Thursday, November 15, 2012

"España no es Grecia"


O que veño en chamar "mantra das cacatúas" (é dicir: o sistema, o réxime e os seus altofalantes en cúpulas partidarias, mediáticas e económicas, repiten e repiten constantemente aquelo de que "España no es Grecia", e de que non hai alternativa ás políticas da Troika). A foto é de hoxe á 1:00 en Atocha, Madrid. Se non corrixen o rumbo en toda Europa, toda Europa acabará así, e o de Grecia tan só será o entremés. O ciclo vital do relato perverso da Austeridade chega ao seu fin, si ou si. Os pobos adoitan ter moita paciencia, pero toda paciencia ten un límite. Imaxes semellantes poden verse en Milán, Pisa, Tesalónica, Atenas, Barcelona...E seguirán a falar de déficit, de "rescates", de primas ou nesa xerga tecnocrática de Bruselas que ata ao mais avezado experto económico lle costa entender.

No comments: