Thursday, April 30, 2009

25-A, sempre!

Tódolos anos lembramos e honramos esta data. É un recordo que, automáticamente, reproduce unha melodía e unha letra universais. Acompaña pois, unha dose alta de romanticismo cando rememoramos o acontecido no veciño Portugal o 25 de Abril de 1974. Admiramos a influenza que, a modo de serena e colectiva lección de civismo na procura da Liberdade, tivo nun tardofranquismo que, por aquel entón, daba significativas mostras de ansiado e temido esgotamento. A frialdade da maquinaria represora coleteaba impulsiva pero firme, con amarga e sanguinaria crudeza, namentras o país irmán conquería a Democracia pacificamente. O povo é quem mais ordena.

Cousas da vida. Para o recente 25 o socialismo galego convocaba un Congreso Extraordinario na cidade de Pontevedra logo da derrota nas urnas, e por alí paseáronse contados claveis de dignidade que parecían invocar un imposible. Ninguén os axitaba, pois era como si a inercia da previsibilidade e da inanición política profanara o espíritu de tan memorable día. A interpretación do que a cidadanía lle dixo ó PSdeG en Marzo foi, xeralizando, e salvo a ousadía duns cantos, restrictiva, fuxitiva da realidade e, o tempo dirá, probablemente equivocada. O debate foi escaso e polo tanto, representou unha fuxida hacia adiante comprensible nun sistema deficiente coma o noso, pero pouco entendible si pretendemos elevala calidade e pulcritude democrática para acadar por fin, unha Democracia avanzada.

Cando a ditadura do voto te baixa do poder tan cedo a peor das reaccións posibles é ter pánico a reinventarse, culpabilizar do sucedido a factores alleos, ou desalentala autocrítica constructiva, pois asumes como propio o discurso monopolista e vengativo que, moitas veces, se lle imputa ó conservadurismo. Non basta cun simple cambio de dúas ou tres caras. Tampouco con cativos propósitos de enmenda. Cómpre un reaxuste de ideas e un debate participativo e aberto, ou do contrario, retardas o que inevitablemente terá que chegar. Aínda que chegará con máis forza, e pode que desborde a ineficacia daqueles temerosos que se negaron, un 25-A, a comenzalo camiño que fixe as bases dunha alternativa fiable, e de progreso, para este país.

5 comments:

Angus said...

Hola Millán, se estás interesado, entra en www.activistaspse.net e entra a ver a grupo de Galicia.
Ademais para profundizar mais no tema da entrada dirixete a:
www.youtube.com/watch?v=Zp1_xSJ4Lgg

Unha Aperta.

Paco Piniella said...

Grandola vila morena!!!!

Anonymous said...

Millán, como ti ben sabes, o establismen de calquera organización tende a perpetuarse,agás contadas excepcións, como o caso exemplar de Touriño. Despois dun certo tempo considéranse donos do partido,profesionalízanse e fan desta situación a súa maneira de vivir. Os membros destas camarillas están afectados do virus autocrático. Contra esta enfermidade compre loitar,xa que só así estaremos favorecendo un partido moito mais participativo e democrático. Ánimo e continúa nesta liña.

Alfonso said...

Nun dos artígos anteriores decíache que fora o que máis me gustara dos que tiñas publicados ata o momento (fora o de Pachi non é Patxi).
Agora dígoche o mesmo. Este artigo é o que máis me gustou de todos, así que vexo que te vas superando.

É unha crítica moi directa. E no partido que che dín, non che berran?

Millán Fernández said...

Gracias a todos.

Fon: non me berran, son insignificante. Pero non creo que o fagan, porque o que digo pénsao moita xente, estou seguro.