle interesa a ninguén: non lle interesa á coalición gobernante por motivos obvios, pero tampouco debera satisfacer, nin interesar, a quen aspira a sucedela porque o escenario depararía a constatación do pouco entusiasmo que se palpa entre a cidadanía. Para o PP suporía unha gris volta á Xunta de Galicia e un lastre para os próximos catro anos por canto que, significaría gobernar cunha lixeira falla de lexitimidade, traducida en pouca autoridade para exercelo poder. Pero a quen menos lle interesa realmente é á cidadanía galega en xeral, posto que non só está en xogo quen será o vindeiro Presidente da Xunta. Tamén o está desterrar para sempre (ou non) o estigma dunha sociedade abstencionista, atrasada, sumisa, coa Democracia a medio construír e que non quere protagonizar activamente as decisións nos asuntos que a todos nos afectan.

Gañe quen gañe cómpre unha reflexión, e ese acto de valentía política correspode facelo, sobre todo, ós partidos. Algo falla no seo dunhas organizacións que se perciben afastadas e pechadas, nas que se prevé (a día de hoxe) que non acadarán seducir a amplas capas da poboación. Fai tres anos e medio a esperanza do cambio chegou tarde, mal e a rastro (recordemos o voto emigrante) despois de dezaseis de fraguismo, e a experiencia serviu para atestiguar dous extremos: os do BNG nin eran revolucionarios, nin tiñan cornos e rabo. O outro tivo que ver con certo desencanto entre a esquerda ó comprobar que a esperanza, practicamente, se quedou neso mesmo.

O ruido mediático madrileño está condicionando moitísmo as estratexias dos partidos aquí. Pode que un dos puntos principais sobre os que haxa que reflexionar sexa a relación que vaian a ter, en adiante, os partidos consigo mesmos a nivel estatal. Esta disxuntiva (non outras) está resolta no BNG. Non así no PSdeG, e moito menos no PP. Os dous últimos necesitan, coma auga de maio, ser máis autónomos para galeguizalo debate e transformala cultura política galega. Se todo transcorre dentro da lóxica, e da actual dinámica política, o electorado renovará a confianza no bipartito para que a próxima estación sexa o cambio real e non só a esperanza.

martes, 10 de febrero de 2009

A árbore e as noces


No contexto da política vasca é recorrente esta frase feita. Quen a promociona refírese a que ETA abala a árbore coas súas accións inútiles namentras o PNV as torna en utilidade, recollendo así o froito do apoio popular. A superprotagonista e promotora do apartheid lingüístico Rosa Díez é unha defensora desta non-teoría. Aprendeu a lección e aplícaa, acudindo a Compostela coa estratexia definida; movendo a árbore do inexistente conflito lingüistico e evidenciando un enfrontamento arrodearíase astutamente na bandeira da defensa dunha suposta liberdade ameazada: o dereito a escollela lingua en Galicia. Podería ofrecerlle algún rédito en Madrid ou noutras comunidades, onde a ignorancia da realidade plural de España (por parte do nacionalismo separador español) é manifesta, e onde a abafante conxura mediática fai estragos entre os pouco viaxados e instruídos.

Nun país coma o noso, sendo o galego secularmente proscrito e aldraxado (e onde tan só a vontade do pobo o mantivo vivo, non sen desgustos), onde o noventa por cen da oferta comunicativa é castelanfalante e onde a vida educativa dun rapaz pasa por recibila inmensa maioría das mensaxes orais e escritas en castelán, algúns arriscanse a falar de imposición sen ruborizarse. Ninguén en Galicia descoñece o castelán e conviven normalizadamente dous idiomas en pé de igualdade xurídica habendo un consenso amplo respeto da normativa a aplicar. ¿Por qué algúns galegófobos (coma Falange, membros do PP e satélites) teñen interese en crispar e elevar á categoría de social un problema que non é tal?. Só se comprende dende a vella táctica ultradereitista de pescar en río revolto. Os que acudiron á manifestación non estaban defendendo o bilingüismo nin a liberdade. Estaban en calidade de peóns da inxustificable imposición monolíngüe do castelán e esto non se sustenta, aínda tendo todo o dereito a manifestarse. A reivindicación é pois, enganosa. Como equivocados estaban os marxinais que a foron rebentar. Dárlles publicidade é un regalo enveleado. Violenta e desproporcionada foi tamén a actuación policial e a obriga ós viandantes galegofalantes de identificarse. A maioría social galega é xa madura e sabe identificar ben a quen quere recollelo froito á súa conta.

miércoles, 4 de febrero de 2009

Nova fase política


Os cadros dirixentes do Partido Popular atópanse enlodazados, mergullados na suciedade das cloacas madrileñas e na disputa a morte do poder polo poder. Para unha organización que viviu deste, e da súa retroalimentación con intereses particulares e espúreos, a travesía no deserto da Oposición parlamentaria convértese nun pesadelo do que é vital espertar canto antes. Deste xeito optaron por manter no seu día (mediante escuras maniobras ligadas ó sector inmobiliario, o coñecido Tamayazo), a estratexia de bordeala legalidade ad infinitum con tal de non perder posicións. As eleccións repetíronse en Madrid e os magos do engano, a manipulación e a demagoxia fixeron o resto. Ben é certo que a maioría dos cidadáns acudiu á chamada, e cumpriu.

Todo esto é boa mostra de como entenden a política algúns, de como gozan desprestixándoa, e de cales son as súas prioridades: o ben común sabemos que non, e aportar para combatela crise económica tampouco.

Pódese comprender como Esperanza Aguirre, dende posicións ideolóxicas ultraliberais, tan so se teña en conta a si mesma ou á carreira política persoal e que, para elo, empregue as técnicas máis antigas, depuradas e depuradoras que os resortes do poder, case omnímodo (do que disfruta en Madrid), lle acheguen. O que non resulta xa tan dixerible é ver a actitude do serio e rigoroso Mariano Rajoy que, unha vez máis, se demostra manifestamente irresponsable e politicamente cobarde, cerrando en falso a crise interna. O acontecido nestas últimas datas é tan só a punta do iceberg. Si o caso non dá un xiro inesperado cabe pensar que, a consecuencia dos resultados na noite do 1 de Marzo, se vexa moralmente obrigado (ou literalmente forzado) a dimitir, e chamado a favorecer un proceso de sucesión limpo, hixiénico e que sexa diametralmente oposto ó que deu cos seus ósos no liderado do principal partido da Oposición. A ferida no seo deste trasládase constantemente profunda, pero so podería comezar a cicatrizar cun cambio de cultura política interna no marco dunha aposta transparente e decidida pola elección democrática do líder, que terá que poñerse a traballar na dirección de cumplilo papel constitucionalmente establecido. Non como ata agora, que consistiu en dispendiar folgos na oposición contra sí mesmos. Entrariamos así nunha nova fase da política española.

miércoles, 28 de enero de 2009

Iberismo rexurdido?


Non, non estou a falar da ministra de Fomento nin de compañías aéreas. Afonda na noite dos tempos o intento de xunguir Portugal e España baixo unha mesma estrutura política. Dende o século XVI houbo quen soñou que estos veciños “irmáns” e ó tempo, perfectos descoñecidos, profundizasen na súa unión. Nun primeiro momento responde a ambicións imperiais da Coroa española (que goberna os dous territorios durante algún tempo) e foi no século XVII cando se separan definitivamente. De seguido, as alianzas internacionais de uns e outros (con franceses e ingleses) divórciaos por completo. Houbo algún intento posterior, e mesmo acordos de colaboración, pero os portugueses sempre recelaron de ser “absorbidos” e de que a súa identidade se diluíse, coma estaba sucedendo noutros lugares da España daquel intre.

A idea de construir Iberia rexurde con tímida forza a comezos do século XX: Joan Maragall, Cambó, Prat de la Riba, Castelao e algún máis defenden a unidade basada no respeto á diversidade cultural e personalidade política de tódolos pobos que a conforman, pero nun contexto que logo desaparece debido ó meteórico ascenso en Europa do fenómeno nacionalista.

Foi no ano 2006 cando sae publicado un estudo sociolóxico sobre este tema: o 45% dos españois defendía a integración, por un 30% de cidadáns portugueses. Era un dato a ter en conta.

A pasada semana os primeiros ministros de España e Portugal acordaron celebrar, no sucesivo, periódicos consellos de ministros conxuntos para visualizar un maior acercamento e tratar asuntos comúns, a imaxe e semellanza do que ocorre en Escandinavia con Noruega e Suecia, ou noutras rexións. Isto presenta oportunidades para os dous Estados tamén no xogo da política internacional, da Unión Europea e do mundo globalizado. Adianta a futurible xeopolítica da ibericidade. Integrar na diferencia é unha das máximas do proxecto de construcción europea, dende unha visión máis política ca económica, e máis federalista ca intergubernamentalista. Unha oportunidade para facer valer as potencialidades dun espazo xeográfico con tanto capital de influenza e posibilidades de exercelo soft power, e tan ben situado estratéxicamente nun mundo en reconstrucción. Hai aquí unha responsabilidade galega e botaráse en falla, durante a campaña, que os partidos non propoñan nada relevante neste eido. Teñen máis chicha as liortas localistas.


martes, 27 de enero de 2009

Un ano de blog


Onte fixo un ano dende que se colgou a primeira publicación neste espazo. Era o 26 de Xaneiro de 2008 e levaba un tempo con ganas de comezar a escribir. O que me empuxou definitivamente foi a irrupción en escea dunha figura política que hoxe é mundialmente coñecida. A máis coñecida.

Imaxino que coma min lle sucedeu a moitos e, sobre todo, a moitos xoves que se sentiron atraídos pola novidade nas mensaxes e a frescura transmitida por quen, hoxe en día, é o Presidente dos EUA. Eses xoves que moitas veces son pintados de apáticos e outras moitas, incomprendidos. Eses mismos xoves que cando se entusiasman e mobilizan, son capaces coa súa forza, de cambiar gobernos. Onte e hoxe. En tódolos lugares do planeta.

Facía tempo que seguía a súa traxectoria, pero non estaba convencido de que chegara a suceder a Bush ata eses momentos, onde botaban a andar as eleccións primarias dentro do Partido Demócrata. A aposta era arriscada pero os ilusos, os inocentes, os que empezamos a comprender e descubrilo mundo aquí e alí, e en tódalas partes, pensamos que o actual Presidente dos EUA non vai a traelo paraíso á Terra e algún día defraudará pero de seguro, loitará por mellorala (ou eso queremos creer). As súas primeiras medidas así o deixan entrever.

Os EUA non deixarán de selos EUA pero un ano despois podemos pensar que algo xa mudou, e para ben. Cando menos, é mellor que o anterior. Para o seu país, pero tamén para todo o mundo.

Dende aquela deu tempo a pasar da desconfianza ata chegar á "Obamamanía" irracional, pero hoxe en día, todos se apuntan ó seu carro. Dende Rajoy ata Fidel Castro. Todos?. Non, hai un irreductible de bigote que pulula por aí anunciando o Apocalipse.

Esta entrada excepcional é unha homenaxe, de paso, a tódolos xoves e a tódolos ilusos.

martes, 20 de enero de 2009

Coroación imperial


En Europa non estamos acostumados á magnificencia e intencionalidade epocal de actos e discursos coma o celebrado na capital do imperio. Quizáis a elevación ós altares da política do Presidente da República Francesa sexa equiparable, ou unha coroación real británica. Os EUA representan unha síntese mellorada desas dúas lonxevas tradicións nisto, e en boa parte do demáis. En España ademáis, tanto a dereita como a esquerda, reaccionan de xeito ambivalente (con desconfianza ou entusiasmo) ante todo aquelo que proceda do outro lado do Atlántico. Posiblemente, de producirse un discurso similar ó de Obama por un político español, a cidadanía e os tertulianos escacharían a rir. Non lle damos tanto valor á palabra e á altura de miras, que como se ten demostrado ó longo dos tempos, pode axudar a cambialo mundo en positivo.

Non foi o mellor dos seus discursos, pero será o máis importante, e por él será recordado. Recolleu fortes doses de utopía, de optimismo e á vez, de realismo. Sabia mistura. Isto é unha constante no ideario dun político que, de feito, transcende a propia política como xa se ten dito. El é tamén un intelectual que xogou a baza da retórica para conformar un liderazgo forte e carismático. Históricamente, aqueles que chegaron ó poder por esta vía non foron bos gobernantes, pero pode que Obama rompa, nisto tamén, coas tendencias. Finalmente, a casual tregua de Gaza non o obrigou a manifestarse.

O politólogo Rafael del Águila (recentemente falecido) publicou un ensaio que leva como título Crítica de las ideologías. Resumindo de maneira imperdonable, expón a tese de que a fé cega nelas levou (sobre todo no século XX) a cimentala violencia e provocar graves catástrofes, nunha visión pesimista e deixando caer toda a responsabilidade do malo nelas. Obama, aínda que poida considerarse o primeiro xestor da realidade posmoderna, non debera ser entendido coma un líder post-ideolóxico. Aínda que a súa mensaxe é de unión, e superadora da guerra civil ideolóxica das últimas décadas nos EUA, non se desliga (intencionadamente) do peso dos valores e ideais fundacionais desa república, que son eminentemente progresistas: liberdade, igualdade, tolerancia, diversidade e ben común. Recordaría tres frases: “o mundo cambiou e debemos cambiar con el”, “iniciase unha nova era de paz”, e “escoitaremos ó mundo musulmán”. Veremos se é certo.

jueves, 15 de enero de 2009

Relevo en Washington


O vindeiro Martes producirase a toma de posesión de Barack Hussein Obama. A partir deste día poderemos ir calibrando o percorrido das súas promesas de cambio para EUA e o mundo. As expectativas creadas en torno á súa figura, e ás políticas que levará a cabo son inmensas e, el mesmo (nunha entrevista recente) confirmou que se sente abrumado polos retos ós que terá que facer fronte.

Sen tomar posesión xa puido intuír a ingratitude que conlevará ostentar tan alta responsabilidade, debido a asuntos como o do posto vacante no Senado, o caso de Bill Richardson, ou as criticas recibidas por mor do deliberado e prudente silencio respecto da situación en Palestina. A política moderna xa non respecta os cen días de rigor. É máis, case cen días antes de ser envestido presidente empezaron a observarse obsesivamente os seus pasos, as súas declaracións. Isto pode parecer inxusto pero posiblemente haxa que empezar a entender que as novas sociedades democráticas e da información escrutarán, a partir dagora, ós seus representantes dunha maneira enfermiza. Obama será o líder democrático máis estudado da Historia. Cada paso que dé, cada medida que tome, será analizada e debatida simultáneamente por millóns de persoas, especialmente na rede, esa ferramenta tan importante para o seu éxito.

O Martes, dende o momento en que xure o cargo, Obama será outro Obama. Deixará de ser unicamente o icono global que conseguiu ser e agromará a realidade dos feitos. O afamado economista e columnista Paul Krugman dixo, en plena campaña, algo así como: “son o primeiro en apoiar a Obama hoxe, pero tamén serei o primeiro en criticalo cando toque”. Esperemos pois a que tome asento no Despacho Oval, e deixemos ver como repercute na economía o Plan de Rescate Financieiro. Esteamos atentos ó seu discurso o día vinte, porque posiblemente teña palabras para Gaza (aínda que a elección de Rahm Emmanuel ou Hillary faga prever que non se variará substancialmente a tradicional postura norteamericana, pode sorprender). Vexamos se cerra Guantánamo antes do verán ou non. Observemos cada paso en perspectiva e sobre todo, contrastemos co anterior. Non caiamos, ata que toque, no cinismo de Aznar que, a parte de quedarse sen a súa Medalla da Liberdade, asegurou (dende a bola máxica) que será un desastre.

jueves, 8 de enero de 2009

Antilíder

Moitos eloxiaron as súas capacidades, e o seu punto forte é a oratoria en sede parlamentaria. Ten aires de deputado decimonónico, e iso na era do boom tecnolóxico e da comunicación, na do poder da imaxe, é un lastre potente. Case insalvable. Foino case todo na política e parece irreal que chegue a ocupar un cargo máis elevado. Pode que líder da oposición fose o último gran reto de proxección estatal para Mariano Rajoy pois tan só a imprevisibilidade, a día de hoxe, faría variar substancialmente as febles probabilidades de que chegue a presidente, ou tan siquera, a candidato polo Partido Popular en 2012. Nin entrou con bo pé, nin xestionou con habilidade a situación interna dende 2004. A súa tendencia patolóxica a deixar apodrecer os problemas pasarálle factura novamente nas próximas convocatorias de Galicia e Euskadi, nun momento onde se require agudeza, cintura, e capacidade de reacción. Tamén nas eleccións ó Parlamento Europeo, para as cales, as forzas mediáticas amigas impuxeron un falcón superado polos tempos. A priori, a crise debera darlle impulso e posibilidades, pero semella que non a soubo rendabilizar.

Posiblemente fose complicado facer a súa laboura pero foi incapaz de articular un discurso de entusiasmo e que inspirase, un mínimo, ás bases do centro-dereita, e ós seus compañeiros dirixentes. Non contaxiou confianza nin seguridade, tomou medidas contradictorias, e os ataques contundentes á maneira de facer oposición, dende o extremo, non fixeron máis que minalo. Considérano un home de transición para colocar alguén de contrastados e firmes principios, afastado das desviacións heréticas. Canto máis se escoraba á dereita, máis o atacaban por esta banda.

Un candidato que non oferta alternativas positivas e atractivas, que non ten visión de futuro e só propón sentido común, ou se presenta coa garantía de que formou parte do goberno e España non se afundiu no Atlántico (coma o Prestige), non ten posibilidades e ademais, é un claro obstáculo para que a súa formación faga catarse. O éxito en Galicia é moi improbable e o fracaso en Euskadi está asegurado. Os gardáns da doctrina aznarista teñen quentes as acusacións. Entre elas, provocala saída de San Gil, ocasionando a derrota. Con esa bagaxe e o conseguinte clima de desalento as europeas poderían sela tumba política dun líder con cualidades, entre as que non se atopa a de liderar.

martes, 30 de diciembre de 2008

Lento exterminio


Son dos que pensa que cómpre chamar ás cousas polo seu nome e non caer nas trampas semánticas daqueles que, con sinistra intencionalidade, rebautizan os termos para facer ver que a maior das brutalidades é algo necesario, ou salvable. Ocorre así cos “ataques selectivos”, coas “operacións quirúrxicas”, co “imposto revolucionario”, ou con similares. É a linguaxe dos poderosos e fanáticos. Dos que necesitan, tal criptonita, autoconvencerse de que están no certo e cumprindo co deber ou ca patria, co seu destino ou con Deus.

A risco de ser acusado inxustamente de antisemita, propoño que os medios de comunicación informen sen medo, e que o tratamento da traxedia palestina se faga de maneira obxectiva e contundente, para remover conciencias e presionar respecto do que está a acontecer en Terra Santa dende antes do comezo da enésima intervención terrorista do estado de Israel: un vello, lento pero seguro, e continuado exterminio. Cando se cerran estas liñas, a criminal operación “Plomo Endurecido” leva por diante máis de 360 vidas palestinas, e 1500 feridos. Do outro lado, finaron catro inocentes cidadáns. ¿Ónde está a proporcionalidade e onde se sustenta a equidistancia neste complexo e endiañado conflito?.

É certo que a responsabilidade última da ruptura da tregua negociada e mediada, á que chegaran, corresponde ó movemento islámico Hamás. Pero non é menos certo que esta facción gañou as últimas eleccións limpa e democráticamente en Gaza, e iso é o que desprezan Israel e os gobernos colaboracionistas occidentais, que empregan dúas varas de medila Democracia. Os dirixentes islamistas mostran cegueira política e exprimen en demasía o sangue do seu pobo, deixándolle en bandexa ós dirixentes hebreos seguir extenuándoos de tódalas maneiras posibles co pretexto da seguridade, e coa carta branca que a Historia e o Holocausto lles brinda. É vergoñenta tamén a actitude atrofiada e de parálise na UE. Especialmente a posición de Alemaña, que non se desembaraza do sentimento de culpabilidade do nazismo, e non condena a actitude desmesurada dun estado expansionista. A creación de dous estados convivindo en paz parece cada día máis utópica. Un estado palestino, agora mesmo, é inviable pola propia división interna e territorial, pola ocupación e porque, concretamente en Gaza, malviven millóns nun pequeño e mísero cárcere permanente, asasinados e afogados económica e humanitariamente. Un lugar semellante ó gueto de Varsovia.

jueves, 25 de diciembre de 2008

Clarificará


El año que se va será recordado por haber tambaleado los cimientos de una realidad que a muchos les convenía ver e imponer como definitiva. No sólo por la vía de los hechos cayeron una variedad considerable de inmutables verdades. También las mentes asumen el derrumbe del, ya de por sí, débil sostén racional de la cosmovisión neoconservadora y radicalmente liberal en lo económico.

Se intuye, asimismo, que la veinteañera y pretendida hegemonía para un nuevo siglo americano se ha visto obligada a retroceder y echar el freno. Un final que se presume honroso al haber sido ordenado libre y democráticamente por un pueblo hastiado de ser señalado, olvidado y confundido con la maledicencia de sus últimos dirigentes. En 2008, los norteamericanos apostaron muy fuerte por un candidato insólito, con el mandato inequívoco de hacer aterrizar la nave de sus propios delirios de grandeza, y reinventarla.

En este momento todo es incertidumbre, pero clarificará. Lo económico-energético y geopolítico ebulle en un Risk muy real. Constantemente se reordena, por ello son épocas de gran interés. Ha de transitarse desde un viejo mundo dividido en dos bloques enfrentados, pasando por el arrogante e inviable mal vencer de uno de ellos hasta, pacíficamente (en contraste con otros momentos), configurar uno nuevo y habitable, que sea multipolar y poliédrico. Quedará, para la Historia, un 2008 que será punto de inflexión en muchos órdenes y acelerador de la entrada en una nueva era: la de la invasión de las tecnologías y el aviso de que el egoísmo es mal compañero. También el inicio de la preocupación global por el progreso verde, que no es sino la oportunidad para que el capitalismo intervenido cree, y haga extender, otras fuentes de riqueza y desarrollo respetando un planeta que, a este ritmo, avanzaría por el camino del no-retorno en una segura vuelta a la feudalización.

Una vez más la humanidad salvará las luchas contra sus propios miedos, continuando por la senda evolutiva, como especie incomparablemente adaptable y previsora que es. Resta por incorporar una mayor sensibilidad y corresponsabilidad para con los lugares más desfavorecidos. Puede que 2008 fuese el año donde esto ha empezado a cambiar.

martes, 16 de diciembre de 2008

Bush e os zapatos

A política regálanos, en ocasións, imaxes que encerran forte simbolismo e que ficarán na Historia. O acontecido na recente visita de Bush a Bagdad é boa mostra. Un espontáneo periodista iraquí, fóra de sí e durante unha rolda de prensa, xogouse o físico arrebolándolle os seus zapatos ó todopoderoso, e en retirada, cowboy ó berro de “can” autoproclamándose vingador das vítimas ocasionadas polo interminable conflito naquel maltratado pobo. No imaxinario árabo-musulmán a escea, xunto coa agresión verbal, consegue xunguir en sí mesma o maior dos desprezos. A incuestionable pericia á hora de salvalo ataque evitou que nacera un novo heroe.

Resulta divertido comprobar como se producen bucles serendípicos e, así como hai unha curiosa relación entre o gutural e a política norteamericana (dende Garganta Profunda, ou o atragantamento do querido George coa afamada galleta Pritzel, ata a forza do son na oratoria de Obama), tamén existe un nexo de unión entre o calzado e o inesquecible mandato deste home.

Ademáis de facer unha política de pobre perfil e de que a súa catadura moral, en asuntos capitais, se mostrase a ras de chan os cidadáns non podemos obviar o momento no que Aznar deu o seu apoio político á vergoñenta Guerra de Iraq, con zapatos riba dunha mesa da Casa Branca incluídos. A obscenidade da instantánea bate coas visitas ó polvorín de Medio Oriente dun Rumsfeld equipado con botas de campaña, traxe e corbata nun lugar no que os nenos camiñan aterrorizados e descalzos. Un lugar onde os marines se fan fotos torturando a prisioneiros e cun pé riba das súas cabezas. Un lugar que non está moito máis alén da península con forma de bota.

E nesto chegou Zapatero, e mandou a parar. Escomezou o rebote internacional anti-Bush, a resistencia e deslexitimación efectista e efectiva dunha invasión ilegal. E as tropas españolas, cumpríndo a vontade popular, fóronse de onde nunca deberan estar.

O acto final da obra remata cun zapato volador. Semella a metáfora dun mandato decadente que comeza con dous pequenos políticos contentos, coma con zapatos novos, que se vai enturbiando con pólvora, lodo e terra, pero que remata relativamente ben. Digo relativamente porque a forza destructora dun zapato nada ten que ver coa dun tomahawk. Obama terá que pensar coa cabeza, e non cos pés.

jueves, 11 de diciembre de 2008

Renuncio


Acábase de producir un feito surrealista. É moi indicativo do papel que algúns medios xogan neste país, e o manipuladores que poden chegar a ser. Por vez primeira, os amigos de toda a vida dun asasinado pola ETA tiveron que emitir un comunicado coa fin de limpala súa imaxe pública logo das acusacións do diario El Mundo (e o resto da caverna), respeto da fotografía que protagonizaban, publicada en portada ó día seguinte do último atentado. Resulta que Ignacio Uría xogaba no mesmo bar e cos mesmos compañeiros, tódolos días, a partida de tute. O día que lle dispararon, a cuadrilla decidiu homenaxealo xogando, e os fotógrafos apilábanse a cobadazos para retratala escea ignominiosa .

Pois ben, resulta que esa imaxe foi escollida como “metáfora” do discurso que dí : “a sociedade basca está enferma”. A retaíla de horas de insultantes tertulias radiofónicas, televisivas e os ríos de tinta que suscitou é digna de estudo (chamáronlles desalmados, malnacidos, asasinos encubertos, cobardes...) e coido que serviría para sustentalo seguinte: parte da sociedade española, xunto cos medios que a axitan constantemente, está enferma. Ademáis, desta volta, foi collida nun renuncio.

Carlos Iturgáiz (o eurodiputado popular basco) escribiu ó día seguinte un artigo de opinión titulado: Las cuarenta en bastos. Viña a soster, punto por punto, a estratexia mediática orientada a difamar ós seus concidadáns, logo de non aparecer na capela ardente do falecido (quizáis porque era nacionalista). Independentemente do importante desta triste historia, que é a morte dunha persoa, subxace algo en paralelo, digno de análise: o papel que os medios de comunicación sensacionalista xogan en toda esta traxedia colectiva e a imperiosa necesidade de poñerlle freo dalgunha forma, se algún día hai vontade de levar a cabo unha reconciliación, en parámetros racionais. Non só unha reconciliación entre vítimas e verdugos (humanamente complexa), senón entre espazos sociolóxicos enfrontados visceralmente, representados polos nacionalismos excluíntes español e basco. ¿Será posible algún día chegar a este punto, ou farán falta décadas para desprogramar?. ¿Estamos condenados a padecer uns medios propagandísticos, non informativos?. Estas e outras cuestións deberían de plantexarse, logo do espectáculo ó que poidemos asistir, por parte daqueles que queiran estar ben informados en liberdade, e non terminar coma uns simples consumidores de clichés malintencionados.

miércoles, 3 de diciembre de 2008

Trinta anos despois


No 1978 moitos non naceramos, pero outra xeneración viu fraguar algo prácticamente insólito: un acordo de amplo consenso no fundamental para organizalo futuro Estado Español sobre as bases do recoñecemento da soberanía popular e da democracia pluralista. Todo esto nunhas condicións de relativa paz pública. Un éxito dende este punto de vista pois históricamente, os cambios substanciais producíranse en climas de tensión política latente ou manifesta. Ténse falado moito (demasiado) do exemplarizante que foi, como modelo, o periodo transitório que desmontou a estructura da Dictadura, e da participación das masas e das elites no proceso de conquerila Constitución e construíla Democracia.

Trinta anos despois existe tamén un consenso xeneralizado á hora de valoralo beneficioso que foi o que aconteceu a posteriori: o cambio de relacións Igrexa-Estado, a creación do Estado Autonómico (federalizante), o ingreso na UE, a consecución dun Estado de Benestar, a proxección cara o exterior... Pero crecentemente acompaña a sensación de que o que se fixo estivo razonablemente ben naquel momento e para aquela sociedade. Hoxe en día hai un exceso de veneración polo texto e esto impide correxilos seus defectos. Denota encorsetamento, tamén ante a propia dinámica política, que xa non é a mesma que en 1978 nin está suxeita ós mesmos medos e presións. Agora voamos por nós mesmos gozando de cidadanía plena. A sociedade é máis libre, secularizada, multicultural, e con maior información.

Daquel periodo arrástranse rémoras: fundamentalmente o terrorismo da ETA (escindible do conflito político), a non de todo efectiva separación Igrexa-Estado, a incompleta aceptación dos límites constitucionais por parte de sectores das Forzas Armadas, o debate non resolto sobre a Xefactura do Estado (aínda que sexa tabú), e o fracaso no cambio de cultura política referente á aceptación da plurinacionalidade do Estado (reforzamento da cooperación multilateral e abandono do victimismo dende os nacionalismos periféricos). Todas estas rémoras posiblemente formen parte dunha mesma categoría, xa que remiten ó máis fondo e primitivo do “sentimento nacional” de alomenos, a metade de españois. Polo tanto, a identificación e resolución satisfactoria de todas elas é complexa pero desexable para, trinta anos despois superar pantasmas, medos atávicos e adaptalo texto ós nósos días, proxectándose de novo cara o futuro.

martes, 25 de noviembre de 2008

Envestidas pola dereita.


Acábanse de producir, nas últimas datas, declaracións desacomplexadas dende distintos sectores da Dereita máis reaccionária e máis afastada do que debe ser o espazo central da vida pública en Democracia. Unhas proceden da cúpula xerontocrática da Igrexa Católica e as outras proveñen da reelexida presidencia da organización xuvenil do Partido Popular de Madrid. Escuso decir que no noso sistema garantista e de liberdades está permitido case todo neste senso e ademáis, así debe ser. O que semella preocupante é que case ninguén se escandalice, nin a polémica chegue a ser tal. Constátase pois, que a grande maioría social está embuída e ensimismada nos asuntos económicos, deixando así paso a manifestacións cunha forte intencionalidade política e cunha carga ideolóxica perniciosa.

Dende a Esquerda, uns adícanse á autocomplacencia e outros dispendian folgos en loitas por reflotala nave, que está tocada, e ben tocada. Todo un filón para que, soterradamente, comece a xerminar unha revolución conservadora á española.
Acéptase, de maneira tácita (por omisión), que monseñor Rouco Varela se erixa en intérprete da vontade popular cando alerta que o cumprimento da Lei pode levar a “outro enfrontamento civil”. Ou cando se decanta por deixar ós asasinados da Guerra apilados en fosas comúns en favor da “reconciliación que se deu na Transición”. Ese é o mito inquebrantable, a verdade sacrosanta. Namentras, eles canonizan ós seus mártires.

“Naceu unha estrela. Un novo adalid do Liberalismo en España”: así presentan ó líder das NN.XX. madrileñas: Pablo Casado. As súas palabras, o día da reelección, son unha mostra de intencións: renega do "asasino" e "mercenario" Che Guevara. Non é o substancial. O líder xuvenil impútalle á Internacional máis de cen millóns de mortos, ataca a nostálxia de Maio do 68, aposta pola flexibilidade do mercado laboral, arremete contra do salario mínimo interprofesional, e promete dala batalla ideolóxica. Innegablemente, o aguirrismo está arraigando... É a maneira de buscar un chivo-expiatório: inculpar ó resto do momento que estamos a padecer por mor das políticas fracasadas que defenden. O preocupante é que hai certa base social propensa a caer na trampa do reduccionismo, e hai unha cantidade importante que acabará renegando da participación cando todo se envelene. Algúns búscano, pero ante o intento de envelenamento, firmeza democrática.

miércoles, 19 de noviembre de 2008

Canta demagoxia!!


Non tiña previsto publicar outra entrada antes da semanal..., pero ás veces, a actualidade manda e neste caso, hai cousas que che fan fervelo ánimo.

Habitualmente, a dereita cavernaria (política e mediática) cando perde a iniciativa do discurso opta por empregar métodos bastante pouco elegantes, retratándose. Non é algo novidoso e faino aquí e alí. En España, en EEUU, en Europa e na maioría dos países democráticos ou non. Ademáis, son técnicas lexítimas que se aceptan en Democracia, pero que por respeto á mesma e por cortesía e tamén respeto ós cidadáns, se deberan desbotar.

Empregan todo tipo de técnicas, e a máis socorrida é a demagoxia. Aquí son auténticos mestres. Coma na utilización da negatividade, do cinismo, da dobre moral, do maniqueísmo...

Hoxe, no diario El Mundo, recóllese (na portada) unha fotografía parecida á darriba, acompañada doutras dúas onde dous moribundos nenos congoleños son vítimas da inanición: o caso é ligar simbólicamente, mediante a imaxe, a Zapatero, ó Rei, a Tayip Erdogan, ó Secretario Xeral da Asamblea das Nacións Unidas e a esta sede de Xinebra con esa catástrofe endémica que padecen no Terceiro Mundo e que sempre denuncia (e traballan por erradicar), precisamente, as institucións internacionais como a ONU, ou outras..., coa fin de desprestixar e enganar. Coa fin de deslixitimar e "demostrar" que "os políticos" andan a unha cousa, cando a realidade é outra. Esto pode ser certo ás veces, pero non son os máis axeitados para falar.

O caso é que parece que esta obra, que presentará e adornará a cúpula dichosa, foi feita por un catalán (Miquel Barceló) e que representa a mestizaxe, a multiculturalidade, a realidade plural do mundo, etc...Non vou a entrar a valorar se a obra é máis ou menos agradable á vista, ou si tan sequera se pode considerar ou non arte (a comprensión e tratamento disto pode ser o máis relativo que exista). Personalmente, pareceme orixinal e cun sentido da coherencia que noutros traballos contemporáneos non atopo.

Ocorre que costa 20 millóns de euros facelo todo: adaptala estructura e levar a cabo a obra artística. España sufraga o 40% dos gastos a conta da Axuda Oficial ó Desenvolvemento (concretamente o 40%, posto que o 60% é financiado por unha fundación onde se atopan unha quincena de entidades privadas, tales coma Bancos, Caixas de aforros, etc...). A Dereita (e non só a Dereita) patina, posto que eso que chamamos AOD non é máis (na súa maior parte) ca un mecanismo de crédito. É decir, mediante ela, o que facemos é acrecentala débeda dos países pobres. A axuda non-reembolsable (da que non sacamos rédito nin interese) é mínima. Ínfima.

Pero bueno, a parte desto (que é o verdadeiramente importante, aínda que nolo fan ver anecdótico pois nin tan siquera se menciona...) o que subxace é a estratéxia de desacreditalo Goberno mostrándoo como pretendidamente insolidario e despilfarrador en tempos de crise, ademáis ensañándose cos máis pobres, pois con eses cartos ¡¡"se podían pagar x-miles de vacinas"!!...(demagóxia elevado a n)

Tamén pretenden deslexitimar a idea da Alianza de Civilizacións, que é un proxecto de contido e a longo prazo (respaldado pola ONU), para pelexar por desactivala incomprensión e intolerancia que xermina en sectores sociais marxinais das sociedades, na procura dun horizonte de paz.

Non se trata dunha simple ocurrencia, ou de palabras baleiras como queren facer ver, pois co proxecto da Alianza póñense mecanismos (e cartos) a disposición para traballar nos campos da igualdade, do desenvolvemento, as infraestructuras ou da educación, para que haxa maior cercanía entre culturas e comprensión entre diferentes, nun mundo en constante loita entre ricos e pobres, entre tradición e modernidade, entre fanatismos, etc...

Polo tanto, penso que esta estratexia é caer moi baixo. Sobre todo porque de onde proceden as críticas é daqueles sectores que, nin dentro nin fóra, nunca fixeron nada porque as diferencias se mitigasen. Daqueles que históricamente defenderon ós privilexiados e daqueles que sempre defenderon a hexemonía cultural duns sobre outros, a explotación o colonialismo ou mesmo a guerra.

Xa sabemos que coa Paz non se fan tantos negocios...e que é preferible que España figure como aliado de expansionistas que levan unha guerra criminal e inxusta a un país soberano, onde non había nada que xustificase unha intervención dese tipo, antes ca figurar coma un país que aposta polos Dereitos Humanos, por potenciar e mostrar a súa cultura, etc...Supoño que a ironía se entenderá ben, aqueles que empregan tan ben a demagoxia tamén poden facer o exercicio.

lunes, 17 de noviembre de 2008

Tres crises aquí


Susan George ven de pronunciar unha concorrida conferencia en Santiago de Compostela sobor da actualidade sociopolítica global. A filósofa e analista francesa sostivo na súa alocución da semana pasada algo que coñecíamos, pero que soubo sintetizar e expoñer maxistralmente. A situación á que nos enfrontamos ten unha triple vertente: por un lado, maniféstase unha grave crise económica que ademáis, se fai acompañar dunha crecente e vergoñenta crise da fame. A terceira gran crise é a climática. Todas se retroalimentan.

Non allea a todo o anterior, e paralelamente, España asiste a outras tres crises de calado e que afectarán a axenda do vindeiro curso político. Dende Vasconia percíbense sensacións de que algo se está a mover. Alí conflúen as dúas crises de maior relevancia e as que presentarán longas horas de debate, con repercusións inevitables na xeneralidade do tableiro político. A primeira delas refírese á situación de división no seo da dereita navarra e ó desconcerto que a ruptura do pacto entre UPN e PP provoca nos seus potenciais votantes. Ningunha das formacións sae beneficiada e prevese que a máis damnificada sexa a franquicia dos populares na comunidade foral. A nivel estatal tampouco, posto que se pon de manifesto que este partido non se desembarazou da influenza daqueles sectores intransixentes que lle provocaron caer amplamente derrotado na anterior convocatoria electoral. Mariano Rajoy está desnortado (posiblemente sentenciado) e de non correxir o rumbo, as loitas intestinas poden extenderse por máis circunscripcións ata forzar, tal metástase, a caída do propio lider da oposición.

Outra crise explícita é a da organización ETA, tamén desnortada pero ademáis, descabezada e asediada. Hai que ser cautelosos, pero despois de corenta anos de violencia e co referente da nova-ETA (o sector máis fanatizado e temerario) no cárcere, as pugnas internas no entorno do movemento poderían intensificarse, abríndose a oportunidade dun replantexamento serio da estratexia criminal que acelerase o autoconvencemento colectivo da inutilidade do emprego da violencia.

A terceira crise que se pode constatar é a que arrastra Izquierda Unida, por enésima vez dende o restablecemento da Democracia, e que pode rematar por levala a unha maior marxinalidade e perda de peso na dinámica do xogo político-institucional. É resultado dunha carencia de proxecto claro e unificador, e tamén dunha evolución. Sería unha mala noticia para a pluralidade do sistema de partidos que non soubese cerrar esto rápido e ben.

miércoles, 12 de noviembre de 2008

Solidificala vida


Unha das obras de referencia do pensamento crítico contemporáneo é Vida Líquida, traballo do filósofo e sociólogo polaco Zygmunt Bauman. Nela, expónse a tese de que vivimos nunha sociedade en constante precariedade e suxeita unicamente ás regras do mercado depredador e consumista, no marco do capitalismo global. Trata da volatidade das relacións persoais, do desmantelamento das redes de solidariedade, da producción constante de resíduos humanos inservibles, da maneira e fugacidade na que mudan as pautas sociais e como todo flúe (información, capitais, bens, seres humanos..). Tamén da instalada sensación de permanente inseguridade. Fala ademáis, de outros moitos asuntos interrelacionables e supón, en esencia, unha crítica estructural ó sistema neoliberal. Emprega para elo a metáfora da vida líquida.

Pois ben, por mor do cumio de Washington, e dado o resultado que arroxaron as urnas norteamericanas, vénse falando pomposamente da necesidade de refundar ou reestructurar ese sistema, nada menos.

Parece ser que, por primeira vez, España vai estar presente na inaugural xuntanza, dunha rolda, que se propoñen levar a cabo a inxente tarefa de reformular esa orde económica e xeopolítica. Esto de por si é xa un logro, pois teremos voz e polo tanto, influenza nos próximos anos. O reto será pois, solidificala vida, regularizala, intentar facela máis predecible e máis racional para poder desactivar a crise, o medo líquido, e intentar dar solución ó asunto medioambiental . Non se sabe ben como facelo, só que hai que facelo e para esto se reúnen. Pero no que si que semella haber consenso xeneralizado é que novos polos de poder teñen que acudir á chamada de reorganizalas cousas para que simplemente, haxa futuro. Fálase do new New Deal acompañado dun novo Bretton Woods. Haberá que poñerlle nome a aquelas actuacións conxuntas que fagan fronte ó cambio climático.

Constátase que triunfaron, para os próximos anos, o diálogo, a cooperación e as teorías da alianza por riba do choque de civilizacións, tamén que rexurde como nunca a ideoloxía. É o re-comenzo das ideoloxías, non a fin das ideoloxías. Neste contexto, prevese que Zapatero, Obama, Lula e mandatarios doutros países emerxentes, Gordon Brown e Nicolás Sarkozy xoguen un papel determinantente de liderato e de guía para replantexarse un novo rumbo. No plano interno, a situación é inmellorable a medio prazo para os intereses electorais do PSOE, pois Zapatero veráse afianzado como líder socialdemócrata.

miércoles, 5 de noviembre de 2008

El Presidente tecnológico

Se había venido insistiendo en que por fin se cierra un círculo: en EEUU se ha optado por la ruptura, y pensar en el 11-S como acelerador del derrumbe ideológico del conservadurismo como concepción dominante del mundo es, a la vez de cuestión sensible, algo realista. El hito sólo podrá calibrarse analíticamente con el transcurso del tiempo, pero me atrevería a asegurar que la contenida revolución democrática que se ha suscitado, en un país con una cultura política tradicionalmente abstencionista, ha sido la mayor respuesta serena y colectiva de una sociedad en al menos, medio siglo. Comienza el futuro, y un nuevo amanecer.

A la par que John McCain combatía y caía prisionero de guerra en Vietnam, emergía un movimiento social contracultural de grandísimo calado para el devenir de Occidente. Obama es, en parte, heredero intelectual de todo el poso de valores y de aquel terremoto de rebeldía pacifista, ecologista y feminista. Ahora existe la posibilidad cierta de que algunos sueños de aquella generación cristalicen en la cesión del poder a una nueva, y en un cambio de paradigma debido, a su vez, a lo que representa el hecho de que el Presidente in pectore es también la culminación simbólica de un largo proceso de integración racial, en clave cosmopolita, en la república moderna más grande de la Historia. Se cierra una etapa vergonzosa más, depués del genocidio indio.

John Fiztgerald Kennedy se había servido magistralmente del medio televisivo (en su etapa de expansión) para conformar su liderazgo y, la experiencia que nos deja el fenómeno Obama es que el futuro de las campañas electorales, y de la Política, pasa indefectiblemente por explorar y explotar las posibilidades que internet y el teléfono móvil brindan para movilizar a las masas, revitalizando así las democracias participativas. Él éxito de este aprovechamiento es incuestionable.

Se ha dicho de Obama que será el primer Presidente poeta. Creo que la retórica evocadora y grandilocuente (que remite constantemente a una visión épica del sueño americano) de sus discursos ha sido un buen medio para inspirar a una sociedad que parecía adormecida, pero sobre todo, creo que es el pionero, genuino y en adelante, prototípico presidente de la globalización del SXXI y por ende, el primer Presidente tecnológico. Resulta paradójico pero, ahora ya si, anecdótico que sea negro. Things happens, las cosas ocurren.

miércoles, 29 de octubre de 2008

Non é só a economía, estúpido!


Acendan o televisor. O vindeiro día catro temos cita coa Historia e asistiremos a ela pasivamente de maneira obrigada, coma se estiveramos amordazados ollando unha producción de Hollywood. Celébranse as eleccións máis transcendentais das últimas décadas nos EUA e de novo os cidadáns desa nación decidirán sobre millóns en todo o planeta, nunha coxuntura onde a economía parece envolvelo todo. É unha preocupación xustificada, pero non se trata unicamente disto nin é o que realmente está en xogo. A situación global actual require máis doses de liderato, de visión, e de alta política ca de arranxos economicistas. Necesítanse pois, salvagardar e reforzalas ferramentas que posibilitaron a extensión do desenvolvemento e do benestar, e replantexar todo aquelo que sexa anacrónico por superado, irracional e insostible, coa fin de garantir unha gobernanza segura, plural e pacífica dos asuntos mundiais.

Os estrategas da campaña demócrata atopáronse cunha onda favorable ó cambio e explótana coma en 1992, cando Bush pai lle cedeu o trono a Bill Clinton grazas, en parte, ó xa mítico lema É a economía, estúpido!. Tamén agora será determinante para o resultado electoral (porque é o que afecta directamente ás familias), o acontecido por mor do crack financieiro internacional que é resultado lóxico e visible da deriva do capitalismo salvaxe e sen freo. Ocorre que o iceberg é inmenso, e por debaixo atópanse mergulladas unha inxente e crecente cantidade de inxustizas (moitas delas enquistadas e sen visos de resolución), un alto grado de inhumanidade e perigos que non se resolven botando man das calculadoras. Reclámase unha mistura de pragmatismo, vontade política e, porque non?, utopía.

Un novo liderato xurdido das urnas norteamericanas deberá tela sagacidade e audacia suficiente para imprimir un novo rumbo que impulse á comunidade internacional na dirección de globalizar non só as bondades e maldades do modelo capitalista como ata agora, senón na liña de globalizalos centros de decisión, corresponsabilizando, e asentando un novo sistema duradeiro e eficaz de seguridade mundial, para quizáis así, mitigar e erradicar resultados perversos e criminais. Aférrense ó sofá porque comeza, agora sí, o século XXI.

jueves, 16 de octubre de 2008

Good Bye, Bush!!


No voy a negar que la imagen tiene una intencionalidad manifiesta pero no se asusten, sólo es una foto cualquiera en un momento cualquiera del reinado de Bush II.
Aquellos que hayan podido disfrutar de Good Bye Lenin sabrán que se contextualiza temporalmente en el final de los días del sistema comunista de Alemania Oriental, y también en los primeros tiempos post-Telón de Acero. Un cambio de era. La película, magnífica.
El momento álgido, donde el título cobra sentido de manera muy gráfica, es la escena en la cual un helicóptero de las nuevas autoridades, que sobrevuela la ciudad de Berlín, porta una efigie de Lenin para su transporte a un lugar desconocido; con todo lo que esa imagen posee de carga simbólica.
El día en que George W. Bush deje de ser el hombre más poderoso de la Tierra, allá por Enero, también dará comienzo una etapa diferente sea quien sea el ganador de las elecciones presidenciales (será Obama según las encuestas y la lógica histórica).
Nadie transportará su estatua a ningún sitio ni será el final del capitalismo, pero posiblemente se empiecen a asentar las bases del futuro, de un nuevo capitalismo de rostro humano, si es que este puede tenerlo...
La etapa que se cierra está marcada por un profundo sentimiento de desencantamiento antiamericano en todo el mundo. La figura de este cowboy de los tiempos modernos estará ligada para siempre a la peor cara de los EEUU de Norteamérica que fue capaz, como país democratico y avanzado, de permitir que el inquilino de la Casa Blanca fuese alguien tan temerario, unilateral, con pocas luces y de actitudes dictatoriales e intolerantes.
Quedará unido por siempre al 11 de Septiembre y al desastre de Irak, Guantánamo, las torturas, los vuelos de la CIA y todo lo que de ominoso tienen sus ocho años de mandato. Pero este señor de chulescos andares no deja unicamente, como legado, dos guerras abiertas a las cuales no se les vislumbra fin.
Su etapa en el poder representa el cénit del fracaso de las políticas neoliberales y reaganianas tanto en el plano externo como interno, lo que indefectiblemenete obligará a su país a retroceder, en cuanto a la dinámica que venía sosteniendo durante las últimas décadas (con Reagan, Bush padre, Clinton y Bush hijo).
Sus únicas actuaciones a considerar, y que podrían dar frutos positivos para los intereses occidentales en los próximos años, se encuentran precisamente en el ámbito dónde sistemáticamente parece haber llevado a cabo decisiones equivocadas: la política exterior. Resulta paradójico.
La alianza con la India (un dato geopolítico que marcará este siglo), la presión para evitar que Irán y Corea del Norte dispongan de un arsenal nuclear, o la actitud pragmática y condescendiente para con China son sus grandes bazas a la hora de escribir la Historia, a tales momentos. Aún así, tiene muchas más bazas en su contra, que le impulsarán en el hall of fame, y a tallar su cara en el Monte Rushmore de los nefastos Presidentes.
De ser Obama su sucesor, este tendrá mucho trabajo y ante las altísimas expectativas creadas, habría que tener los pies en la tierra y pensar que no todo lo que promete podrá ser realizable. Eso sí, el cambio se notará: en el plano interno supondrá una revolución en las relaciones del Gobierno Federal con el ciudadano y en la nueva economía verde que emergerá a medio plazo. El giro será socialdemócrata en lo social.
En el plano externo, siempre teniendo en cuenta las ansias expansionistas del imperio, habrá que restablecer alianzas y recuperar autoridad moral.
Europa será fácil de seducir. Caerá rendida a sus encantos, eso si, desde un nuevo tipo de relación. Sería de esperar que fuere en la línea del tú a tú, pero mantengo mis reservas, y se fundamentan en la trayectoria de los últimos años.
Si los latinoamericanos votasen, Obama arrasaría: se reformarán las intolerantes y criminalizadoras leyes de inmigración y la actitud será comprensiva con Cuba, dialogante con Venezuela y de colaboración con Brasil, como representantes de una nueva América del Sur, celosa de sus recursos y con potencialidades infinitas.
El problema más grave vendrá del Kremlin, con parada inevitable en Kiev debido a la posibilidad de que Ucrania ingrese en la OTAN.
No será fácil dar solución política y militar viable a Afganistán e Irak (con sus repercusiones en todo el tablero de Oriente Medio), y las relaciones con Israel (histórico aliado estratégico) pasarán por un momento difícil debido a la presión que se ejercerá, encaminada a desmantelar asentamientos judíos, en la búsqueda de una paz y una justicia duradera, que se reclama a gritos. Se harán esfuerzos en este sentido, pero los resultados son una incógnita que sólo el Mesías conoce.
Con Irán (y el mundo árabe en general) las cosas podrían apaciguarse si los halcones de ambos Estados Mayores lo permiten y, aún teniendo en cuenta que Obama es menos racista, menos capitalista y menos militarista que los republicanos, no deberíamos desestimar la opción bélica llegado el caso.
En los próximos años será inevitable reconocer el status mundial de China e India y su influencia. No sólo querrán tener la posibilidad de jugar fuerte y en igualdad de condiciones sino que, reclamarán poder fijar condiciones en el nuevo orden.
Posiblemente África continúe siendo la que se deje para el final, pero teniendo en cuenta que Obama tiene raíces keniatas, no es descabellado pensar que se modificará la sensibilidad respecto del continente negro. Incidir en las ventajas de la democracia (y alentarla de manera sincera y responsable) en detrimento de los gobiernos despóticos motivará a muchos jóvenes africanos a tratar de conseguirla para su país, a ser posible sin caer en un baño de sangre, como de costumbre.
Lo que se espera como cierto es que el cambio será fuerte, pero no drástico.
También que nos reiremos (de rabia, se entiende) menos, pero posiblemente, sonrriamos mejor.
Good bye, George!!!No lloraremos tu ausencia....,y esperemos que ninguna de tus hijas se presente a la presidencia....

jueves, 2 de octubre de 2008

Politización do deporte e deportivización da política








É xa unha mistura clásica e trátase dun fenómeno mediático e social complexo, habendo boa e inxente literatura sobre a materia (recuperen a Montalbán), pero resulta sempre suxerente, recurrente e polémica nas tertulias de café ou nas charlas de taberna, animándoas vivamente. Evidencia un acusado rasgo de personalidade ibérica aínda que esta transcende, como non, o espazo peninsular. Outra cousa que se globalizou.

Os medios de difusión de masas alimentan o debate de xeito hipócrita, entrando sen petar na porta, á xugular e interesadamente neste xogo, a mans cheas. Coma en case toda actividade humana de proxección social xurde por detrás unha intencionalidade perversa e non de todo diáfana, que non ilexítima, e normalmente, neste caso, ten que ver directa e proporcionalmente co número de ceros nas contas destas empresas de comunicación. Pero non só. Todo está entremisturado e ten sentido. Todo responde a uns obxectivos.

Chama poderosamente a atención o doble raseiro co que se analiza, segundo de onde proceda esa avaliación, esta dualidade e a carencia absoluta de criterio, obxectividade e fidelidade memorística. Moitas veces só se lle atribúe intencionalidade politizadora a uns, cando en realidade, o fixeron e fan todos porque, en esencia, o deporte foi sempre empregado políticamente. Como dí Bernard Crick: "Non todo é política pero todo é politizable". Ata algo tan inocente e saudable coma o deporte o foi, e de que maneira.

Facer agora un rigoroso percorrido histórico sobre a conexión entre o deporte e a política levaría moito tempo e sería tedioso. Non se fará porque teriamos que remontarnos, profundizando, nas orixes do evento político-deportivo por excelencia e a máxima expresión desta relación (sobre todo durante o século XX); o Olimpismo: a goebbeliana manipulación nazi, os boicots da Guerra Fría, as reivindicacións pro-dereitos civís dos afroamericanos, a irrupción do terrorismo palestino, a exaltación patriotica fronte á pretensión de universalidade, os recentes Xogos de Pekín coa súa imbricación sobre a política internacional, a patrimonialización gallardoniana sobre a que edificar unha alternativa post-Zapatero, etc....

¿Qué decir do fútbol?. O deporte rei. O feito social total, como algúns sociólogos apuntan. O deporte político por autonomasia. O gran negocio no que conflúen temas contemporáneos de debate: pertenza, identidade, condición social e incluso, mística relixiosa, fanatismo, etc....

Regras simples, combinación de talentos individuais con esforzo colectivo. Alegoría da condición humana. Fútbol é fútbol.

Os petrodólares de Abramovich ou do Zenit da Gazprom de Putin (¿outra vez aquí?), o franquismo e o Real Madrid, o salto a escea en Xuño de 1981 de Terra Lliure no Camp Nou, o inferno do Sadar, Jesús Gil, Marbella y tal y tal, as medias brancas de Arkonada....a lista é infinita. ¿Por qué os fanáticos se identifican indistintamente coa ultradereita ou a ultraesquerda, ou cos nacionalismos furibundos, sexan periféricos ou centralistas? O caso é que este deporte resulta moi seductor e goloso para a codicia, a manipulación, o lavado de cerebro..., tamén para canalizar frustracións. O novo opio do pobo.

1936: O exército de Franco asasina a Lluis Companys e a Josep Sunyol i Garriga. O primeiro é o President da Generalitat e o segundo, o President do FC Barcelona da época. Dúas institucións que representan a personalidade nacional e a autonomía politico-social da Catalunya republicana.

Tantos e tantos agravios..., Aznar recalificando e Florentino fichando. Zidane marca na final namentras Joan prepara o discurso do circulo virtuoso: Laporta President, Catalunya independent!!!

1980: Martin Zabaleta coloca a ikurriña no cumio do Everest porque a rojigualda que anos despois pasea Raúl, facendo verónicas na celebración dos títulos, non lle representa.

Parece que tanto uns coma outros fan política, remiten a sentimentos, xogan con eles... Tanto uns coma outros fan negocios. Tanto uns coma outros fan fútbol ou deporte en xeral. Uns propóñense facer fútbol primando a estética por diante do resultado, outros van ó práctico. Uns poñen por diante valores e priman o continente, outros vibran co contido e a conta goleadora. Chamarémoslle en adiante petrogólares. Non todo é o que parece.

Neste contexto, a aturdida e maleable masa (que somos todos nós) é un branco fácil, recibindo por todos lados señais semellantes. Identificación. Definición. Conmigo o contra mí.

Só ten que apretar o botón e pagar per view. Reunirse cos amigos e pedir Amstel, Estrella Damm ou Heineken. Temos 11 na Quiniela!!. Mercarei a revolucionaria Adidas, a super-capitalista e multinacional Nike, o Fifa 2009. Un balón para o pequeno!!. Tanto falamos da crise, da recesión, do traballo, dos fillos, coma do penalty do Domingo....

É un branco fácil porque continúa a ser tratada de maneira borreguil cando os seus representantes, insultándoo, lle falan en termos futbolísticos (se Aristóteles levantara a cabeza!!!), como si xa non deberamos saber diferenciar, só ser espectadores do circo: Que si estamos na Champions League da economía, que si Anxo Quintana era dianteiro centro e case ficha polo Elxe, que si o PP ten que gobernar as alcaldías porque é o máis votado (a goles pode, o problema é que en eleccións se contan votos, e o sistema permite facer pactos post-electorais...), que si Revilla come antxoas do Cantábrico que le ponen, vai á Moncloa en taxi e é do Racing, que si Berlusconi, non contento con selo Presidente do Goberno da República de Italia, varios periódicos, cadeas de televisión, etc...o é tamén do AC Milan....Totum revolutum.

Rajoy practica a bicicleta, só lee o Marca, é do Madrid, socio do Pontevedra, simpatiza co Depor, gústalle o Celta....,pero sobre todo é da Selección!!! Fidel bateaba en chándal e Bush recollía co guante. Ó final os Chinos tiveron máis medallas, e vaia ceremonia prepararon!!!Ó Fürher saíralle moi mal a xogada...tódalas medallas as gañaran os negros. A ceremonia tamén fora impresionante!!!O continente era belo, pero o contido....

Soa todo tan tan vello...(si si, con uve)...por eso que...que non te pillen en fora de xogo!!!